DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 11 de xaneiro do 2017

Benestar, Saúde e Deporte colabora con Prado Surf na organización de viaxes a Leitariegos e San Isidro

Tres fins de semana e dúas estacións para practicar deportes de inverno

Este venres 13 de xaneiro é o último día para inscribirse na primeira saída


Image Un ano máis coa chegada do inverno, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade colabora con Prado Surf na organización de fins de semana para desfrutar da neve. Aquelas persoas que desexen participar nestas actividades, deberán escoller data, entre xaneiro, febreiro e marzo, e destino, entre as estacións de Leitariegos e San Isidro, situadas ambas na cordilleira Cantábrica da provincia de León. As tres viaxes inclúen transporte en autobús dende A Coruña, Vigo ou Ourense, aloxamento en hotel en réxime de pensión completa, abono de libre uso das instalacións das estacións e seguro de pistas. Os prezos non inclúen nin equipo para a practica de deporte nin clases.

Duvi | Vigo
Un ano máis coa chegada do inverno, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade colabora con Prado Surf na organización de fins de semana para desfrutar da neve. Aquelas persoas que desexen participar nestas actividades, deberán escoller data, entre xaneiro, febreiro e marzo, e destino, entre as estacións de Leitariegos e San Isidro, situadas ambas na cordilleira Cantábrica da provincia de León. As tres viaxes inclúen transporte en autobús dende A Coruña, Vigo ou Ourense, aloxamento en hotel en réxime de pensión completa, abono de libre uso das instalacións das estacións e seguro de pistas. Os prezos non inclúen nin equipo para a practica de deporte nin clases. De non contar con equipo propio, poderase alugar nas estación por 30€ o de esquí e por 42€ o de snow. Os principiantes que precisen tomar leccións, ou aqueles que desexen mellorar a súa técnica, poderán reservar clases de ambas disciplinas previamente, cun custe adicional de 40€ por catro horas.

Horarios e recomendacións
A primeira das excursións, que ten como data límite de inscrión este venres 13 de xaneiro, será ás pistas de Leitariegos na fin de semana do 27 ao 29 de xaneiro, coa posibilidade de ir ás mesmas instalacións nunha segunda convocatoria en marzo do 17 ao 19, ambas cun custe de 179€. Para as persoas interesadas que prefiran esquiar na estación de San Isidro, poderán facelo do 17 ao 19 de febreiro e o prezo ascende a 196€. No caso de que non houbera neve ou as condicións climatolóxicas nas datas das excursións foran adversas, as viaxes aprazaríanse podendo manter a praza nas novas datas propostas. No caso de non poder asistir nesta nova data, a empresa devolvería os cartos. As saídas para todas as datas serán os venres dende Vigo e A Coruña ás 16.00 h, e dende Ourense ás 17.00 h. Para o regreso, sairase os domingos pola tarde e as horas de chegada estimadas serán a Vigo e A Coruña ás 22.30 h e a Ourense ás 21.30 h.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Os membros da comunidade universitaria que desexen asistir teñen que inscribirse no formulario en liña que Prado Surf ten na súa páxina web e, previamente, facer o pagamento dunha fianza de 100€.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós