DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 09 de xaneiro do 2017

Preparan o Campionato Mundial que se celebrarŠ en Francia entre o 11 e o 29 deste mes

A selecciůn xaponesa de balonmŠn adťstrase no campus

O Kaleido Universidade de Vigo de rugby iniciou o ano con derrota ante o pechacancelas


ImageA dous días do inicio do XXV Campionato Mundial de Balonmán Masculino, a selección xaponesa adestrou este luns no campus vigués. A competición desenvolverase entre os días 11 e 29 en Francia e a selección nipoa elixiu as instalacións deportivas universitarias para ultimar a súa preparación física de cara á cita internacional. En total, desprazáronse ao campus vigués 26 persoas, entre xogadores e corpo técnico, que adestraron no pavillón universiario de 11 a 13 horas. Nesta fin de semana retomouse tamén a competición na División de Honra de B do rugby nacional, xornada na que o Kaleido Universidade de Vigo acadou unha preocupante derrota ante o pechacancelas, o Bilbao.

Duvi | Vigo
A dous días do inicio do XXV Campionato Mundial de Balonmán Masculino, a selección xaponesa adestrou este luns no campus vigués. A competición desenvolverase entre os días 11 e 29 en Francia e a selección nipoa elixiu as instalacións deportivas universitarias para ultimar a súa preparación física de cara á cita internacional. En total, desprazáronse ao campus vigués 26 persoas, entre xogadores e corpo técnico, que adestraron no pavillón universiario de 11 a 13 horas. Nestes días, o combinado nacional xaponés aproveitou a súa estadía por Galicia para disputar partidos amigables, entre eles o que os mediu en Bueu á selección galega, choque que rematou coa vitoria local. A selección xaponesa está adestrada polo que fora xogador do Puleva Marista e do Barcelona e técnico do Balonmano Antequera, Antonio Carlos Ortega, feito este determinante para que o combinado xaponés realizase parte do preparatorio para o Mundial de Francia noutras localidades españolas como Málaga e Fuengirola.

Para o Mundial de Francia, o equipo nacional xaponés está encadrado no grupo A xunto con Francia, Rusia, Noruega, Brasil e Polonia e disputará o primeiro encontro da competición ante con Rusia o día 12 ás 17.45 h. España, pola súa banda, está no grupo B con Eslovenia, Macedonia, Islandia, Tunisia e Angola e o seu primeiro rival será Islandia, tamén o día 12 ás 20.45 horas.

O Kaleido Universidade de rugby inicia o ano con derrota


O Kaleido Universidade de Vigo iniciou o 2017 con derrota e ante o pechacancelas. As baixas coas que recibiron en Vigo ao Universitario de Bilbao resultaron determinantes e finalmente o marcador pechouse cun 22-27. Para os vascos foi a primeira vitoria da tempada e acadárona xogando sen complexos e libres de presión, fronte a un Kaleido espeso que buscada unha vitoria que lles dese confianza e tranquilidade para poñer fin á racha negativa da que viñan. Finalmente non puido ser, e os vigueses pagaron a falta de preparación polo parón do Nadal, as baixas e un banco con xogadores do segundo equipo. Tras uns primeiros minutos de escaso xogo, o debutante René Collazo abría o marcador para o Kaleido tras unha gran ruptura en carreira de Jesús Moure. Dez minutos despois e tras inferioridade visitante por amarela á súa primeira liña Andoni Lucas, ampliaba o marcador Ignacio Villegas. O partido con dous ensaios e 10-0 no marcador parecía encarrilado, a pesar do escaso xogo mostrado, pero pouco antes do descanso, acortaba distancias o Universitario de Bilbao tras ensaio de Unai Mozo que pasaba Wiedemann. Aí chegaron a intranquilidade e o nerviosismo aos vigueses, cun 10 a 7 no marcador ao descanso e co obrigado cambio por lesión de Fernando Filgueira, entrando no seu lugar Santiago Lemos.

A segunda parte comezou cos locais atenazados no seu xogo e en dez fatídicos minutos os vascos lograban dous ensaios por medio de Wiedemann, pasando ambos o propio xogador, e un golpe de castigo no minuto 62 que poñía o marcador en 10-24. Os locais, a falta de xogo e con todo perdido, tiraron de forza e loita cargando de dianteira para acortar rapidamente cun ensaio de Vicente Prieto, que pasaba Riveiro. O marcador sinalaba un 17-24 que devolvía a esperanza aos locais no minuto 64, non obstante, un golpe de castigo pasado no minuto 68 por Wiedemann cortaba de raíz aos olívicos, distanciándose o Universitario de Bilbao no marcador por 17-27. Dous minutos despois, novo cambio por lesión de Mauro González, entrando Miguel Ángel Crespo e inferioridade visitante por amarela a Carlos Carballo. Aí conseguía reducir vantaxe o Kaleido cun cuarto ensaio por medio de Koldo Barandiaran que lles daba un punto bonus ofensivo e lles permitía lograr o defensivo ao sinalar o colexiado Belarmino Álvarez o final co marcador 22 a 27.

Tras este partido, o Kaleido Universidade de Vigo RC continúa oitavo e o próximo fin de semana desprázase a Euskadi para medirse ao terceiro clasificado, Babyauto Zarautz RT, que encadea tres vitorias consecutivas.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nůs