DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Venres, 25 de xaneiro do 2008

Grazas a un acordo asinado entre a empresa e a Universidade

O Master en Consultoría de Software Libre será parcialmente financiado por Tecnocom

É unha das principais entidades do sector


Image A Escola Superior de Enxeñaría Informática e a empresa de desenvolvemento de software Tecnocom asinaron no no Edificio Politécnico un convenio para o financiamento parcial do Master en Consultoría de Software Libre. O reitor da Universidade, Alberto Gago e o director xeral da Rexión Noroeste da empresa foron os encargados de firmar o acordo. Gago declarou no acto que é a “clase de convenio que a calquera reitor lle gusta asinar e máis cando estamos a dicir que somos unha Universidade de perfil tecnolóxico orientada á transferencia".
Venres, 25 de xaneiro do 2008

O decano de Ciencias da Educación despide aos estudantes Erasmus do seu centro cunha cea de confraternidade

Os alumnos salientaron a boa acollida que tiveron e a implicación dos profesores


Image Co cuadrimestre a piques de rematar termina tamén a estadía dalgúns Erasmus no campus. Para despedir aos sete alumnos italianos, brasileiros e portugueses que acolleu a Facultade de Ciencias da Educación, o seu decano e coordinador, Xosé Manuel Cid, convidounos a unha cea de confraternidade á que tamén acudiron Ana Méndez, profesora de Educación Social, e Marta Súarez, responsable de ORI. No que definiu como “o noso ano máis internacional” Cid salientou a amizade que xurdiu entre o grupo, “outros anos nin chegamos a coñecer case aos Erasmus pero estes pasaron moitas veces polo decanato e establecemos unha relación especial, fixemos moitas cousas xuntos” explicou.
Xoves, 24 de xaneiro do 2008

O Edificio Xurídico Empresarial acolleu a sinatura do convenio

Os alumnos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo realizarán prácticas nos hoteis Hesperia


Image Incorporar alumnos en prácticas remuneradas a unha das principais cadeas hoteleiras de España e completar así a súa formación fóra das aulas é o obxectivo principal do convenio que a Facultade de Empresariais e Turismo asinou co grupo Hesperia. O vicerreitor do campus, Juan Francisco Gálvez e Ramón Braña, director da zona de Galicia da cadea, foron os encargados de representar a ambas entidades na firma do convenio.
Mércores, 23 de xaneiro do 2008

Os Canóns do Sil, protagonistas dun roteiro cultural

Terá lugar o vindeiro sábado 26 de xaneiro


Image Esta fin de semana os roteiros culturais chegan ás terras do Sil cunha etapa por unha das zonas máis emblemáticas da paisaxe ourensá. Os participantes percorrerán os 18 quilómetros que separan os Peares do miradoiro dos Canóns do Sil, pasando polo mosteiro de San Estevo. Dende a organización, José García-Calvo comentou a “fermosura da etapa que parte dun pobo moi curioso, os Peares, na desembocadura do Sil no Miño e que ademais ten a característica especial de que a metade del pertence á provincia de Lugo e a outra metade á de Ourense” explicou.
Mércores, 23 de xaneiro do 2008

Cristina e Marcos López traballarán para o CITI

O Servizo de Apoio á Investigación incorpora dous novos técnicos


Image A Universidade segue a incrementar a súa aposta pola I+D+i, neste caso coa consecución de dous contratos dentro do Plan de Recursos Humanos da Xunta. Grazas a eles, Cristina López Macías e Marcos López Mosquera incorporáronse como novos técnicos para o Servizo de Apoio á Investigación no campus de Ourense. Aínda que a súa situación definitiva estará no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) ata que este sexa inaugurado realizarán o seu traballo na planta menos un do Edificio de Ferro.
Martes, 22 de xaneiro do 2008

Comeza o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas e rematan as ligas universitarias

A oferta de cursos inclúe dende aquafitness ata remo pasando polo ioga ou o kick boxing


Image Xa está aberto o prazo para os membros da comunidade universitaria que desexen inscribirse no segundo cuadrimestre das Escolas Deportivas. A Universidade ofrece unha ampla proposta de actividades e, concretamente, o campus de Ourense en colaboración con diferentes ximnasios e institucións da cidade ofrece un total de 23 actividades.
Ademais, esta semana rematan as ligas universitarias de fútbol sala, fútbol 7 e baloncesto.
Resultados 3553 - 3558 de 3685

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós