DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Luns, 13 de febreiro do 2017

Convócase un concurso de creacións audiovisuais arredor da obra da escritora galega

'RosalíaTe' facendo videopoemas de 20 segundos

Co gallo da celebración o 24 de febreiro do seu día


ImageO 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e sumándose a esta conmemoración a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o campus de Ourense veñen de convocar o Concurso de Videopoemas RosalíaTe. Nel convídase aos membros da comunidade universitaria a presentar nunha videogravación feita co teléfono móbil na que se recite un pequeno fragmento ou estrofa dalgún poema da escritora galega. O obxectivo da iniciativa, explican os organizadores, é transmitirlle á sociedade a importancia da figura de Rosalía de Castro no ámbito sociocultural galego.
Mércores, 01 de febreiro do 2017

A Sala Alterarte acolle unha mostra do creador José Andrés Santiago e a curadora Ana Soler

Once mapas dun mundo sen centro

O artista propón unha reflexión sobre a categorización e a visión da realidade


ImageDDesde este mércores e ata o día 7 de abril, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra A medida do mundo, do creador José Andrés Santiago e a curadora Ana Soler. A través dunha instalación mural de mapamundis nos que o planeta se representa desde diferentes perspectivas e dun vídeo ao son do latexo dun corazón, o artista propón aos espectadores saír da súa visión tradicional do planeta con Europa como centro e “pór os pés fóra para ver o mundo doutro xeito, ver outras realidades”. A mostra forma parte do proxecto expositivo Estado Crítico 3.
Mércores, 01 de febreiro do 2017

A Biblioteca Rosalía de Castro dedica un novo recuncho temático a este xénero

Contos para ver, ler e engancharse á lectura

Os usuarios do centro poden levar prestados os materiais expostos


ImageA Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense vén de abrir ao público un novo recuncho temático, que nesta ocasión leva por título Contos para ler e ver. Os usuarios do centro teñen á súa disposición na entrada do centro un espazo no que se amosa unha selección de fondos dedicados a este xénero. “Por que o conto? Pola súa estrutura parécenos moi adecuado para fomentar o gusto pola lectura: a brevidade, un só fío argumental, poucas personaxes, etc. poden ser razóns para achegar a literatura a aquelas persoas que teñen ou pouco tempo ou pouca afección a sentarse a ler”, comentan desde a organización dos recunchos, unha iniciativa do persoal técnico da biblioteca.
Martes, 24 de xaneiro do 2017

Elisa Vázquez de Gey falou nos XXVI Encontros Literarios da súa última novela

'Unha casa en Amargura' pola que asomarse á Cuba colonial

A escritora inaugurou este martes unha edición na que tamén participarán Pedro Feijoo e Manuel Núñez Singala


ImageOs XXVI Encontros Literarios arrancaron este martes no salón nobre do Liceo de Ourense cunha conferencia da escritora Elisa Vázquez de Gey sobre a súa última novela, Una casa en Amargura, ambientada na Cuba colonial do século XIX e publicada a finais de 2015. Coa súa intervención abriuse unha nova edición desta iniciativa organizada pola Sección de Literatura do Liceo e a Vicerreitoría co Campus de Ourense coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Fundación Carlos Casares.
Martes, 24 de xaneiro do 2017

Entre as novidades que se ofertan están cursos de programación e de deportes electrónicos

Con oco na axenda para facer un obradoiro este cuadrimestre?

Cada proposta ten unha duración de 30 horas e un custe de 26 ou 40 euros, segundo o tipo de público


ImageCociña saudable, interpretación do patrimonio, comunicación con perspectiva de xénero, deportes electrónicos, programación, observación astronómica, gaita, baile tradicional, teatro e danza. Estes son, en liñas xerais, as temáticas dos obradoiros e aulas que este cuadrimestre se ofertarán no campus de Ourense e aos que se poden apuntar tanto membros da comunidade universitarias como cidadáns alleos a ela interesados. O prazo de matrícula nos obradoiros, todos eles con 30 horas de duración, está aberto do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro, sendo as taxas de 40 euros para o público en xeral e 26 euros para os membros da comunidade universitaria.
Venres, 20 de xaneiro do 2017

O seu obxectivo é fomentar o uso das redes sociais en galego

Ourense acollerá catro obradoiros formativos de Youtubeir@s

Poden inscribirse persoas maiores de 14 anos


ImageA principios de decembro botou a andar a iniciativa Youtubeir@s, concurso de vídeos na rede, impulsada polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e dos concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove. No marco deste proxecto, este venres presentáronse en Ourense as actividades formativas que se levarán a cabo na cidade das Burgas co obxectivo de facilitar e fomentar a participación neste certame.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 573

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós