DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 17 de febreiro do 2017

O vicerreitor do campus de Pontevedra mantivo unha xuntanza co alcalde e os responsables do festival

Universidade e FIC Bueu exploran vías de colaboración

O obxectivo é asinar un convenio que permita ao alumnado realizar prácticas neste evento audiovisual


ImageTraballar nun convenio que permita que o alumnado poida realizar prácticas en diversas áreas do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Este é o compromiso xurdido da xuntanza que o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, e o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Alfonso Sola veñen de manter co alcalde, Félix Juncal, e edil de Cultura, Juan Carlos Eirea, desta localidade, xunto cos responsables deste evento audiovisual. “Isto ofrecería a alumnado de facultades como CCSS e da Comunicación ou Belas Artes a posibilidade de vivir de preto un festival en todas as súas facetas”, salientou o vicerreitor.

Duvi | Pontevedra
Traballar nun convenio que permita que o alumnado poida realizar prácticas en diversas áreas do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Este é o compromiso xurdido da xuntanza que o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, e o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Alfonso Sola veñen de co alcalde, Félix Juncal, e edil de Cultura, Juan Carlos Eirea, desta localidade, xunto cos responsables deste evento audiovisual.

“Isto ofrecería a alumnado de facultades como Ciencias Sociais e da Comunicación ou Belas Artes a posibilidade de vivir de preto un festival en todas as súas facetas”, salienta o vicerreitor, tras unha xuntanza que supuxo unha primeira toma de contacto que se afianzará nos próximos meses, nos que os responsables do FIC Bueu deberán elaborar unha planificación para estas prácticas, co propósito de que os alumnos e alumnas poidan comezar a colaborar xa desde a décima edición deste evento, que terá lugar no vindeiro mes setembro.

Neste senso, o director do festival, Manuel Pena, debullou nesta xuntanza os tres ámbitos nos que o alumnado podería colaborar co festival que xestiona a asociación FICBUEU; a través da súa participación no propio transcurso do festival; na fase previa de preparación ou na súa área social, “unha vía que se está explorando moito este ano e que busca levar o festival a colectivos desfavorecidos ou que habitualmente non acoden ás sesións”, a través de actividades con hospitais, centros de día ou asociacións. “Para o alumnado suporá unha inmersión no mundo profesional nun evento xa consolidado, á marxe de que poidan participar activamente cos seus traballos”, engadiu Corbacho, quen lembra que, máis aló deste convenio de prácticas preprofesionais, o FIC conta cunha sección dedicada a curtas realizadas por estudantes, que supón tamén “unha plataforma máis na que o alumnado pode participar cos seus traballos e ampliar o seu currículo”.

A posibilidade de estreitar lazos cos concellos da contorna

Máis aló da colaboración co FIC, esta xuntanza tamén permitiu tamén abordar a posibilidade “de traballar noutros campos e abrir outras vías de colaboración co co Concello de Bueu”, dentro do propósito do campus e da institución académica da “potenciar as nosas relacións cos municipios da contorna”, como apunta Corbacho.
Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós