DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio
Martes, 25 de setembro do 2007

Redacción

GABINETE DE PRENSA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Creado no ano 1998, o Gabinete de Prensa presta servizo tanto á comunidade universitaria como aos medios de comunicación.

Informando e divulgando sobre todos os campos da actividade académica nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, o Gabinete persegue, mediante a difusión de noticias, promover o coñecemento da Universidade de Vigo na sociedade na que se insire.

As funcións

Encargado de canalizar as relacións da Universidade de Vigo cos medios de comunicación para proxectar as súas actividades cara á sociedade, o Gabinete de Prensa desenvolve como principais funcións, as seguintes:

  • Dar cobertura informativa ás actividades académicas, científicas ou culturais que se desenvolven nos tres campus e que aparecen publicadas tanto no DUVI, como nos medios de comunicación.
  • Atención ás demandas dos medios (escritos e audiovisuais) , tales como entrevistas con membros da comunidade universitaria, datos relativos á institución ou imaxes.
  • Elaboración diaria do dossier de prensa no que se recompila as noticias publicadas nos xornais locais, rexionais, nacionais, directamente relacionadas coa Universidade de Vigo e coa educación e a investigación en xeral.
  • Redacción de textos para publicacións editadas pola Universidade de Vigo.
  • Asesoramento aos membros da comunidade universitaria na relación cos medios ben sexa para a convocatoria de roldas de prensa, entrevistas, colaboracións, ou intervencións en programas.

No desenvolvemento destas e outras actividades o Gabinete de Prensa traballa coordinadamente coas áreas de Comunicación e Imaxe coas que conta a Universidade de Vigo.

O persoal

Integrado por xornalistas profesionais, o Gabinete de Prensa da Universidade de Vigo, mestura a experiencia de xornalistas que desenvolven o seu labor hai anos neste servizo, sen esquecer o seu compromiso coa formación de futuros profesionais no ámbito do xornalismo. Para atender ás necesidades dos tres campus existe presenza de redactoras en cada un deles, dispoñendo de espazos específicos para desenvolver o seu traballo tanto en Ourense, como en Pontevedra, e en Vigo.

Na actualidade integran o Gabinete de Prensa:

  • Xefa do Gabinete: Mª del Carmen Echevarría Figueroa
  • Xornalistas: Digna Mar Besadío Rodríguez e María Del Río Piñeiro, no campus de Vigo; Rosa Tedín Mouzo no campus de Ourense e Eduardo Muñiz Rodríguez no campus de Pontevedra.
  • Persoal en formación: Leticia Castro Gondar e Pedro Vázquez Pereira

  • O Gabinete de Prensa no campus de Vigo ten as súas dependencias en:

    Local B2
    Centro Comercial de Cidade Universitaria
    Campus de Vigo
    36310 Vigo
    Teléfonos: 986 813 604 / 818 762
    E-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

No campus de Pontevedra:

Casa das Campás
Don Filiberto, nº 9-11
36002 Pontevedra
Teléfono: 986 802 047 / 986 802 087
E-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

No campus de Ourense:

Edificio de Ferro, cuarto andar
Campus de Ourense
32004 Ourense
Teléfono: 988 368 917
E-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós