DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 19 de decembro do 2016

Profesorado, PDI e PAS participou nun minuto de silencio tralo asasinato de tres mulleres nos últimos días

O campus amosa a súa repulsa á violencia machista

O acto sumouse aos celebrados tamén nos campus de Vigo e Ourense en memoria de Ana María Enjamio


ImageRexeitar calquera tipo de violencia contra as mulleres e condenar os tres asasinatos que tiveron lugar en España nos últimos días, entre eles o da ex-alumna da Escola de Enxeñería Industrial Ana María Enjamio, foi o que levou este mediodía a membros do profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado a participar nun minuto de silencio ás portas da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. O campus pontevedrés sumábase así aos actos que se desenvolveron de xeito simultáneo nos campus de Vigo e Ourense e cos que a comunidade universitaria quixo tamén expresar o seu apoio á familia de Enjamio.
Martes, 13 de decembro do 2016

Trala súa aprobación no Consello Galego de Universidades

O programa de doutoramento do CREA S2i avanza cara a súa implantación o vindeiro curso

O Consello de Campus abordou os avances da especialización e do proxecto Green Campus


ImageOs avances no desenvolvemento do proxecto de especialización CREA S2i xunto coas novas actuacións que se están a desenvolver no marco do Green Campus, centraron este martes a reunión do Consello de Campus de Pontevedra. Nesta sesión, o reitor, Salustiano Mato, salientou que o pasado mes de novembro foi aprobado polo Consello Galego de Universidades o programa de doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sustentable, o que supón un paso máis cara “a súa posta en marcha como novo título para o vindeiro curso”, tras recibir previamente tanto a avaliación positiva tanto deste órgano como do Consello de Goberno da Universidade.
Venres, 09 de decembro do 2016

Coa instalación de portas automáticas nos diferentes centros e dun ascensor no Pavillón Universitario

O campus avanza na implantación do seu plan de accesibilidade

Estas medidas enmárcanse nunha das liñas de actuación do proxecto Green Campus


ImageTraballar por ser cada día un espazo máis accesible para todos e todas é un dos compromisos que o campus de Pontevedra adquiriu no proxecto Green Campus e que o levaron a dotarse dun plan de accesibilidade, no que se recollesen unha serie de recomendacións que permitisen servir como folla de ruta para futuras actuacións. Unha folla de ruta que na que continúa traballando a Vicerreitoría xunto coa Unidade Técnica da Universidade e que leva nestas últimas semanas a completar a instalación de portas automáticas nas diferentes facultades e escolas, así como a dotar ao Pavillón Universitario dun ascensor que permita o acceso ás súas gradas.
Venres, 02 de decembro do 2016

Docentes da Universidad Hermilio Valdizán mantiveron unha serie de encontros de traballo nesta facultade

Profesorado peruano achégase ao traballo en materia de calidade de Ciencias da Educación e do Deporte

Escolleron o centro do campus tras seren seleccionados nun programa promovido polo goberno de Perú


ImageContribuír á mellora dos procesos de calidade das institucións educativas peruanas é o obxectivo do programa Camino hacia la exelencia, que, no marco do proxecto Procalidad, que o goberno peruano promove con financiamento do Banco Mundial. Dirixido a aqueles centros e titulacións que xa superaron os seus procesos de acreditación, esta iniciativa financia tanto novos equipamentos como estadías que permitan ao seu persoal docente avanzar nese camiño cara excelencia. Un camiño que esta semana trasladou ao campus un grupo de docentes da Facultad de Ciencias de la Educación de la Universidad Hermilio Valdizán de Huánaco.
Venres, 25 de novembro do 2016

A facultade descubriu a placa que a recoñece como membro da Rede de Escolas Unesco

Ciencias da Educación e do Deporte sela o seu compromiso coa transformación da sociedade

A loita contra a violencia machista e o drama dos refuxiados centraron as mensaxes deste acto


ImageUn compromiso cos dereitos da infancia e cunha educación capaz de transformar a sociedade. Isto é o que desde o mediodía deste venres simboliza para a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a placa que a recoñece na súa entrada como o único centro universitario que actualmente forma parte en España dunha rede que integra a máis de 10.000 escolas de 181 países. “Isto non é un ornato, mostra un compromiso cunha educación que transforma ás persoas e o mundo”, salientou a coordinadora da Rede de Escolas PEA-Unesco en Galicia, Luísa Márquez, responsable de descubrir esta placa xunto co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, no inicio do acto no que este centro do campus pontevedrés dedicou este venres a reivindicar os dereitos da infancia.
Mércores, 16 de novembro do 2016

Representantes de Concello, Deputación e Universidade definiron o emprazamento desta instalación

O campus contará cun composteiro para dar un novo uso aos residuos orgánicos dos comedores

Emprazarase fronte á EE Forestal e o compost xerado empregarase nas zonas verdes


ImageDefinir o espazo concreto no que se instalará o composteiro co que, grazas á colaboración de Concello e de Deputación, o campus sumarase ao Plan Revitaliza da institución provincial constituía o propósito central da visita que este mediodía realizaron á Xunqueira a concelleira de Medio Ambiente, Carmen da Silva, e o asesor de residuos da Deputación, Carlos Pérez. Acompañados polo vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, e responsables da Área de Planificación, Unidade Técnica e Oficina de Medio Ambiente, este percorrido permitiu definir un espazo situado fronte ao acceso principal á EE Forestal como o idóneo para esta instalación.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 380

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós