DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Luns, 06 de marzo do 2017

Portugués Perto iniciou a súa programación cun obradoiro sobre as vantaxes que proporciona este idioma

O galego, unha chave para acceder “case sen esforzo” ao mundo lusófono

O taller correu a cargo da filóloga Tamara Varela


ImageEsta semana o campus de Ourense celebra cunha nova edición de Portugués Perto a riqueza da lingua e da cultura lusófonas. Como arranque da programación, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolleu este luns un obradoiro no que a filóloga Tamara Varela, da Asociaçom Galega da Língua Agal, foi a encargada de explicarlle a alumnado do grao de Turismo as portas que lle pode abrir "case sen esforzo" a lingua galega no mundo lusófono. Coa súa intervención comezou unha programación na que este ano destaca a actuación de Quico Cadaval e da banda portuguesa Parapente 700.
Luns, 06 de marzo do 2017

En fútbol gaélico o equipo masculino perdeu e o mixto acadou unha vitoria

Unha fin de semana de escasos resultados deportivos para o campus

As diferentes categorías de xadrez sumaron tres empates e unha derrota pola mínima


ImageEsta fin de semana os equipos das diferentes modalidades deportivas do campus de Ourense acadaron escasos resultados nos encontros disputados. En fútbol gaélico, mentres o equipo masculino sufriu unha derrota, o mixto acadou unha vitoria. En xadrez, o cómputo para os representantes universitarios foi tres empates e unha derrota pola mínima. Polo que respecta ao rugby, a categoría feminina perdeu contra o Muralla RC, e en baloncesto, o Universitario Campus de Ourense gañou ao Recambios Frain @AXSC, obtendo un marcador final de 67-53.
Venres, 03 de marzo do 2017

Pablo Raúl Bonorino dirixe un proxecto con financiamento estatal sobre esta cuestión

De como os conflitos entre dereitos inflúen na produción das normas

No estudo analizaranse estes procesos en relación a temas como a igualdade e o cambio climático


ImageA medida que as sociedades evolucionan as normas xurídicas tamén se ven na obriga de facelo para ir dando resposta ás novas esixencias que se lle presentan. Un proxecto de investigación, con financiamento estatal e participación internacional, dirixido por Pablo Raúl Bonorino, profesor da Facultade de Dereito do campus de Ourense, analizará como están influíndo os conflitos de dereitos no proceso de construción de novas normas xurídicas xerais. Durante o seu desenvolvemento, afondarase nas friccións que xera no dereito desafíos como o tratamento da igualdade de xénero, do cambio climático, da prostitución ou da experimentación médica con persoas.
Xoves, 02 de marzo do 2017

A cita incluirase este ano dentro da programación da Ourense ICC Week 2017

A 'quedada' informática do campus celebrará a súa quinta edición do 4 ao 7 de maio

Desde a organización agardan a participación de arredor de 500 persoas


ImageEste xoves a Deputación Provincial de Ourense presentou a programación da Ourense ICC Week 2017, punto de encontro das industrias culturais e creativas que se celebrará nesta ocasión do 2 ao 7 de maio. Entre as novidades da súa terceira edición está a incorporación á súa programación da 'quedada' informática que se organiza anualmente no campus de Ourense. Deste xeito, a Technium Lan Party pasa a denominarse ICC Technium e desenvolverase este ano do 4 ao 7 de maio no Pavillón de Deportes universitario.
Xoves, 02 de marzo do 2017

Cada mes a Escola Superior de Enxeñaría Informática acolle un taller ao abeiro desta iniciativa

As últimas novidades en programación e tecnoloxía saen á palestra nos ESEI Dojos

O seu obxectivo é complementar a formación da comunidade universitaria


ImageA palabra 'dojo' é orixinalmente o termo empregado en Xapón para designar ao espazo destinado á práctica e ensino de meditación e artes marciais. Desde hai un tempo, no eido da tecnoloxía este termo tamén se emprega para pór nome a reunións de programadores que durante unhas horas determinadas traballan nun reto de programación. Seguindo esta idea, desde principios do curso 2011/2012, docentes da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense desenvolven os chamados ESEI Dojos, talleres que permiten aos membros da comunidade universitaria estar ao tanto das últimas novidades en programación e tecnoloxía.
Xoves, 02 de marzo do 2017

A oitava ruta cultural deste curso desenvolverase o sábado 4 de marzo

O Courel, o novo reto de montaña para as andainas universitarias

Os participantes coñecerán a Devesa da Rogueira


ImageA programación de rutas culturais que este curso académico organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 4 de marzo cun percorrido polo Courel, dedicando especial atención á Devesa da Rogueira. A dureza do percorrido de montaña que se realizará, explican desde a organización, verase compensada pola beleza da paisaxe que se poderá ver desde os máis de 1000 metros de altura aos que chegarán os participantes. No roteiro, que se enmarca dentro do ciclo de montaña da programación de andainas universitarias, non se descarta a posibilidade de poder gozar da neve.
Resultados 37 - 42 de 3570

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós