DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Martes, 21 de marzo do 2017

34 estudantes de cuarto curso puideron coñecer de primeira man o seu funcionamento

Alumnado de Dereito visitou a prisión de Pereiro de Aguiar e o Centro de Menores Monteledo

Os participantes puideron confrontar coa realidade os coñecementos adquiridos na aula sobre estas institucións


ImageCo obxectivo de que os futuros xuristas coñezan de primeira man o funcionamento de dúas entidades como son o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e o Centro de Menores Monteledo, un grupo de estudantes da Facultade de Dereito do campus de Ourense achegáronse na tarde do luns, día 20 de marzo, ata as súas instalacións. A visita, que xa vén sendo unha tradición que se repite cada curso, permitiulles aproximarse á realidade de dúas entidades que teñen moita relación coa práctica xurídica. Na actividade participaron concretamente 34 estudantes de cuarto curso do grao de Dereito deste centro ourensán.
Luns, 20 de marzo do 2017

70 expertas e expertos participaron durante catro anos nesta rede de coñecemento

A coalición paneuropea sobre feminicidio reivindica un observatorio de violencia de xénero na UE

Entre o persoal investigador desta Acción Cost estivo a docente María Lameiras


ImageDespois de catro anos de traballo, a Acción Cost sobre Feminicidio en Europa chegou a pasada semana ao seu remate. As arredor de 70 expertas e expertos de 29 países que participaron nesta iniciativa, e entre as que se atopaba María Lameiras, responsable do Grupo de Investigación en Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo, participaron nun encontro celebrado en Malta no que se presentaron as conclusións do proxecto. A súa principal reivindicación centrouse en solicitar a creación dun observatorio europeo de violencia de xénero.
Luns, 20 de marzo do 2017

O campus acolleu o sábado un encontro amigable entre as seleccións de Francia e Galicia deste deporte

Elas empataron, eles perderon e o gran gañador foi o fútbol gaélico

Desde a organización subliñan o “altísimo nivel” dos partidos disputados


ImageA gran cita deportiva desta fin de semana para o campus de Ourense foi a celebración nas súas instalacións dun encontro amigable entre as seleccións femininas e masculinas de fútbol gaélico de Francia e Galicia. Na categoría feminina, as galegas acadaron un empate que a piques estivo de ser unha vitoria. Na categoría masculina, os galegos perderon ante unha selección que non en van é a segunda mellor selección do mundo de fútbol gaélico. O bo xogo visto e a resposta da afección, que seguiu o encontro desde a gradas ou a través da televisión autonómica, apuntan desde a organización, fan que o gran gañador desta cita sexa o fútbol gaélico no seu conxunto.
Venres, 17 de marzo do 2017

Santiago de Compostela acolleu este venres un foro dedicado a este país

México como escusa e como paixón

A arqueóloga Beatriz Comendador abriu a programación falando da cultura maia


ImageSantiago de Compostela acolleu este venres o II Foro de Debate México. Espazo e Sociedade. A cita, organizada conxuntamente por investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, pretende ser “un espazo de encontro informal e interdisciplinar, un foro de experiencias de persoas que temos en común o amor por México e pola súa cultura”, segundo explica Águeda Gómez, promotora da iniciativa desde a institución académica viguesa. As xornadas arrancaron cunha intervención de Beatriz Comendador, docente da Facultade de Historia do campus de Ourense, que abordou tanto riqueza da cultura maia como a súa “disneylandización” turística.
Venres, 17 de marzo do 2017

O campus acollerá a finais de mes un curso dedicado a esta temática

Unha inmersión empresarial no mundo dos deportes acuáticos

Durante a celebración visitarase o Club Náutico de Castrelo de Miño


ImageDo 31 de marzo ao 1 abril, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense volverá a acoller unha nova edición, a quinta, do curso complementario sobre Organización e Desenvolvemento de Eventos Deportivos: as Claves do Éxito. Tendo en conta o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga e co obxectivo de un ano máis renovar os seus contidos, este ano o curso dedicará unha especial atención aos deportes relacionados coa auga, visitando durante o seu desenvolvemento o Club Náutico de Castrelo de Miño.
Xoves, 16 de marzo do 2017

O encontro entre seleccións disputarase o sábado no campus de Ourense

Contra atrás para un Galicia-Francia que aspira a marcar un fito no fútbol gaélico galego

A entrada é gratuíta e aberta a todas persoas interesadas


ImageO fútbol gaélico galego conta con ilusión os días que restan para a celebración este sábado, 18 de marzo, dunha cita que está chamada a marcar un fito histórico para este deporte e non só en Galicia. As instalacións deportivas do campus de Ourense acollerán a celebración dun encontro amigable entre as seleccións femininas e masculinas de Galicia e Francia. Desde a organización destacan o recoñecemento que supón este evento para o traballo feito polos equipos galegos e o pulo que lle dará a este deporte o encontro, que será o primeiro partido televisado da historia do fútbol gaélico en Europa segundo recalcou Brian Sheehy, presidente de Gaelic Games Europe.
Resultados 13 - 18 de 3570

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós