José Manuel Silva, director xeral de Agricultura da UE, nomeado Honoris Causa no acto de San Tomé
81 novos licenciados, graduados e doutorados recolleron os seus premios extraordinarios
Cun minuto de silencio e a magoa debuxada na faciana dos presentes pola traxedia ocorrida na praia coruñesa de Orzán arrincaba este ano o acto de celebración de San Tomé de Aquino. Por primeira vez, a Universidade de Vigo celebrou o seu patrón no campus de Pontevedra, cun marcado acento europeísta e centrado nos axustes que sofre a I+D nun momento de crise económica como o actual. Un contexto no que os 81 novos Premios Extraordinarios de Fin de Carreira, de Grao e de Doutoramento compartiron protagonismo con José Manuel Silva, director xeral de Agricultura da Unión Europea con máis de 25 anos de traballo a prol do impulso da transferencia do coñecemento e da potenciación das relacións entre universidade e empresa e dun apoio decidido á investigación e o desenvolvemento empresarial nas pemes europeas.