DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 21 de febreiro do 2017

A entidade, xestionada polo Grupo Gen, vén de presentar un informe sobre este tema

A rede de expertos en financiamento autonómico Rifde aposta por unha nivelación entre autonomías máis transparente

No documento recóllese a visión dun centenar de expertos


ImageA Rede de Investigadores en Financiamento Autonómico e Descentralización Financeira en España (Rifde), xestionada polo Grupo de Investigación Gen (Governance and Economics Research Network) da Universidade de Vigo, acaba de facer público o informe A nivelación interterritorial e a estimación das necesidades de gasto. Nel aposta por una nivelación máis transparente entre comunidades autónomas, destacando como “debería estar baseada nun criterio claro e obxectivo, comprometéndose as partes a non aplicar fondos específicos que adulteran os resultados e complican a comprensión e o funcionamento deste mecanismo”.
Xoves, 09 de febreiro do 2017

Nun traballo sobre medidas contra o envellecemento e a potenciación da economía e do benestar

O Foro Económico de Galicia propón unir o Eixo Atlántico para combater o declive demográfico

O documento foi presentado este xoves en Santiago de Compostela


ImageO Foro Económico de Galicia vén de presentar este xoves un traballo que analiza as consecuencias da crise demográfica galega e propón unha serie de medidas concretas para combater o envellecemento e potenciar a economía e o benestar xeral na comunidade autónoma. Entre as propostas dos expertos deste órgano están “converter ao Eixo Atlántico de sete cidades nunha soa cidade, unindo a franxa costeira galega para convertela nunha cidade puxante e global” e a creación dunha rede de infraestruturas de usos múltiples nas cabezas de comarca.
Xoves, 26 de xaneiro do 2017

Este xoves presentouse o catálogo da última edición do certame

A 34 edición do Outono Fotográfico faise papel

O campus acolleu sete das exposicións que se celebraron nos últimos meses de 2016


ImageA programación do 34 Outono Fotográfico encheu desde principios de novembro e ata finais de decembro de imaxes diferentes edificios e espazos do campus de Ourense, que acolleron sete das súas mostras. Con elas, a institución académica uniuse unha vez máis a unha iniciativa que nesta edición contou con 14 obradoiros e 92 exposicións que amosaron a obra de 304 creadores e creadoras en 70 espazos expositivos de 25 puntos da xeografía galega e lusa. Este xoves presentouse no Ateneo de Ourense o catálogo do certame, que pretende reflectir todo a dimensión que ten adquirido esta cita anual coa fotografía.
Venres, 20 de xaneiro do 2017

A entidade presentou unha serie de propostas para a reforma do sistema de financiamento autonómico

O Foro Económico de Galicia recomenda a nivelación de todos os servizos descentralizados

Nun documento asinado polo catedrático da Universidade de Vigo Santiago Lago


ImageO Foro Económico de Galicia presentou este venres un documento sobre a relación de Galicia coa reforma do sistema de financiamento autonómico no que se inclúen propostas de reforma e unha análise dos riscos e oportunidades que afronta a comunidade autónoma nesta materia. En Galicia diante da reforma do sistema de financiamento autonómico, o Foro Económico de Galicia subliña que o novo modelo, que comezou a negociarse o 17 de xaneiro, debe “mellorar a descentralización e a equidade no reparto de recursos entre todos os españois”.
Martes, 17 de xaneiro do 2017

Publícase na rede unha nova entrega desta revista interdisciplinar de pensamento galego

Un segundo número de 'Cómaros' para afondar en temas como a teoloxía de Chao Rego e a obra en galego de Lorca

O profesor da Universidade de Vigo David Casado é un dos seus directores


ImageCómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego, unha iniciativa posta en marcha en 2016 por un colectivo de investigadores galegos, vén de publicar o seu segundo número na rede. Seguindo co seu compromiso de ser unha canle de implementación do pensamento galego dende unha perspectiva interdisciplinar, a publicación afonda en temas como a teoloxía de Chao Rego, a obra en galego de Federico García Lorca, a contraposición entre imaxinación e innovación, as artes plásticas galegas durante a Guerra Civil e a obra Shola y Angeliño, de Bernardo Atxaga.
Venres, 13 de xaneiro do 2017

A profesora Ángela Coello publica unha monografía centrada neste tema

A mediación, vista desde a perspectiva da teoría de xogos

O estudo analiza a toma de decisións por parte dos suxeitos implicados nunha negociación asistida


Image“Como podo conseguir o que quero negociando? Debo desvelar os meus intereses ou debo escondelos? Coopero ou compito?”. Estas e outras preguntas asaltan a calquera persoa implicada nun proceso de negociación á hora de tomar decisións. Conseguir un acordo de consenso e satisfactorio non sempre é fácil e, por este motivo, en ocasiones, recórrese á negociación asistida, é dicir, á mediación. Tendo en conta este contexto, no seu novo libro El juego de la mediación. El espacio cooperativo en la negociación asistida civil y mercantil, a profesora da Universidade de Vigo Ángela Coello afonda no escenario da mediación desde a perspectiva da teoría de xogos.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 127

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós