DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Reunión inaugural do proxecto europeo MarMOOC

Reunión inaugural do proxecto europeo MarMOOC


Hora: 9.45 h
Lugar: sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Asisten: Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Rebeca Díaz e Eva Garea, coordinadoras do proxecto MarMOOC na Universidade de Vigo e representantes das institucións marroquís participantes

Reunión inaugural do proxecto europeo MarMOOC, coordinado pola Universidade de Vigo e financiado pola UE con preto dun millón de euros. MarMOOC consolida a cooperación internacional que a institución viguesa mantén desde o ano 2002 con universidades de Marrocos, en especial coa Université Abdelmalek Essadi.

Xunto a outros seis socios europeos, a Universidade de Vigo traballará no proceso de consolidación e implementación en universidades marroquís dun enfoque de ensino e aprendizaxe que combina o ensino en persoa tradicional coa aprendizaxe a distancia, aproveitando os avances tecnolóxicos e pedagóxicos neste ámbito.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós