
Arredor de cincocentos deportistas procedentes de toda Galicia danse cita este mércores e xoves no campus de Vigo con motivo do XI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, no que participan estudantes das tres universidades galegas e que, este curso, está organizado polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.
En total compiten 14 modalidades: baloncesto, balonmán, fútbol 7, fútbol 11, fútbol sala, rugby 7, rugby 15, voleibol...
XI Campionato Galego de Deportes Colectivos
Equipo de Rugby 7 Feminino da Universidade de Vigo
XI Campionato Galego de Deportes Colectivos
Encontro de Futbol 7 Feminino
XI Campionato Galego de Deportes Colectivos
Entrenamentos de rugby masculino
XI Campionato Galego de Deportes Colectivos
Encontro de balonmán masculino
XI Campionato Galego de Deportes Colectivos
Eduardo Rodríguez, coordinador do campionato
D. Besadío |Vigo
Arredor de cincocentos deportistas procedentes de toda Galicia danse cita este mércores e xoves no campus de Vigo con motivo do XI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos, no que participan estudantes das tres universidades galegas e que, este curso, está organizado polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.
En total compiten 14 modalidades, xa que na maior parte hai versión masculina e feminina: baloncesto, balonmán, fútbol 7, fútbol 11, fútbol sala, rugby 7, rugby 15 e voleibol. O xoves é a quenda de balonmán, masculino e feminino, rugby 7 e fútbol 7, os dous últimos equipos femininos. O resto de modalidades disputaranse o xoves.
“Participan tres equipos por categoría e modalidade, son os campións das ligas universitarias de cada unha das tres universidades galegas, agás no caso de rugby, que non ten representación de Santiago, e balonmán e baloncesto feminino, que non teñen participación da Universidade de Coruña”, explicaba Eduardo Rodríguez, técnico do Servizo de Deportes e coordinador do campionato.
Por primeira vez o campionato dura dous días
A principal novidade deste curso é que o torneo se leva a cabo durante dous días, mentres que no resto de edicións se tiñan concentrado todas as modalidades na mesma xornada. Segundo o coordinador, “deste xeito non temos que desprazarnos das instalacións deportivas da Universidade, evitando así traslados en autobús. Todas as competicións se van a levar a cabo no campus, agás o venres fútbol sala, que será no pavillón do Círculo Mercantil”.
A vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza, e o director da área de Estudantes e Deportes, Miguel Ángel Nombela, serán os encargados de facer a entrega de trofeos aos vencedores de cada unha das modalidades. Estarán acompañados por responsables do Servizo de Deportes das universidades de Coruña e Santiago de Compostela. A entrega farase no Pavillón Universitario, o xoves ás 17.15 horas e o venres ás 18.30 horas.