DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Xoves, 19 de maio do 2011

XX Gala do Deporte premia á triatleta Estefanía Domínguez e o taekwondista Fernando Rascado

A Universidade recoñe o esforzo de combinar deporte e estudo con resultados 'de excelencia'

O reitor fixo un percorrido por todos os éxitos deste curso nas diferentes modalidades


ImageSe por algo se pode caracterizar á vixésima edición da Gala do Deporte foi pola fusión de humor, de espectáculo e de recoñecemento ao esforzo e á traxectoria deportiva. Independentemente de que se celebrara en territorio pontevedrés, estudantes do campus máis novo da Universidade acapararon a meirande parte dos galardóns, incluíndo os máis prestixiosos desta “gran festa”, o Premio á Excelencia Deportiva da Universidade de Vigo, que recoñece a brillante traxectoria académica e maila deportiva. Os afortunados foron a triatleta Estefanía Domínguez, estudante de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e o taekwondista Fernando Rascado, de Publicidade e RRPP. Carlos Blanco e Mariana Carballal, puxeron o toque de humor e, a emoción, o veterano Manuel Rosales, padriño da gala.
Martes, 03 de febreiro do 2009

Segundo cuadrimestre das Escolas Deportivas

Aberta a participación en máis de 50 actividades deportivas


Image Ata o 5 de febreiro no caso das renovacións e ata o 18 no das matrículas novas, estará aberto o prazo de inscrición nas actividades do segundo cuadrimestre das Escolas Deportivas.
O programa estrela do Servizo de Deportes oferta nos tres campus máis de 50 actividades co obxectivo de fomentar a práctica do exercicio físico saudable á vez que se desfruta do tempo de lecer. Ademais alumnado, PAS e PDI que son os colectivos aos que van dirixidas as actividades das Escolas Deportivas, poden acadar créditos de libre configuración, no caso do ioga, natación e tenis.
Luns, 29 de setembro do 2008

Cun programa diferenciado en cada un dos campus

Medio cento de actividades para porse en forma coas Escolas Deportivas

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 15 de outubro


ImageCon actividades adaptadas ás novas tendencias deportivas e aos gustos dos usuarios, botan a andar as Escolas Deportivas da Universidade de Vigo, un programa que cada ano reúne a centos de persoas nos tres campus para practicar exercicio físico dun xeito ameno. Nesta ocasión a oferta é máis diversa ca nunca, pois consta con preto de cincuenta deportes que van dende clásicos como o aeróbic ou a natación ata outros tan modernos e orixinais como o aerobox, body tono, capoeira, full contact ou danzas orientais. Entre as actividades con máis éxito están o ioga, o tenis e o xadrez, se ben hai outras como o spinning ou o pilates, unha mestura de traballo físico, control corporal e relaxación activa, que cada vez teñen maior acollida.
Achegando unha oferta diversificada e diferenciada a cada campus, o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo pretende facilitar a estudantes, PDI e PAS a posibilidade de practicar disciplinas deportivas ás que normalmente non teñen acceso, ademais dunha axeitada canle para adquirir hábitos saudables
Sábado, 31 de maio do 2008

“Seremos un candidato duro para 2015”, afirma Alberto Gago

Vigo presentará a súa candidatura á Universiada do 2015 despois que a FISU designase a Kazán sede da olimpíada universitaria do 2013


Image Vigo terá que agardar a 2015 para acoller a Universiada despois que a Federación Internacional de Deporte Universitario elixise á cidade rusa de Kazán para organizar a olimpíada universitaria de 2013.
Eran as 20.15 horas cando o presidente de Federación Internacional de Deporte Universitario, FISU, George Killian, daba a coñecer, nunha cerimonia celebrada en Bruxelas, o nome da cidade elixida para acoller a Universiada do 2013. Tras agradecer o esforzo das tres candidaturas que concorrían á organización da olimpíada universitaria e nas que afirmou “teño moitos amigos”, Killian abriu o sobre que contiña o nome da cidade elixida. Kazán que volvía presentar a súa candidatura ante a Federación Internacional de Deporte Universitario por segunda vez, lograba desta volta a organización da Universiada do 2013, impoñéndose ás outras dúas cidades candidatas, Vigo e a coreana de Kwang Ju.
Mércores, 09 de abril do 2008

A candidatura viguesa tentará lograr un pronunciamento de apoio UE

Positiva valoración do FISU ao dossier da candidatura viguesa para a Universiada do 2013


Image Moi sorprendidos coa proposta viguesa, afirmaron sentirse os membros da Federación Internacional de Deportes Universitaria (FISU) que hoxe recibiron na sede do organismo en Bruselas á delegación encabezada polo alcalde e tenente de alcalde do Concello de Vigo, o reitor da Universidade de Vigo e o presidente do Real Club Naútico de Vigo.
Os membros da FISU que valoraron moi positivamente o contido do dossier da candidatura presentado hai uns días, escoitaron hoxe os argumentos dos integrantes da candidatura que fixeron fincapé nos valores da cidade e na repercusión que tería para Vigo e para Galicia a celebración da Universiada no 2013.
Venres, 18 de xaneiro do 2008

Todos buscan a vitoria. Complicados rivais para os equipos da Universidade


Co desexo común de obter unha vitoria, aínda que con diferentes necesidades os equipos de rugby, baloncesto masculino de xadrez da Universidade de Vigo, afrontar as súas respectivas citas da fin de semana. Mentres o equipo de rugby visitará este sábado o campo do líder da categoría, o Liceo Francés, o Campus medirase ao Peleteiro en Santiago, nun dó de pechacancelas.
Pola súa banda o equipo de xadrez que tan brillante inicio de liga tivo a semana pasada, enfrontarase esta fin de semana ao "Kasparov A" de Pontevedra.

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós