DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Vigo

Campus Vigo

Venres, 24 de febreiro do 2017

As e os participantes na V edición Incuvi-Emprende presentaron os seus resultados aos promotores

Oito proxectos emprendedores que reivindican a súa viabilidade

Beleader, Brigantia, Lag e Mycogalicia optan aos premios Incuvi-Avanza


Image Da ducia de proxectos que o ano pasado foron seleccionados na 5ª edición dos premios Incuvi-Emprende, oito foron quen de chegar ao final dun proceso que ten como obxectivo converter iniciativas emprendedoras impulsadas polo alumnado da Universidade de Vigo en realidades empresariais. Mesmo os oito proxectos, que nas últimas horas presentaban as conclusións do ano de incubación desenvolvido no espazos habilitados nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra aos patrocinadores e colaboradores da iniciativa, experimentaron non poucos cambios nos seus obxectivos, modelos de negocio ou na conformación dos equipos. No que si coinciden todas e todos os estudantes e egresados participantes é na valoración da súa experiencia que unanimemente cualifican como “positiva ou moi positiva”.
Venres, 24 de febreiro do 2017

Este venres entregáronse os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia

Premio a 25 egresadas e egresados “excelentes”

En total recibiron o galardón 66 titulados das tres universidades galegas


ImageUn total de 25 tituladas e titulados da Universidade de Vigo recibiron este venres en Santiago de Compostela os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, un recoñecemento ao seu traballo e a todo o esforzo realizado ao longo da súa etapa universitaria. A eles sumáronse outros 26 titulados da Universidade de Santiago de Compostela e 15 da Universidade da Coruña. Os premiados, 30 mulleres e 36 homes con expedientes académicos brillantes, recibiron unha dotación económica dun máximo de 2500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

Italia segue a ser o principal destino do alumnado vigués, seguido de Polonia e Portugal

650 alumnas e alumnos da Universidade participan este curso en programas de mobilidade

O alumnado de Filoloxía e Tradución é o que máis participa neste tipo de programas


ImageUn total de 653 alumnas e alumnos da Universidade de Vigo cursan este curso parte dos seus estudos no estranxeiro, a inmensa maioría fano en Europa, ao abeiro do programa Erasmus, pero a listaxe de destinos inclúe lugares tan distantes das fronteiras galegas como Xapón, Brasil, Estados Unidos, Corea, Malaisia, México, Sudáfrica, Uruguai ou Taiwán. “As cifras son lixeiramente mellores cas do ano pasado. Esperamos que esta sexa a sinal de recuperación que estabamos a esperar despois da baixada dos anos duros da crise”, explica o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, que en relación aos destinos explica que se en liñas xerais mantense tamén a distribución dos anos anteriores “algo coherente co feito de que a Universidade de Vigo ten xa unha estrutura de parceiros internacionais bastante consolidada”.
Venres, 17 de febreiro do 2017

Celebrarase entre o 9 e o 11 de marzo simultaneamente en 15 cidades do Estado

O HackforGood regresa a Vigo na procura de aplicacións que axuden a construír “un mundo mellor”

Trátase dun evento tecnolóxico no que os hackers achegan solucións a retos propostos pola cidadanía


ImageA cuarta edición do HackforGood regresa a Vigo entre o 9 e o 11 de marzo como un espazo colaborativo no que os estudantes se converterán en hackers para dar resposta a retos propostos pola sociedade. Serán tres días de traballo intensivo, tanto de deseño como de programación nun evento que chega xa á súa quinta edición, promovido por Telefónica, xunto coa ETSI de Telecomunicación da Politécnica de Madrid, a Fundación HazloPosible e a startup MashmeTV, co apoio da Rede de Cátedras Telefónica, entre elas, a da Universidade de Vigo. Celebrarase conxuntamente en 15 sedes e conta coa participación activa de máis de 20 universidades.
Xoves, 16 de febreiro do 2017

A Fundación Venancio Salcines organiza un curso na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Mellorar a capacidade de comunicación verbal a cambio de tres quilogramos de alimentos

Terá lugar o 1 e 2 de marzo e a finais de mes celebrarase tamén no campus de Ourense


A presentación de traballos en público, defensa de teses e proxectos ou exames orais supón un reto para boa parte do alumnado universitario. O medo a falar en público é froito, en moitos casos, da falta de formación neste eido, un baleiro que a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais tentará cubrir co Curso de Comunicación Verbal. Oratoria e Media Training, impulsado pola Fundación Venancio Salcines. Con oito horas de duración, a docencia impartirase os días 1 e 2 de marzo en horario de tarde e contará como profesores co xornalista e docente Luis Fraga e o comunicador audiovisual Iván Olmos. A fundación cobre o total do importe da matrícula (120 euros) polo que os estudantes admitidos só teñen que entregar tres quilogramos de alimentos como dozaón.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 9 de 590

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós