
Emoción e nervios era o que se podía respirar no
backstage do desfile
Debut 07 que se celebrou para presentar os proxectos de fin de carreira da primeira promoción da Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia, Esdemga. As debutantes deseñadoras levaban esperando este momento moitos meses, nos que prepararon ata o máis mínimo detalle dos estilismos e a escenografía que se presentaron. Foi a directora de Esdemga, Lola Dopico, a encargada de presentar o desfile que significa o peche dunha etapa e o comezo de novos proxectos de futuro para os estudantes desta escola. “Para estas novas deseñadoras é suficiente premio presentar os seus proxectos, acabar os seus estudos e comezar aquí a súa carreira profesional”, comentou Lola Dopico.
debut07
Lola Dopico na presentación
debut07
Algúns dos deseños que se presentaron
debut07
Algúns dos deseños que se presentaron
debut07
Algúns dos deseños que se presentaron
debut07
Algúns dos deseños que se presentaron
debut07
Algúns dos deseños que se presentaron
Ana Terceiro | Pontevedra
Emoción e nervios era o que se podía respirar no
backstage do desfile
Debut 07 que se celebrou para presentar os proxectos de fin de carreira da primeira promoción da Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia, Esdemga. As debutantes deseñadoras levaban esperando este momento moitos meses, nos que prepararon ata o máis mínimo detalle dos estilismos e a escenografía que se presentaron. Foi a directora de Esdemga, Lola Dopico, a encargada de presentar o desfile que significa o peche dunha etapa e o comezo de novos proxectos de futuro para os estudantes desta escola. “Para estas novas deseñadoras é suficiente premio presentar os seus proxectos, acabar os seus estudos e comezar aquí a súa carreira profesional”, comentou Lola Dopico.
No acto, celebrado nas pistas da nova Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, fíxeronse tres pases. No primeiro se mostraron doce pezas deseñadas por estudantes de terceiro curso que desenvolveron os seus proxectos a partir dun colo transformado ata o que finalmente se presentou. No segundo pase, tamén composto de doce obras, se exhibiron outros estilismos das xa tituladas alumnas do ano pasado, baixo o tema Rusia. E xa, finalmente, presentouse
Debut07, cos proxectos fin de carreira das estudantes da primeira promoción. Nestas obras, cada alumna preparou unha colección de seis estilismos diferentes, a partir dun tema proposto polo director do proxecto. Moitas das obras estaban influenciadas pola moda francesa de Catherine Deneuve ou polo concepto de absolutismo como estética.
Xurado e premios
Este ano foron quince as rapazas que presentaron os seus deseños e que competían polos dous premios existentes. Un premio extraordinario fin de carreira, outorgado polas asociacións téxtiles Atexga e Aipclop cun importe de 5000 euros e, unha mención especial do xurado, outorgado por Rafael Matías, consistente en 1200 euros. Neste caso as deseñadoras afortunadas foron Sarai Fernández Marqués e Amai Rodríguez Coladas respectivamente.
Para xulgar os proxectos e outorgar os premios contouse cun xurado formado polo director de produto de Armand Basi, Chisco García; a directora artística da pasarela
El Ego de Cibeles, Sofía Clarí Rodríguez; a directora comercial de
Próxima Parada, Carmen Márquez; o ilustrador de moda e profesor de IED, Arturo Elena; o presidente da Asociación de Industrias de Punto e Confección, Carlos López Loureiro; un representante de Atexga; e a directora de Esdemga, Lola Dopico.
Unha escola de deseño de moda, cun enfoque diferente
Cun perfil singular e un enfoque centrado na investigación como eixo da creación e da innovación en deseño, Esdemga, estase situando como unha das alternativas máis atractivas para adquirir unha formación sólida no campo da creatividade e o deseño sen descoidar nocións en xestión para as diversas áreas de actividade empresarial no sector da moda. Con só tres anos desde a súa creación, Esdemga, está atopando unha moi boa acollida dos seus estudantes nas empresas máis destacadas de moda en Galicia, España e Europa, logrando moitos deles primeiros premios nos concursos de deseño de moda de máis prestixio.