DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 19 de decembro do 2016

O profesor Jorge Soto fixo entrega no Servizo de Pediatría dunha serie de xoguetes recollidos no campus

A solidariedade do campus chega ao Hospital Provincial

Ciencias da Educación e do Deporte continúa colaborando coa campaña ‘Un neno, un xoguete’


ImageCo propósito de sumar o seu gran de area á campaña Un neno, un xoguete, que desenvolve a asociación Stop y Iniciativa Local, a Comisión PEA-Unesco de Ciencias da Educación e do Deporte iniciou en novembro unha campaña de recollida de xoguetes que, como recoñece o profesor Jorge Soto, “está a resultar todo un éxito”. De feito, a pasada semana conseguiuse "encher un camión” cos xogos que a comunidade universitaria foi depositando nos colectores instalados á entrada do centro. Varios deles retornaron este luns a Pontevedra, onde foron entregados aos nenos e nenas que se atopan ingresados no Hospital Provincial.

Duvi | Pontevedra
Co propósito de sumar o seu gran de area á campaña Un neno, un xoguete, que desenvolve en Vigo a asociación Stop y Iniciativa Local, a Comisión PEA-Unesco da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte iniciou en novembro unha campaña de recollida de xoguetes que como recoñece, o profesor Jorge Soto, “está a resultar todo un éxito”. De feito, a pasada semana “conseguimos encher un camión” cos xogos que a comunidade universitaria foi depositando nos colectores instalados á entrada do centro. Varios deles retornaron este luns a Pontevedra, onde preto de 70 xoguetes educativos seleccionados de entre as doazóns realizadas á organización impulsora da campaña, foron entregados aos nenos e nenas que se atopan ingresados no Servizo de Pediatría do Hospital Provincial.

“Fíxose unha selección de xoguetes educativos que hoxe levamos ao hospital", salienta Soto, que participou nesta entrega xunto coa mestra da Escola de Pediatría do CHOP, e que agarda poder retornar ao complexo hospitalario a finais de semana para achegar novos agasallos aos nenos e nenas hospitalizados. Nese senso, este integrante da Comisión PEA-Unesco subliña que ata o vindeiro venres 23 permanecerán na facultade os colectores nos que calquera persoa interesada pode depositar xoguetes en bo estado, libros ou material escolar.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós