DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 24 de febreiro do 2017

O profesor J. Antonio Lamas participou nunha xuntanza de investigadores galegos con Erwin Neher

A experiencia dun Premio Nobel, de primeira man

Convidado por CorBi Foundation, ofreceu un relatorio e reuniuse cun grupo de expertos en neurociencia


ImageO Premio Nobel en Medicina Erwin Neher ofreceu onte xoves un relatorio na cidade da Coruña da man da Coruña Biomedical Institute Foundation (CorBI). A súa presenza en Galicia responde á posta en marcha da iniciativa CorBI Neuroscience Lectures, que convidará cada ano aos investigadores e investigadoras máis relevantes do campo da biomedicina. Aproveitando a súa presenza na cidade herculina, a CorBI Fundation convidou a un pequeno grupo de científicas e científicos galegos para manter un encontro con Neher, entre os que se atopaba o profesor José Antonio Lamas, responsable do Laboratorio de Neurociencia e do Cinbio.
Mércores, 15 de febreiro do 2017

O profesor Rafael García Campos ofreceu un relatorio sobre a tecnoloxía de exploración mariña

Robótica e intelixencia artificial na procura dun mellor coñecemento dos fondos submarinos

A conferencia insírese nas actividades de divulgación científica Live Science! de Ciencias do Mar


Image O fundador e director do Laboratorio de Visión Subacuática do grupo de Visión e Robótica Informática da Universitat de Girona, Rafael García Campos, ofreceu este mediodía un relatorio no salón de graos do Edificio de Ciencias Experimentais no que abordou o desenvolvemento da tecnoloxía ao servizo da exploración submarina. O investigador da universidade catalá debullou na súa intervención, que se insire no programa de divulgación científica Live Science! organizado polo alumnado da Facultade de Ciencias do Mar, o traballo que se está a levar a cabo institución académica xerundense para desenvolver a tecnoloxía precisa para a exploración do fondo mariño.
Mércores, 08 de febreiro do 2017

O obxectivo é potenciar a transferencia ao mercado dos resultados da I+D+i mariña

A Universidade participa en tres dos catro proxectos seleccionados na convocatoria europea Blue Labs

A EE de Telecomunicación coordinará un deles, centrado no uso de drones para detectar lixo na costa


ImageA convocatoria europea Blue Labs: innovative solutions for maritime challenges recibiu 50 propostas de proxectos, que foron avaliados pola Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas. Delas tan só foron seleccionadas catro, tres das cales contan coa participación da Universidade de Vigo. Esta alta taxa de éxito nunha convocatoria europea moi esixente recoñece as achegas dende o eido científico e tecnolóxico ao eido do crecemento azul ou Blue Growth e as iniciativas seleccionados serán financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Os proxectos con participación viguesa abordan temas como o aproveitamento das macroalgas invasoras para a industria farmacéutica o alimentaria; a aplicación das tecnoloxías dos UAV's (drones) e o procesado dixital das imaxes para a detección de lixo en praias e a implementación dun innovador “laboratorio” para desenvolver solucións novas e viables na xestión da contaminación mariña, en particular, de mareas negras.
Xoves, 19 de xaneiro do 2017

Bióloga unha e filóloga a outra, renovarán os seus contratos ao longo de 2017

O Programa de retención do talento investigador da Universidade permite manter en Vigo a Flora Alonso e Nuria Yáñez

As investigadoras reciben esta oportunidade como “un novo balón de osíxeno”


ImageAs dúas se formaron nas aulas da Universidade, unha licenciouse en Filoloxía Inglesa no ano 2000 e a outra en Bioloxía no 2002. Dende entón, cada unha no seu ámbito, desenvolveron carreiras investigadoras brillantes, parte delas no estranxeiro, parte en España, na propia institución da que son egresadas. Ambas están acreditadas a profesoras titular, pero o contexto normativo actual, que limita a contratación de persoal nas universidades públicas, dificultaba a súa continuidade laboral en Vigo. Falamos de Nuria Yáñez-Bouza e Flora Alonso Vega, as dúas investigadoras beneficiarias da segunda convocatoria do Programa de retención do talento investigador da Universidade de Vigo, unha iniciativa, única no sistema universitario galego, coa que a institución académica viguesa busca reter “a investigadoras e investigadores novos moi valiosos que desenvolveron as súas carreiras durante anos aquí e que queren seguir facéndoo”, tal e como recalca a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo.
Mércores, 11 de xaneiro do 2017

É a primeira convocatoria pública en Galicia de programas de maduración de resultados da investigación

Sete proxectos da Universidade de Vigo, seleccionados na primeira fase do Programa Ignicia da Xunta

As propostas viguesas concéntranse nos ámbitos tecnolóxico e científico


ImageQue os resultados dunha investigación cheguen a comercializarse non é un proceso doado e aínda menos se non existen os marcos financeiros axeitados. En Europa, dentro do Horizonte 2020, existen as denominadas probas de concepto, ao igual que ocorre noutras comunidades autónomas españolas, que tamén destinan fondos a esta etapa de maduración de tecnoloxías. No caso de Galicia, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, Gain, convocou este ano, por primeira vez, o Programa Ignicia dirixido a universidades, centros de investigación e tecnolóxicos e fundacións hospitalarias, co obxectivo de avanzar nas etapas de maduración dos resultados de investigación para chegar a súa comercialización. Na primeira fase de maduración do programa, un total de sete proposta das nove presentadas pola Universidade de Vigo foron seleccionadas, xunto a outras 18.
Martes, 13 de decembro do 2016

O primeiro artbook do programa de ilustración Krita inclúe obras do director creativo, Iván Rodríguez Arós

O traballo de Divulgare, recoñecido tamén pola súa calidade artística

O catálogo artístico comprende obras de 40 creadores de todo o mundo


ImagePara os membros do equipo de Divulgare recibir premios e recoñecementos non é nada novo. Pero desta volta, en lugar das súas achegas á divulgación da ciencia e no eido da ecoloxía, o que se destaca é a calidade artística do seu traballo. Así, dúas ilustracións do director creativo do grupo, Iván Rodríguez Arós, acaban de ser seleccionadas para formar parte do primeiro Artbook que publica Krita, que como explica Luis Navarro, director de Divulgare, é “unha aplicación de software libre de ilustración dixital. Rodríguez Arós (con alias artístico Esfenodon) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e na actualidade é o director artístico deste proxecto de divulgación científica da Universidade de Vigo.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 181

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós