DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Hemeroteca

Venres, 24 de febreiro do 2017

Oito proxectos emprendedores que reivindican a súa viabilidade


Image Da ducia de proxectos que o ano pasado foron seleccionados na 5ª edición dos premios Incuvi-Emprende, oito foron quen de chegar ao final dun proceso que ten como obxectivo converter iniciativas emprendedoras impulsadas polo alumnado da Universidade de Vigo en realidades empresariais. Mesmo os oito proxectos, que nas últimas horas presentaban as conclusións do ano de incubación desenvolvido no espazos habilitados nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra aos patrocinadores e colaboradores da iniciativa, experimentaron non poucos cambios nos seus obxectivos, modelos de negocio ou na conformación dos equipos. No que si coinciden todas e todos os estudantes e egresados participantes é na valoración da súa experiencia que unanimemente cualifican como “positiva ou moi positiva”.
Venres, 24 de febreiro do 2017

Para atraer á audiencia, os debates televisivos deben xerar un segundo debate na rede


ImageA inclusión nos programas de debate de métodos de participación a través das redes sociais fai posible unha interacción cos espectadores e espectadoras que axuda a captar e atraer a atención da audiencia. Esta é unha das principais conclusións que a investigadora Alba López extrae da tese de doutoramento, centrada en analizar a participación cidadá neste tipo de programas, poñendo o foco no caso concreto do recentemente cancelado programa Vía V, de V Televisión. “O debate televisivo é o formato perfecto para converter a participación cidadá nun elemento de captación e fidelización da audiencia”, sostén López Bolás.
Venres, 24 de febreiro do 2017

As seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Francia enfrontaranse nas instalacións do campus


ImageO sábado 18 de marzo, o campo de rugby do campus de Ourense acollerá un enfrontamento entre as seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Francia. Será un amigable no que participarán tanto as categorías masculina como feminina. A acollida desta cita, destacan desde o Auriense FG, o equipo creado no campus de Ourense pola Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, supón un empuxe á aposta que se está facendo nos últimos anos na cidade de Ourense por este deporte. A súa celebración, indican, contribuirá á difusión deste deporte e permitirá aos xogadores e xogadoras da selección galega medirse cos dunha selección como a de Francia.
Venres, 24 de febreiro do 2017

Premio a 25 egresadas e egresados “excelentes”


ImageUn total de 25 tituladas e titulados da Universidade de Vigo recibiron este venres en Santiago de Compostela os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, un recoñecemento ao seu traballo e a todo o esforzo realizado ao longo da súa etapa universitaria. A eles sumáronse outros 26 titulados da Universidade de Santiago de Compostela e 15 da Universidade da Coruña. Os premiados, 30 mulleres e 36 homes con expedientes académicos brillantes, recibiron unha dotación económica dun máximo de 2500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Venres, 24 de febreiro do 2017

Reivindicando a Rosalía de Castro, reivindicando a cultura galega


ImageDesde o ano 2011, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra cada 24 de febreiro, coa implicación de todo tipo de entidades, o Día de Rosalía de Castro, co obxectivo de transmitirlle á sociedade a importancia da figura desta escritora no ámbito sociocultural galego. Uníndose a esta iniciativa, o campus de Ourense, ao igual que o fixeron ao longo da semana os campus de Vigo e Pontevedra, desenvolveu un amplo abano de actividades que tiveron como obxectivo reivindicar a vixencia de Rosalía de Castro e da cultura galega. “Rosalía conseguiu unirnos como pobo, que nos identificásemos coa súa obra, e hoxe en día son moitas as voces que seguen xuntándose ao seu redor”, subliñou Isabel Mociño, docente da Facultade de Ciencias da Educación promotora desta homenaxe.

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós