DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Luns, 16 de xaneiro do 2017

Este luns comezaron a ocupar as súas habitacións os primeiros usuarios e usuarias

A residencia universitaria reabre as súas portas

Trala realización das obras de urbanización da contorna requiridas


ImageA Residencia Universitaria As Burgas, a residencia universitaria do campus de Ourense, reabriu este luns as súas portas. Despois de case dous anos e medio pechada para acometer as obras de urbanización da contorna necesarias para a súa apertura, o edificio e os servizos que ofrece volven a estar dispoñibles para os membros da comunidade universitaria interesados. Xestionado pola empresa Resa, o centro recibiu este luns aos seus primeiros inquilinos e inquilinas deste curso académico. O edificio conta con 133 habitacións individuais e 56 habitacións individuais con cociña compartida.
Luns, 09 de xaneiro do 2017

Os galardóns distinguen a inclusión da perspectiva xénero nestes estudos

Dos piropos aos contos de fadas, seis traballos fin de grao e mestrado fanse cos Premios Egeria

A área xurídico-social é a que máis distincións acadou nesta terceira edición


ImageOs piropos, a rotura da heteronorma, o alumnado transexual, a mirada feminina no cine, a incorporación da muller rural á vida profesional e os estereotipos de xénero nos contos de fadas. Estes son, en liñas xerais, as temáticas que abordan os seis traballos fin de mestrado e de grao que veñen de gañar a terceira edición dos Premios Egeria á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos Fin de Grao e de Mestrado da Universidade de Vigo. Os galardóns repártense entre egresados e egresadas dos tres campus, sendo os traballos de grao e da área a xurídico-social os que máis distincións acadan. En total, nesta edición presentáronse 27 traballos, 20 do ámbito xurídico-social, seis de artes e humanidades e un do eido científico-tecnolóxico.
Xoves, 22 de decembro do 2016

A Escola Infantil celebrou este xoves unha festa na que participaron alumnado e familiares

Os nenos e nenas fan brillar o Nadal no campus

Un mensaxeiro entregoulle a cada cativo e cativa un agasallo especial


ImageComo colofón a todo un cuadrimestre de traballo e para celebrar unhas datas moi especiais para os máis cativos e cativas, a Escola Infantil do campus de Ourense celebrou este xoves unha festa de Nadal. O alumnado máis novo do campus ofreceu aos seus familiares unha representación na que non faltaron os contos e as cancións. Todos os nenos e nenas do centro, desde os bebés aos máis maiores, participaron dunha obra de teatro na que tiveron como misión devolver o brillo á lúa de Vila Viruxe. Para acadalo, leváronlle nubes, raios e estrelas ata que o astro volveu a recuperar o seu esplendor de sembre.
Martes, 20 de decembro do 2016

A aula de teatro do Programa Universitario de Maiores estreou a súa última obra

Celebrando o Nadal con 'catro corazóns con freo e marcha atrás'

O alumnado sénior do campus pechará o ano cun festival o día 22


ImageO grupo de teatro Entrebambolinas, do Programa Universitario de Maiores, vén de estrear a súa última obra, titulada Catro corazóns con freo e marcha atrás, de Enrique Jardiel Poncela e adaptación de Sabela Gago. Con moita ilusión, nervios e ganas de divertir ao público asistente, o alumnado sénior do campus saíu ao escenario para amosar o traballo realizado no último ano. “O resultado foi espectacular. Quedamos todos moi satisfeitos e o público pasou un rato moi agradable”, salienta Sabela Gago, directora da obra e do grupo teatral.
Xoves, 15 de decembro do 2016

A Facultade de Dereito do campus acolleu este xoves a final da competición

O equipo Unidos Podemos imponse na Liga de Debate da Universidade de Vigo defendendo a legalización da poligamia

Dez equipos participaron nesta cuarta edición


ImageDebería legalizarse a poligamia entendida en sentido amplo como a posibilidade de que un suxeito se case con outros suxeitos do mesmo ou doutro sexo? Este foi o tema elixido para a confrontación dialéctica entre os dous equipos que este xoves se enfrontaron na final da Liga de Debate da Universidade de Vigo que se celebrou na Facultade de Dereito do campus de Ourense. O equipo Unidos Podemos, formado por dúas alumnas e un alumno de cuarto curso do grao de Dereito, impúxose coa súa defensa da legalización da poligamia.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 9 de 344

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós