DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Martes, 17 de xaneiro do 2017

A oferta comprende tres cursos presenciais e cinco en liña e o prazo de matrícula ábrese o 1 de febreiro

A ANL estrea para o segundo cuadrimestre un curso de actualización e outro de mellora da redacción en galego


A programación docente da Área de Normalización Lingüística da Universidade para o segundo cuadrimestre chega con dúas novidades no catálogo de cursos. Dentro da súa aposta pola formación en liña, a máis demanda pola comunidade universitaria, póñense en marcha dous obradoiros novos, por unha banda, Galego: actualízate e, por outra, Redacta con claridade e mellora a túa redacción. Para todos eles, o prazo de matrícula ábrese do 1 ao 17 de febreiro a través da plataforma Bubela.
Xoves, 12 de xaneiro do 2017

A contabilidade de xestión será o tema de traballo dos 80 expertos e expertas participantes

Persoal docente e investigador de oito países darase cita no Memorial Raymond Konopka

Será os días 19 e 20 de xaneiro na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo


ImageOs días 19 e 20 de xaneiro a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá a celebración do XXII Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka. A cita, organizada nesta edición polo Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, reunirá a persoal docente e investigador do eido da contabilidade de xestión de oito países para expor os seus últimos traballos e fomentar así o debate e o intercambio de coñecementos neste eido e o avance do seu desenvolvemento.
Xoves, 12 de xaneiro do 2017

Organizado polo Siope, o prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 22 de xaneiro

Un obradoiro amosará aos orientadores dos institutos as novidades sobre o acceso á universidade


ImageO vindeiro curso 2017-2018 traerá consigo cambios nos procesos de acceso aos estudos universitarios. Para os futuros universitarios e universitarias, contar con información e asesoramento de cara a este proceso é crucial e, para iso, é preciso que persoal orientador, os docentes e os membros dos órganos de dirección de centros de ensino secundario e FP estean ao día da realidade da educación superior. Con este obxectivo, a Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudantado (Siope) pon en marcha un obradoiro de formación que está aberto, ademais de aos orientadores dos institutos, a calquera persoa interesada en coñecer as novidades sobre o acceso, a orientación, etc.
Luns, 09 de xaneiro do 2017

No marco das actividades da Cátedra Internacional de RSC

As universidades da Eurorrexión lanzan un curso sobre rendabilidade empresarial da responsabilidade social corporativa e empresarial

O curso, de carácter semipresencial, constará dun total de 600 horas e terá un límite de 25 prazas


ImageUn curso internacional de especialista en Rendibilidade empresarial da responsabilidade social corporativa e empresarial (RSC/E), esta é a proposta da Cátedra Internacional de RSC/E da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a Fundación CEER e as universidades do Minho, Porto, Santiago de Compostela, Tras-os-Montes e Alto Douro e Vigo para o 2017. O curso arrancará en febreiro e estenderase ata o vindeiro mes de xullo e nel participarán especialistas destas materias das cinco universidades participantes, así como directivos de grandes multinacionais e da principais entidades do sector bancario.
Luns, 19 de decembro do 2016

Incorpóranse cursos de inglés específicos para profesorado de secundaria

Sete idiomas e moita cultura xaponesa na nova oferta de cursos do Centro de Linguas

A matrícula está aberta ata o 22 de xaneiro a calquera persoa maior de 16 anos


Image Atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade e da súa contorna, o Centro de Linguas xa ten dispoñible a súa oferta formativa do segundo cuadrimestre para os tres campus. Nesta ocasión ofrece sete idiomas: alemán, español para estranxeiros, francés, inglés, persa, portugués e xaponés, ademais de cursos de preparación de exames de Cambridge, DELE e TOEFL. Segundo a xefa de estudos do centro, Mercedes Álvarez, unha das principais novidades é o curso de lingua e cultura xaponesa que, a diferenza doutros anos, a idea é que as persoas que asistan teñan a oportunidade de familiarizarse coa lingua a través da súa cultura.
Xoves, 15 de decembro do 2016

16 alumnas de Esdemga amosan os seus primeiros achegamentos ao deseño de moda

Cando o tecido cru cobra forma e volume para se converter en prenda

A mostra 'Tecido cru II' poderá visitarse na Casa Galega da Cultura ata o 29 de xaneiro


Image Pezas que combinan o capitoné coa cestería ou que traballan na procura da volumetría dos tibores orientais. Estilismos que acadan a través do drapeado do tecido, volumes extraordinarios e outras feitas a partir de roupa interior, como unha redifinición dun novo humano, un non xénero. Así, ata unha trintena de pezas diferentes, pero co denominador común de estar elaboradas con tecidos crus, sen cores, sen estampados, ou con moi lixeiras concesións.“Hai moitas pezas que chaman a atención por moitos motivos. Das máis planas ás máis volumétricas, son sempre interesantes de ver”, asegura Lola Dopico, directora e Esdemga e xunto á tamén docente de investigadora do grupo DX7 da Universidade de Vigo, Cristina Varela, comisaria da exposición Tecido cru II, inaugurada hoxe na Casa Galega da Cultura.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 2607

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós