DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Mércores, 27 de xullo do 2016

Comezou en Catoira un curso que aborda o trastorno desde os ámbitos social e educativo

Formación para minimizar os problemas derivados do TDAH

Organizado pola Universidade de Vigo e o concello, está dirixido por Manuel Isorna



Image Preto de 40 persoas participan desde hoxe a ata o vindeiro venres no salón de actos do Concello de Catoira no curso de extensión universitaria Abordaxe do trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) dende os ámbitos educativo e social. Dirixido polo docente e investigador da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Manuel Isorna, o curso, que conta coa participación de profesionais especializados no tratamento do TDAH, céntrase na análise en profundidade dos problemas de atención, organización, planificación e funcións executivas que presentan tanto os nenos e nenas como os adultos e adultas con TDAH, así como os problemas pedagóxicos máis comúns nos pequenos co trastorno.
Xoves, 14 de xullo do 2016

Catro parellas de docentes e estudantes de Belas Artes expoñen na mostra inaugurada este xoves

Chegou a novena edición de 'Afinidades Selectivas' para amosar a cara máis didáctica da arte

A exposición poderá visitarse ata o 4 de setembro na Casa Galega da Cultura en Vigo


Image Begoña Paz e Diego Germade; Cristina Varela e Olalla Osorio, Nono Bandeira e Marcos Covelo e Anne Heyvaert e Clara Sobrino. Estas catro parellas de artistas, formadas por docentes e estudantes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, crearon para a novena edición de Afinidades Selectivas, que esta tarde se inaugurou na Casa Galega da Cultura, obras que sutilmente deixan ver parte do que agochan, de xeito que, ben a través dos procesos de traballo, dos materiais ou dos soportes usados, o público pode ver máis aló dun resultado final. Aproximacións didácticas e propostas gráficas no proceso creativo é o título da mostra que pon ao a á visitante sobre a pista do que vai atopar na exposición que se poderá visitar ata o vindeiro 4 de setembro.
Luns, 11 de xullo do 2016

O campus acolle esta semana un curso sobre coñecementos no eido da gastronomía

Ciencia que se cociña entre fogóns

Coa participación de docentes universitarios e chefs


ImageCociñar ten moito de arte pero tamén moito de ciencia. As técnicas, os procesos, os ingredientes, os tempos, as reaccións químicas... todo o que acontece nos fogóns explícase a través do coñecemento científico. Desde este luns e ata o venres arredor de 25 persoas afondarán da man de docentes universitarios e de cociñeiros no que a ciencia e a tecnoloxía achegan á cociña. As sesións comezaron este luns abordando características de produtos básicos da alimentación, como poden ser o ovo ou os legumes, e de como sacarlle máis partido cociñándoos con intelixencia.
Venres, 08 de xullo do 2016

Sexta edición do curso de verán que se celebra en Villafranca esta fin de semana

Unha fiestra aberta ao patrimonio natural e cultural do Bierzo

Os reitores de Vigo e León inauguraron este venres o evento, que ten todas as prazas cubertas


Ano tras ano, dende que botou andar en 2011, o curso de Extensión Universitaria sobre o Patrimonio natural e cultural do Bierzo foise consolidando na programación de actividades de verán organizas pola Universidade de Vigo, nesta ocasión en colaboración coa Universidade de León. Este venres botou a andar en Villafranca do Bierzo a sexta edición con todas as prazas cubertas e cunha temática centrada no binomio coñecemento e sociedade. Os reitores de Vigo, Salustiano Mato e de León, Juan Francisco García Marín, foron os encargados de inaugurar o curso xunto co alcalde da localidade, José Manuel Pereira.
Venres, 08 de xullo do 2016

A actividade pechouse coa estrea dunha miniserie cómica feita por alumnado da Universidade

Un sorriso e moito talento para despedir o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova

Durante catro días abordouse o papel da muller neste sector


ImageDespois dunha semana de intensa programación, este venres o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac), que nesta ocasión levou por título Audiovisual galego en feminino. Singularidade e diversidade, pechouse coa entrega de diplomas aos asistentes e sobre todo coa proxección do produto audiovisual que en cada edición realizan estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. Nesta ocasión, e baixo o título Prevenidos, a webserie de catro capítulos presentada aposta por sacar un sorriso ao espectador apostando polo formato da comedia.
Mércores, 06 de xullo do 2016

O festival celebra a súa sexta edición do 7 ao 9 de xullo

Tres días de Corpo(a)Terra e de danza en espazos senlleiros da cidade

Coa participación de compañías procedentes de cinco países


ImageO Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense, chamado Corpo(a)Terra, presentou este mércores a programación da súa sexta edición, que se desenvolverá do 7 ao 9 de xullo coa participación de compañías procedentes de Costa Rica, Países Baixos, Alemaña e Portugal, ademais de Galicia e doutros puntos de España. Durante os días de celebración, algúns dos espazos máis senlleiros da cidade, coma a Praza de Santa Eufemia, o Claustro de San Francsico, As Burgas ou a Praza de San Martiño, acollerán dez espectáculos a cargo de artistas galegas e internacionais de primeiro nivel.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 1790

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós