DUVI - Campus Vigo
Martes, 15 de Xullo do 2008

O presidente da entidade financeira visitou hoxe o campus vigués

Emilio Botín e Alberto Gago apostan por consolidar a relación que manteñen Banco Santander e Universidade de Vigo


Image Na primeira reunión que manteñen o presidente de Banco Santander e o actual reitor da Universidade de Vigo, Emilio Botín e Alberto Gago manifestaron o seu interese en consolidar e potenciar a relación que ambas institucións iniciaron no ano 2004 e que se traduce, fundamentalmente, en actuacións relacionadas coa integración e promoción das tecnoloxías da información e comunicación e a consolidación da innovación tecnolóxica no ámbito do desenvolvemento sustentable. Durante a visita que o presidente de Banco Santander realizou ao campus vigués, Botín e Gago avaliaron a colaboración que a entidade financeira e a institución académica iniciaron hai agora catro anos e que permitiu a posta en funcionamento da Tarxeta Universitaria Intelixente, así como a participación de Banco Santander no Plan SuMa, no proxecto Campus Verde e no Programa Tempos.

Mª del Carmen Echevarría - Romina Vázquez | Vigo
Na primeira reunión que manteñen o presidente de Banco Santander e o actual reitor da Universidade de Vigo, Emilio Botín e Alberto Gago manifestaron o seu interese en consolidar e potenciar a relación que ambas institucións iniciaron no ano 2004 e que se traduce, fundamentalmente, en actuacións relacionadas coa integración e promoción das tecnoloxías da información e comunicación e consolidación da innovación tecnolóxica no ámbito do desenvolvemento sustentable.
Durante a visita que o presidente de Banco Santander realizou ao campus vigués, Botín e Gago avaliaron a colaboración que a entidade financeira e a institución académica iniciaron hai agora catro anos e que permitiu a posta en funcionamento da Tarxeta Universitaria Intelixente, así como a participación de Banco Santander no Plan SuMa, no proxecto Campus Verde e no Programa Tempos.

Innovación tecnolóxica, desenvolvemento sostible e docencia virtual

Desde o ano 2005 Banco de Santander emite a Tarxeta Universitaria Intelixente, un carné que coa súa tecnoloxía chip, facilita á comunidade universitaria a xestión de préstamos bibliotecarios, control de acceso a recintos e ordenadores, así como a sinatura electrónica que na actualidade está en fase de desenvolvemento.
No ámbito do desenvolvemento sustentable Banco de Santander colabora coa Universidade de Vigo en dúas iniciativas, o Plan SuMa de sustentabilidade e medio ambiente e o proxecto Campus Verde. Mentres o Plan SuMA estrutúrase en sete programas que abarcan a eficiencia enerxética e a integración e enerxías renovables nas edificacións ou a conservación de espazos naturais, arqueolóxico ou patrimoniais, Campus Verde integra accións tecnolóxicas, paisaxísticas, arquitectónicas e urbanísticas, así como a utilización de enerxías renovables para consolidar os campus da universidade galega como referentes en materia de desenvolmento sustentable.
A terceira das liñas de colaboración que manteñen Banco de Santader e a Universidade de Vigo materialízase no Programa Tempos de axuda á virtualización de másteres de posgrao para implantación de contidos nunha plataforma de teledocencia.

Alianza con 600 institucións académicas

A colaboración que Banco Santander mantén coa Universidade de Vigo faise efectiva a través da súa división global Santander Universidades, cuxas actividades vertebran a accións social de Banco Santander e permítenlle manter unha alianza estable con máis de 600 institucións académicas de España, Portugal, América, Rusia e Reino Unido.
< Ant.   Seg. >

DUVI. Diario da Universidade de Vigo. 2007-2008 | Redacción