DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Luns, 07 de febreiro do 2011

O prazo de matrícula dos talleres está aberto ata o 18 de febreiro nos tres campus

Entre clases e laboratorios, obradoiros

40 cursos conforman unha oferta de lecer que vai dende a cultura ata as novas tecnoloxías


ImageTocar a guitarra, aprender danzas orientais ou ata arranxar o coche son só algunhas das cousas que se poden aprender nos obradoiros que organiza a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e que teñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 18 de febreiro. Os tres campus ofrecen unha ampla e variada oferta de actividades complementarias e de lecer que suman un total de 40 obradoiros que percorren todas as ramas, dende a arte e a cultura ata as novas tecnoloxías, a música, o cine, o audiovisual ou o voluntariado. Múltiples actividades que permitirán comezar o segundo cuadrimestre compatibilizando a docencia co ocio pero sen deixar de ampliar coñecementos enriquecedores no seo da Universidade.
Estes talleres están abertos a toda a cidadanía, tanto á comunidade universitaria como ao público xeral, achegando o coñecemento universitario á sociedade.
Luns, 04 de outubro do 2010

A matrícula para os tres campus está aberta dende hoxe luns ata o día 15 de outubro

41 actividades compoñen a oferta de lecer dos obradoiros culturais

Música, teatro, arte, danza, voluntariado, informática, audiovisual ou maxia vertebran o programa


ImageA elección é ampla e variada para todos aqueles que busquen actividades complementarias e de lecer para o primeiro cuadrimestre. O prazo de matrícula ábrese hoxe luns para máis de 40 obradoiros que se desenvolverán nos tres campus da Universidade cunha oferta que contempla a posibilidade de formarse, tanto para a comunidade universitaria como para persoas alleas á Universidade, en campos como a música, danza, arte, cultura, voluntariado, medios audiovisuais, teatro ou informática.
As novidades neste comezo do curso 2010-2011 pasan por danza e poesía en Ourense, danza vivencial, iniciación á estética do cinema e ortofonía en Pontevedra e maxia e edición de vídeo doméstico no campus de Vigo.
Martes, 03 de novembro do 2009

O Premio Luísa Villalta galardoará a mellor campaña normalizadora e idea para a promoción do galego

As mellores iniciativas normalizadoras da comunidade universitaria teñen premio

As propostas poderán presentarse ata o 20 de novembro


O deseño dunha campaña normalizadora e dunha idea para a promoción do galego, son as dúas modalidades que premiará o galardón Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras. O premio promovido polos servizos e áreas de normalización lingüística das universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, alcanza a súa sexta edición co obxectivo de desenvolver iniciativas innovadoras relacionadas coa planificación e a normalización lingüística creadas por persoas e/ou grupos que pertencen ao ámbito universitario.
Luns, 05 de outubro do 2009

As actividades validaranse tanto por créditos de libre elección como por ECTS

Os obradoiros de Extensión Cultural tamén se adaptan a Boloña

Dos 35 que se impartirán no primeiro cuadrimestre, 16 serán en Ourense, 8 en Pontevedra e 11 en Vigo


ImageMáis aló da formación regrada, o paraugas do Espazo Europeo de Educación Superior abranguerá tamén, a partir deste curso, actividades culturais como os obradoiros de Extensión Cultural. Deste xeito, a participación neste tipo de actividades validarase non só con créditos de libre elección senón que, para os estudantes que xa cursen graos, permitirá obter créditos ECTS. Para isto, todas as actividades terán un mínimo de 30 horas de duración, “o mínimo esixido para acadar un crédito ECTS”, explica a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª Carmen Cabeza. Para este primeiro cuadrimestre, entre os tres campus da Universidade ofértase un programa que comprende 35 obradoiros, dos que 16 se impartirán en Ourense, 8 en Pontevedra e 11 e Vigo. Para Cabeza, "constitúe unha oferta complementaria para o currículo, para que o estudantado poida aproveitar o paso pola Universidade para ter outro tipo de formación, como a artística ou o voluntariado”.
Venres, 29 de maio do 2009

Nun encontro da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial

A UNESCO pon ao Proxecto Ronsel como exemplo a seguir na preservación do patrimonio cultural inmaterial para varios países mediterráneos

Exipto, Libia, Xordania e Siria coñeceron en París o proxecto galego


Image Exipto, Xordania, Libia e Siria, poderían tomar como referencia para a salvagarda do seu patrimonio cultural inmaterial ao Proxecto Ronsel, unha iniciativa que desde hai dous anos traballa na investigación, promoción, protección e difusión do patrimonio cultural inmaterial galego. O Proxecto Ronsel, froito da colaboración entre a Xunta e as tres universidades galegas e coordinado pola Universidade de Vigo, foi unha das catro iniciativas que a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, elixiu para que aos países que están integrados no proxecto MedLiher: Exipto, Xordania, Libia e Siria, coñezan accións que lles poidan servir de guía na preservación do seu patrimonio inmaterial.
Venres, 03 de abril do 2009

Unha monografía de instrumentos musicais e unha plataforma global de difusión, accións a desenvolver

O Proxecto Ronsel diversifica e incrementa as súas accións a prol da salvagarda do patrimonio inmaterial galego

A Xunta ven de achegar case 200.000 euros para a terceira anualidade do proxecto


Image As tradicións, as expresión orais, os usos sociais ou as técnicas artesanais, forman parte dese gran legado que transmitido de xeración en xeración constitúe o patrimonio cultural inmaterial. No caso de Galicia, oficios como o de poteiro ou pescador de anguías; xogos como a billarda, ou a porca; traballos como a malla ou a sega e expresións artísticas como a xota, a muiñeira ou os cantos de casamento ou de morte, son parte dun patrimonio cultural inmaterial construído coas achegas de comunidades, grupos ou individuos.
Evitar a perda deste patrimonio a través da súa documentación, promoción e difusión, son os obxectivos do Proxecto Ronsel que traballa este ano 2009 nun amplo programa de accións que contan cun respaldo económico de case 200.000 euros, froito das achegas da Consellería de Cultura e de Agader.
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 12

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós