DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Luns, 16 de xaneiro do 2017

A Unidade de Igualdade destina 25.000 euros a este programa

Nova convocatoria de axudas para organizar actividades docentes con perspectiva de xénero

En 2016 subvencionáronse unha ducia de actos nos tres campus


ImageSeguir animando ás profesoras e profesores a organizar cursos, conferencias, xornadas, exposicións… coas que contribuír a transmisión de valores igualitarios entre o alumnado. Este é o principal obxectivo co que a Unidade de Igualdade publica unha nova convocatoria de axudas para a organización de actividades docentes con perspectiva de xénero, unha iniciativa que se puxo en marcha en 2011 e a que este ano se van dedicar, igual ca na anterior convocatoria, un total de 25.000 euros. “O déficit de formación en xénero para o alumnado segue sendo moi grande”, explica Anabel González Penín.
Xoves, 12 de xaneiro do 2017

O proxecto MarMOOC conta cun orzamento de case un millón de euros, financiados pola UE

A Universidade coordinará a creación da primeira plataforma de cursos en liña en Marrocos

Seis universidades magrebís e o Ministerio de Educación participan nesta inicaitiva


Image A Universidade de Vigo, coa colaboración de seis socios europeos, coordina un proxecto, que cun orzamento de case un millón de euros, financiados pola Unión Europea, permitirá crear a primeira plataforma de cursos en liña (MOOCs, Masive Open Online Course, e SPOCs, Small Private Online Courses) en Marrocos. MarMOOC, que incluirá unha oferta de cando menos unha ducia de cursos masivos e outros seis cursos privados, centrarase en seis áreas de coñecemento prioritarias para o país norteafricano como son a economía e administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, pesca, agricultura e saúde. Na reunión de lanzamento do proxecto, Salustiano Mato avogou por utilizar as novas tecnoloxías de xeito intelixente, para evitar que a non presencialidade non diminúa o rigor e a excelencia académica.
Martes, 10 de xaneiro do 2017

A Área de Normalización Lingüística edita un calendario ilustrado polo debuxante pontevedrés

Viñetas de Luís Davila para desbotar os prexuízos que pexan o uso da lingua galega

O artista considera que “o galego precisa todo o apoio que lle poidamos dar… e máis”


Image Unha mestra que pregunta a un cativo: “Que perdiste Roi?” ao que o neno responde: “A lingua”. Un científico que asegura: “El gallego no vale para explicar la ciencia” ao que unha compañeira de laboratorio resposta: “E logo. Vaia afirmación. Ten algunha base científica?”. Estas son dúas das doce viñetas coas que o debuxante pontevedrés Luís Davila ilustra o calendario Na Universidade en galego. Sen prexuízos, editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo co obxectivo, como explica o seu director, Paulo Cabral, “de desbotar dende a retranca algúns dos prexuízos e estereotipos que pexan o uso da nosa lingua”.
Venres, 23 de decembro do 2016

O presidente do comité de Pontevedra tamén solicitaba a suspensión cautelar da execución da mesma

O Consello de Goberno rexeita o recurso de reposición contra o acordo de aprobación da RPT do PAS laboral


ImageCon 18 votos a favor e seis en contra, o Consello de Goberno aprobou hoxe desestimar o recurso de reposición interposto polo presidente do Comité de Empresa do PAS laboral da provincia de Pontevedra, contra o acordo do 10 de outubro do Consello de Goberno de aprobación da relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos, así como a desestimación da solicitude de suspensión cautelar da execución da mesma. A secretaria xeral, Gloria Pena, foi a encargada de expoñer ante os membros do Consello de Goberno os aspectos básicos do recurso interposto por Marcos Estévez, que hoxe non participou na sesión ao atoparse de baixa médica.
Venres, 23 de decembro do 2016

A Unidade de Igualdade converte o seu calendario de 2017 nun recoñecemento ás mulleres

12 meses para visibilizar o esforzo, o éxito e a resistencia da muller na Universidade de Vigo

Representantes dos ámbitos académico, institucional ou sindical protagonizan o anuario


Image“Cando me animaron a que me presentase a ser a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación pensei no traballo e responsabilidade que supoñía nese momento porque tiñamos enriba da mesa o cambio das titulacións. A repercusión de ser a primeira directora vina despois polos medios e comentarios e fíxome sentir un chisco máis abraiada pola atención”. Así lembra a docente e investigadora do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións Edita de Lorenzo o seu nomeamento no ano 2009 como directora da EE de Telecomunicación, que se convertía así na primeira escola de enxeñaría da Universidade de Vigo en ser dirixido por unha muller. Se De Lorenzo foi a primeira directora dunha escola no ano 2009, unha década antes Mª Dolores Ojea chegaba á xefatura do Servizo de Contabilidade da institución académica.
Mércores, 21 de decembro do 2016

O convenio asinouse este mércores na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

A Universidade de Vigo e a firma Deloitte lanzan unha cátedra especializada en ciberseguridade

Ademais de formación especializada, farase énfase en incrementar a concienciación social sobre os riscos da rede


ImageO imparable avance da tecnoloxía trae consigo innumerables beneficios para a sociedade, pero tamén un importante aumento dos riscos tecnolóxicos, cada vez máis habituais e, cada vez tamén, máis sofisticados e perigosos. Neste contexto a Universidade e a empresa Deloitte, firma líder nos sectores de consultaría e auditoría, crean a Cátedra Deloitte de Ciberseguridade que a comezos de anos arrancará a súa actividade tras asinarse esta mércores o convenio de creación.
“Estamos ante unha cuestión que está marcando e, sobre todo, marcará o futuro do mundo no que vivimos”, explicou o reitor, Salustiano Mato, que asinou o acordo xunto ao o galego Rubén Frieiro, socio de Riscos de Deloitte, que fixo especial fincapé no interese da empresa en ir incrementando a concienciación social sobre a ciberseguridade, “unha preocupación de gobernos, empresas e familiasl”.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 1345

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós