Paco Conde, director creativo de Sra. Rushmore:

Paco Conde, director creativo da axencia de publicidade
Sra. Rushmore, responsable das campañas do Atlético de Madrid ou da candidato socialista, José Luis Rodríguez Zapatero, para as próximas eleccións xerais, foi o encargado de pechar as
Xornadas da Comunicación que nesta primeira edición abordaron as novas ideas e tendencias. Coa súa conferencia
El caso del Atlético de Madrid contado por un vikingo , o creativo provocou máis dun aplauso dos presentes no auditorio. Tras unha pequena introdución sobre a situación actual do sector da comunicación, Paco Conde explicou as estratexias que se agachan tras eses populares anuncios do
Atlético de Madrid, o primeiro cliente da axencia e o que máis fama lles outorgou. “Todos os xornais, todas as televisións, as radios, todos os medios falaron da campaña
Un añito en el infierno, nese momento a publicidade pasou a ser noticia, e iso non hai diñeiro que o pague”, comentou o creativo.

Paco Conde na conferencia
Ana Terceiro | Pontevedra

Este profesional da publicidade explicou que “o panorama da publicidade está mudando, o consumidor xa non é un mero receptor pasivo das nosas mensaxes, senón que agora manda, é o rei, e isto repercútenos en que temos que facelo todo moito mellor. O consumidor elixe que quere ver, cando e como o quere ver, polo tanto isto esíxemos un dobre esforzo”. Para Conde, na actualidade todo o mundo fai publicidade, e é moi difícil destacar entre a multitude de anuncios que se emiten, pero “na maioría dos casos a publicidade é un
coñazo, coas novas tecnoloxías, ten que ser máis atractiva, ten que entreter... Os grandes anunciantes xa entenderon este concepto, como
BMW nunha campaña que fixo en EEUU, fai algúns anos, a base de curtametraxes dirixidas por directores de cine de primeira división”, engadiu Conde.
Máis conferencias
No último día das
Xornadas da Comunicación, que se celebraron na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, os asistentes tamén puideron escoitar outras conferencias como a de Antonio Cortés, director de marketing de
Gadisa e responsable da campaña
Vivimos como Galegos, da cadea de supermercados Gadis. Blanca Fullana e Jordi Ballera como representantes do equipo directivo de
Edelman Spain e Jorge Peidro de
Hill & Knowlton, ademais da directora de ventas de
Yahoo España, Teba Lorenzo, que fora alumna da facultade, completaron as intervencións na derradeira xornada das sesións.
O acto de clausura veu da man da directora da Área de Extensión universitaria e Estudantes e organizadora das xornadas, Ana Belén Fernández Souto, quen amosou a súa satisfacción cos resultados obtidos, e a súa intención de facer das
Xornadas da Comunicación un evento anual e de referencia no sector.