DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Luns, 22 de maio do 2017

O estudo realizado desde a Facultade de Dereito pola profesora Mónica Siota afonda nesta cuestión

Unha ollada xurídica ás diferentes fórmulas de pago pola subministración municipal de auga

A investigadora analizou as consecuencias entre establecer taxas ou tarifas


ImageAs entidades locais, explica Mónica Siota, profesora da Facultade de Dereito do campus de Ourense, poden custear o servizo público de abastecemento domiciliario de auga mediante o establecemento dunha taxa ou dunha tarifa. A elección dun ou outro sistema de financiamento determinará diferenzas significativas no réxime xurídico da contraprestación que pague o usuario dese servizo. Atendendo á importancia desta elección e tendo en conta o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, a investigadora da área de Dereito Público Especial da Universidade de Vigo, vén de desenvolver un proxecto de investigación centrado nesta cuestión.
Luns, 22 de maio do 2017

A formación desenvolverase do 7 ao 14 de xuño

Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo acollerá un curso de introdución aos sistemas aéreos non tripulados

O seu enfoque será fundamentalmente práctico


ImageA Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense acollerá do 7 ao 14 de xuño o curso de formación Introdución aos sistemas aéreos non tripulados, que terá como obxectivo principal achegar esta tecnoloxía ao alumnado de titulacións técnicas que queira ter un primeiro contacto con ela. A actividade, explican os seus responsables, terá un carácter moi práctico e incidirá en aspectos como os diferentes subsistemas que compoñen un dron e cuestións relativas á lexislación actual neste eido, entre outros temas.
Venres, 19 de maio do 2017

Os organizadores destacan os bos resultados desta edición

Once andainas, 200 quilómetros e 900 participacións despois, as rutas culturais despídense ata o vindeiro curso

A programación desenvolveuse do 22 de outubro ao 13 de maio


ImageRealizando o último tramo do Camiño de Santiago a Fisterra, a programación de rutas culturais que este curso organizou a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo chegou ao seu fin a pasada fin de semana. Foron en total once rutas pola xeografía galega realizadas ao longo de 2016/2017, cunha media de 80 participantes en cada unha delas e un cómputo total de arredor de 900 participacións e de 200 quilómetros percorridos. “As andainas non defraudaron e nós quedamos moi satisfeitos pola resposta da xente e por conseguir rematar a programación sen ningunha incidencia”, resume José García-Calvo, Willy, coordinador destas rutas.
Venres, 19 de maio do 2017

O centro acolle unha nova edición dos seus recunchos temáticos

Ourense escribe... para os lectores da biblioteca universitaria

Nesta ocasión dedica especial atención á obra de escritores e escritoras vinculados á provincia


ImageOurense escribe. Este é o lema escollido polo persoal técnico da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense para o novo recuncho literario co que conta o centro na súa entrada. A selección de obras de autores vinculados a Ourense que se pode ver e coller emprestada neste espazo pretende dinamizar os fondos da biblioteca e chamar a atención dos potenciais lectores. A diversidade de títulos é moi ampla, abranguendo desde obras como O expreso da literatura e outros ensaios, de Carlos Casares, ata Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.
Xoves, 18 de maio do 2017

Alumnado de Turismo participará do 10 ao 17 de xuño nun seminario na universidade HTW Saar

Próximo destino, Saarbrücken

Será a primeira edición dunha iniciativa que os seus promotores queren converter en anual


ImageO pasado mes de outubro a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu un seminario que permitiu ao seu alumnado do grao de Turismo compartir unha semana de actividades académicas e investigadoras cunha vintena de estudantes da universidade alemá HTW Saar, da cidade de Saarbrücken. No marco da colaboración establecida entre as dúas institucións académicas, en xuño 15 estudantes do centro ourensán desprazaranse á HTW Saar para participar durante unha semana na continuación dese seminario.
Xoves, 18 de maio do 2017

O catedrático emérito de Dereito Romano suma un novo recoñecemento á súa traxectoria

Luis Rodríguez Ennes, distinguido coa medalla de ouro do Foro Europeo Cum Laude

A gala de entrega celebrarase en Oviedo o día 3 de xuño


ImageDesde que o pasado ano Luis Rodríguez Ennes cumpriu 70 anos e se converteu en catedrático emérito de Dereito Romano da Universidade de Vigo os recoñecementos á súa traxectoria profesional sucédense. Cando aínda está recente na memoria a súa investidura o pasado 27 de abril como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue, en Arxentina, o docente vén de recibir unha nova distinción, a medalla de ouro do Foro Europeo Cum Laude, que recibirá na gala de entrega que terá lugar o día 3 de xuño no Hotel da Reconquista, en Asturias.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 3640

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós