DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Luns, 11 de setembro do 2017

Nunha nota elaborada polo seu Observatorio Municipal de Galicia

A Rede Localis chama a atención sobre a dependencia económica dos concellos con outros niveis de goberno

No documento tamén analizan a evolución dos principais impostos


ImageO 41% de todos os ingresos non financeiros dos municipios galegos de ata 5000 habitantes proceden doutras administracións públicas. Só o 38% dos ingresos non financeiros derívanse da recadación vía recursos propios ou cedidos aos concellos, o que dificulta a consecución da autonomía fiscal e supón unha forte dependencia económica doutros niveis de goberno. Estes son algúns dos datos e conclusións sobre os que chama a atención a Rede Localis, a Rede de Administración Local potenciada desde ou Grupo Gen da Universidade de Vigo, nunha nota do seu Observatorio Municipal de Galicia feita pública este luns.
Luns, 11 de setembro do 2017

A intervención corre a cargo do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

Arranca a segunda campaña arqueolóxica en San Salvador dos Penedos

Durante dúas semanas realizarán sondaxes no seu castelo e necrópole altomedieval


ImageEste luns, e por segundo ano consecutivo, membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo volveron ao xacemento de San Salvador dos Penedos, no Concello de Allariz, para continuar profundando no seu coñecemento histórico. Durante dúas semanas, sete persoas baixo a dirección científica de Patricia Valle e Adolfo Fernández traballarán sobre o terreo realizando sondaxes tanto na necrópole como no castelo deste enclave altomedieval.
Xoves, 07 de setembro do 2017

O campus acollerá a celebración de dúas formacións de extensión universitaria

Setembro tamén é tempo de cursos de verán

A educación dixital e o turismo enolóxico son as súas temáticas


ImageO groso da programación de cursos de extensión universitaria que cada ano se organizan no campus de Ourense co financiamento da Deputación de Ourense ten lugar nos meses de xuño e xullo. Porén, algunhas das súas propostas desenvólvense en setembro. Deste xeito, alumnado e cidadáns interesados aínda teñen a oportunidade de realizar durante as vindeiras semanas os cursos A sociedade da información (III): preocupacións educativas nun mundo dixital, organizado desde a Facultade de Ciencias da Educación, e Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra, posto en marcha desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
Luns, 04 de setembro do 2017

A entidade está considerada a maior organización mundial de fotónica

Humberto Michinel será desde o 1 de outubro secretario xeral da International Commission for Optics

O catedrático da Universidade de Vigo era ata o de agora un dos seus vicepresidentes


ImageHumberto Michinel, catedrático de Óptica da Universidade de Vigo, vén de sumar un novo recoñecemento e nomeamento á súa dilatada traxectoria. Despois de ser elixido o pasado mes de setembro presidente da European Optical Society (EOS), o docente do campus de Ourense tomará posesión o día 1 de outubro como secretario xeral da International Commission for Optics (ICO), considerada a maior organización mundial de fotónica. A súa elección produciuse no 24th Congress of International Commission for Optics, que se celebrou do 21 ao 25 de agosto en Xapón.
Xoves, 03 de agosto do 2017

No marco do Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa

Auce busca 12 persoas para realizar prácticas en Lisboa e Brescia

Cubre os gastos de aloxamento, viaxe, manutención, transporte local, formación lingüística e seguros


ImagePor terceiro ano consecutivo e nesta ocasión con novidades, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación Auce levará a cabo unha iniciativa de mobilidade que consiste en ofrecer a 12 persoas a posibilidade de realizar prácticas non remuneradas en entidades acordes ao seu perfil en Lisboa (Portugal) e Brescia (Italia). A entidade correrá a cargo dos gastos de aloxamento, viaxes de ida e volta, manutención, transporte local, formación lingüística e seguros de accidentes e responsabilidade civil das persoas beneficiarias. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o vindeiro mércores 16 de agosto.
Venres, 28 de xullo do 2017

Durante o mes de xullo arredor de 30 persoas participaron na intervención arqueolóxica

As escavacións en Armea rematan deixando ao descuberto a 'domus' norte do xacemento

En outubro realizarase a campaña de conservación e restauro dos restos descubertos


ImageEste venres a campaña arqueolóxica que durante o mes de xullo se levou a cabo en diferentes puntos do Concello de Allariz co obxectivo de afondar no coñecemento histórico da "Cibdá de Armea", que os arqueólogos datan no século I, chegou ao seu fin. No seu balance, Adolfo Fernández, arqueólogo do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) da Universidade de Vigo que dirixiu a campaña, destaca como se cumpriron e superaron os obxectivos previstos para esta intervención, na que participaron arredor de 30 persoas. Entre os resultados acadados están deixar ao descuberto a 'domus' norte do xacemento, datar o lugar de culto das Pioucas da Santa en época romana e facer sondaxes en novas posibles zonas de investigación e musealización para vindeiras tempadas.
Resultados 19 - 24 de 3743

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós