DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Cabeceira
Domingo, 26 de xuño do 2016

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio rematou as escavacións na zona

A necrópole de Medeiros, un cemiterio exclusivamente medieval marcado pola orde e o aproveitamento do espazo

Durante as sondaxes realizadas descubríronse oito tumbas de diferente tipoloxía


ImageDespois de dúas semanas de intensa actividade, este xoves o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio GEAAT da Universidade de Vigo rematou o traballo de campo das escavacións arqueolóxicas levadas a cabo na necrópole de Medeiros, no concello ourensá de Monterrei. Cos xacementos atopados xa de novo soterrados para a súa salvagarda e cos sartegos e laudas recuperados nos anos 80 xa dispostos para a súa musealización, os responsables da intervención fan un balance moi positivo dos traballos realizados. As escavacións sacaron á luz oito novas tumbas de diferente tipoloxía que permiten debuxar unha necrópole de carácter exclusivamente medieval, de aproximadamente o século VI ou VII, que foi ocupada de xeito moi ordenado por varias xeracións de habitantes ata o esgotamento do espazo dispoñible.

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós