DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Martes, 03 de novembro do 2009

Os estudantes amósanse satisfeitos coa titulación elixida e botan en falta máis aulas multimedia

Vigo marca a pauta a nivel nacional coa publicación dunha obra sobre a satisfacción do alumnado coa universidade

Dirixida por Luis Espada, presidente do Tribunal de Garantías, e editada polo Consello Social


ImageO estudante da Universidade de Vigo está satisfeito coa titulación que cursa e con ter escollido para facelo esta institución. Pola contra, bota en falla máis salas de informática de libre acceso e un maior grao de coordinación entre o profesorado das distintas materias. Así se pon de manifesto na obra Estudo do grao de satisfacción do alumnado coa universidade. Aplicación á Universidade de Vigo, un volume pioneiro na universidade española que, impulsado polo Tribunal de Garantías e editado polo Consello Social, recolle os resultados de máis de mil entrevistas persoais realizadas durante o pasado mes de maio a estudantes de 1º e 2º ciclo de centros propios da Universidade.
“Trátase dun traballo que pode servirlle á Universidade para constatar as súas fortalezas e debilidades”, explicou na presentación o presidente do Tribunal de Garantías, Luis Espada, director do volume.
Luns, 28 de xullo do 2008

Educación sexual, e-learnig e titorías, protagonistas do segundo número da Revista de Formación e Innovación Educativa

Editada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa


Image Continuando co seu labor de dar a coñecer as novidades e investigacións realizadas en relación co ensino universitario, xa está dispoñible na dirección http://webs.uvigo.es/refiedu/, unha nova edición de REFIEDU, a revista dixital editada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.
Destinada ao profesorado, REFIEDU é unha publicación trimestral que persigue “por unha banda, dar a coñecer as actividades innovadoras que están facendo outros profesores, e, por outra, axudar a súa difusión”, comenta o vicerreitor de Formación e Innovación Educativa e editor da revista, Pedro Membiela, “dous obxectivos fundamentais para contribuír á mellora educativa, á vez que complementarios.
Mércores, 21 de maio do 2008

Da man do profesor de Economía Xulio Pardellas

“Ofertas no turismo rural: Elaboración e promoción” recolle os cambios producidos no sector nos últimos 15 anos


Image Cunha nova publicación, Ofertas no turismo rural: Elaboración e promoción, o profesor de Economía Xulio Pardellas repasa como os fortes procesos de cambio que se están a producir no turismo rural nas últimas décadas fan indispensable unha adaptación das ofertas e os produtos para achegar novos atractivos e dar continuidade ao rural como alternativa turística.
O volume recompila as ponencias presentadas nun dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo que se celebrou en Pontevedra no mes de xullo.
Martes, 29 de abril do 2008

As universidades galegas publican “O Himno galego. Documentos históricos 1890-1907”

Unha publicación facsímile conmemora o centenario da 1ª interpretación do himno galego


ImageUnha reprodución facsímile do manuscrito do himno de Eduardo Pondal, a partitura da música composta por Pascual Veiga e varias cartas da correspondencia mantida entre ambos autores, conforman parte do contido de “O Himno galego. Documentos históricos 1890-1907”, o libro co que as tres universidades galegas conmemoran o centenario da primeira interpretación do himno galego.
“ A demostración física da cooperación existente na actualidade entre as tres universidades do país e que se plasma nun documento destas características, posúe un elevadísimo valor simbólico”, sinalou o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, no acto de presentación do volume celebrado na sede da Real Academia Galega.

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós