DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Venres, 24 de febreiro do 2017

O partido será o sábado 18 de marzo

As seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Francia enfrontaranse nas instalacións do campus

Xogarán un amigable as categorías tanto masculina como feminina


ImageO sábado 18 de marzo, o campo de rugby do campus de Ourense acollerá un enfrontamento entre as seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Francia. Será un amigable no que participarán tanto as categorías masculina como feminina. A acollida desta cita, destacan desde o Auriense FG, o equipo creado no campus de Ourense pola Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, supón un empuxe á aposta que se está facendo nos últimos anos na cidade de Ourense por este deporte. A súa celebración, indican, contribuirá á difusión deste deporte e permitirá aos xogadores e xogadoras da selección galega medirse cos dunha selección como a de Francia.
Venres, 24 de febreiro do 2017

Máis de 500 deportistas representaron ás tres universidades no torneo de deportes colectivos en Pontevedra

Vigo triunfa no Campionato Galego Universitario

Os seus equipos lograron vencer en sete das doce categorías da competición


ImageSete triunfos de doce posibles. Deste xeito a Universidade de Vigo proclamouse vencedora absoluta do XX Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, que reuniu en Pontevedra a preto de 570 deportistas e adestradores, en representación das tres universidades galegas. Vigo logrou o triunfo en baloncesto feminino e masculino, balonmán masculino, fútbol sala feminino e masculino, fútbol e fútbol 7. A Universidade da Coruña, pola súa banda, alzouse co triunfo en rugby 7 masculino e feminino e en voleibol feminino, mentres que a USC logrou a vitoria en balonmán feminino e voleibol masculino.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

A carreira terá unha modalidade xeral de 10 km e outra de iniciación de 6,6 km

O campus volverá ser unha festa do deporte coa celebración o 23 de abril da carreira HappyGoRunning

Paralelamente celebrarase a tradicional andaina para os que prefiran o sendeirismo


ImageO deporte vigués volve ter unha cita sinalada no almanaque universitario. O vindeiro 23 de abril o campus de Vigo volverá acoller un ano máis a festa do deporte coa celebración da carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria, unha proba que forma parte do Circuíto de Carreiras Populares RunRunVigo. A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade continúa así apostando por esta cita que cumpre xa 11 edicións. Para esta ocasión repetirase o esquema do pasado ano, con dúas distancias na carreira e unha modalidade de andaina.
Luns, 20 de febreiro do 2017

O resultado sitúao no cuarto posto da División de Honra B estatal

O Campus Universitario Ourense Coosur gaña ao Universitario de Bilbao

O primeiro equipo de xadrez convértese en líder de grupo


ImageEsta fin de semana o Campus Universitario Ourense Coosur sumou unha nova vitoria na xornada 18 da División de Honra B do rugby estatal. O equipo gañou por 20 a 32 ao Universitario de Bilbao, polo que se consolida no quinto posto da táboa e se aproxima moito ao cuarto clasificado. O marcador acadado, destacan desde o club, supón “unha nova e importante vitoria a domicilio". Alén da vitoria do equipo de baloncesto feminino contra Mesón A Vila, nesta última xornada de competición tamén destaca a vitoria do primeiro equipo de xadrez, que se situou líder do seu grupo na primeira división da liga galega por equipos.
Luns, 20 de febreiro do 2017

O vigueses impuxéronse na casa ao Bera Bera por 15 a 13

Kaleido Universidade de Vigo RC vence ao segundo clasificado e suma a segunda vitoria consecutiva

O equipo de xadrez tamén conseguiu imporse ao Círculo Chantadino, un dos aspirantes á coroa do xadrez galego


ImageTras a xornada de descanso da pasada fin de semana, o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club volveu este sábado á senda da vitoria e fíxoo pola porta grande, impoñéndose ao segundo clasificado, o Bera Bera por 15-13. Os universitarios, que xogaban na casa, afrontaban o partido coas baixas de Carlos De Cabo por lesión e Álvaro Caride por motivos persoais, ademais da xa coñecida de Maka Tatafu, pero cargados de ilusión e optimismo. Ao igual ca no rugby, esta última xornada tamén deixou excelentes resultados para o Universidade de Vigo de Xadrez, que se afianza como líder da clasificación.
Mércores, 15 de febreiro do 2017

Arredor de 80 persoas participarán o día 18 neste percorrido pola "raia seca" entre Ourense e Portugal

A Ruta do Contrabando, o próximo reto das andainas universitarias

O traxecto incluirá unha visita á fervenza do Pontón


ImageUnha ruta de contrastes e historia, na que se combina paisaxes de montaña e de fondo de val, distancias sen xente e vilas cheas de vida. Deste xeito preséntase a andaina que este sábado, día 18 de febreiro, organizará a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo no marco da súa programación de rutas culturais. Cun inicio de montaña na Serra das Penas Libres no que se chegará aos 600 metros, o percorrido incluirá na súa fase final a visita á fervenza do Pontón. Arredor de 80 persoas procedentes dos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense participarán nesta cita.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 1335

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós