DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Martes, 24 de maio do 2016

Celebrarase do 30 de maio ao 3 de xuño organizada polas universidades de Vigo, Porto e UTAD

A Feira Internacional Virtual de Emprego FINDE.U contará con máis de 90 expositores

Participan 63 empresas, 17 puntos de información e 11 redes Eures e toda Europa


ImageEmpresas como Continental, AT&T, Calzedonia, Benteler, Abanca, Indra, Levantina, Gestamp, Indra, Manpower, Parfois, Qreer, Starwood Hotels & Resorts, Technogarden ou Deerpark House xa teñen confirmada a súa presenza na FINDE.U, Feira Internacional Virtual de Emprego. A cita, organizada pola Universidade de Vigo, a de Porto e a de Tras Os Montes e Alto Douro terá lugar do 30 de maio ao 3 de xuño nun formato dixital aberto a 61.000 estudantes das tres institucións académicas e máis de 100.000 titulados. A unha semana de inaugurarse xa hai máis de 90 organizacións inscritas.
Martes, 24 de maio do 2016

Impulsado por Industrias Ferri, o Grupo de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados e o CIMNE

O proxecto Ulises desenvolve unha tecnoloxía punteira para crear barcos autónomos robotizados

Permitiría ás embarcacións navegar sen tripulación e está especialmente pensado para labores de vixilancia


ImageA finais deste verán a costa galega será o campo de probas para o prototipo dun barco autónomo robotizado pioneiro no mundo. Detrás deste proxecto, coñecido como Ulises, está Industrias Ferri como promotor principal, xunto coa Universidade de Vigo e o CIMNE, Centro Internacional de Métodos Numéricos en Ingeniería. Trátase dunha iniciativa conxunta que permitiu desenvolver a tecnoloxía necesaria para converter calquera embarcación nun barco autónomo robotizado, que pode navegar sen necesidade de tripulación. Cun orzamento global de 1.581.000 euros, o proxecto arrancou en 2014 e rematarase en 2017 e forma parte do Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación Orientada a los Retos de la Sociedad. Co prototipo xa a punto, agora resta integrar nel toda a tecnoloxía para que nos vindeiros meses se faga a a botadura inaugural e, de aí en diante, facer as probas precisas para corrixir e mellorar os sistemas.
Luns, 23 de maio do 2016

As máis de 20 universidades españolas e portuguesas que a integran reuníronse en Beira Interior

Os membros da Crusoe reafírmase na súa vontade de contribuír a desenvolver as súas rexións

“Co talento das universidades traballaremos para resolver problemas comúns”, dixo Salustiano Mato


Image Continuar a afondar na cooperación e no desenvolvemento de proxectos comúns que contribúan ao crecemento das rexións nas que se insiren, foron os compromisos adquiridos polos integrantes da Conferencia de Reitores do Sudoeste de Europa, Crusoe, reunidos na Universidade de Beira Interior, en Covilhã. No VI plenario da Crusoe os e as responsables das máis de 20 institucións académicas españolas e portuguesas que a integran, confirmaron a ampliación da rede de intercambio de docentes, alumnado e persoal investigador e a intención de colaborar cos gobernos rexionais no aproveitamento de fondos comunitarios.
Luns, 23 de maio do 2016

Como proba final da materia Retórica do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

A oratoria regresa ás aulas para decidir que obras clásicas deberían a viaxar a Marte

Os estudantes debían persuadir a un xurado sobre o texto greco-latino máis adecuado para unha viaxe fundacional


ImageContexto imaxinario: os seres humanos preparan unha viaxe a Marte para fundar a primeira colonia no planeta vermello e os membros da expedición só poden levar consigo unha obra clásica da literatura greco-latina. Contexto real: luns pola mañá, Certamen Oratorium, os alumnos da materia Retórica do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios deben argumentar e convencer a un xurado de que obra que cada un deles defende é a máis acaída para esta expedición espacial. Conclusión: da súa capacidade oratoria e persuasiva depende boa parte da nota desta materia.
Luns, 23 de maio do 2016

Rayco González considera estas ferramentas “pezas clave” para ofrecer servizos de calidade

A primeira tese española sobre interpretación de Lingua de Signos confirma a importancia do ensino e aprendizaxe de estratexias

O investigador urxe o traslado da formación dos e das intérpretes ao ámbito universitario


Image Evitar ou solucionar os problemas aos que un ou unha intérprete de lingua de signos se pode enfrontar no seu labor diario. Este é o obxectivo do uso de estratexias como a reconstrución con axuda do contexto, a reparación externa, a naturalización instantánea ou a anticipación, un aspecto central nesta actividade profesional e no seu ensino, que o doutor pola Universidade de Vigo Rayco González aborda na súa tese, La estrategia siempre a mano: propuestas didácticas para la interpretación en lengua de signos, a primeira presentada en España sobre interpretación de Lingua de Signos Española (LSE). Un dos motivos polo que nos propuxemos realizar este traballo de investigación é o inminente traslado da formación de intérpretes de LS á esfera universitaria, o que xustifica a importancia de converter esta actividade e a súa didáctica en obxecto de estudo e reflexión académica”, explica o doutor, intérprete e formador de intérpretes de lingua de signos.
Venres, 20 de maio do 2016

Investigadores da EE Industrial inician un proxecto para aumentar a competitividade empresarial

Na procura de novos métodos para que as empresas melloren a xestión do transporte por estrada

Enviaron un cuestionario a 1200 empresas de distintos ámbitos para ir recollendo información


ImageAxudarlle ás empresas a mellorar os procesos de transporte por estrada. Este é o obxectivo dun dos novos proxectos de Gio (Grupo de Ingeniería de Organización) da Escola de Enxeñería Industrial. Como primeiro paso os investigadores responsables, J. Carlos Prado e Pablo Domínguez, enviaron un cuestionario a 1200 empresas de diferentes sectores e o seguinte será analizar todas as respostas recibidas para, xa dun xeito máis enfocado, iniciar o traballo coas principais asociacións empresariais sectoriais. “Buscamos empresas cun volume de envíos de certo tamaño, independentemente de si dispoñen de flota propia ou teñen subcontratado o transporte”, subliña Pablo Domínguez.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 5276

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós