DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Ourense
Martes, 20 de xuño do 2017

O Observatorio Económico presentou este martes o informe de ocupación laboral

A provincia de Ourense concentra o 55% dos traballadores ocupados en Galicia nas industrias extractivas

Sete sectores sosteñen máis da metade do mercado de traballo


ImageEste martes Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Andrés Mazaira, profesor da Universidade de Vigo, presentaron no Centro Cultural Marcos Valcárcel o informe do Observatorio Económico Ourensán, que desenvolve a entidade provincial, referido nesta ocasión á ocupación laboral. Nel destácase que a provincia de Ourense concentra o 55% dos traballadores ocupados en Galicia nas industrias extractivas. Deste xeito, indican desde a institución, “as industrias extractivas, e en particular a extracción da lousa e as actividades empresariais de apoio a este sector, son as responsables do indicador laboral máis favorable da provincia”.
Martes, 20 de xuño do 2017

Ourense acolle este martes e mércores a celebración do I Congreso Red Localis

As entidades locais, ante o reto da transparencia e a innovación

A cita pretende tender pontes de transferencia entre o mundo académico e profesional


ImageUn centenar de expertos e expertas tanto do eido académico como profesional danse cita este martes e mércores no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense no I Congreso Red Localis. A cita, organizada pola Red Localis e a Asociación Gen+, ambas lideradas polo Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, nace co obxectivo de posicionarse como o foro de referencia estatal no que se refire a temas de goberno local. Para a súa primeira edición, os organizadores escolleron como lema As entidades locais ante a transparencia e a innovación, ante a convicción de que estes dous factores son os grandes e ineludibles retos que teñen na actualidade os gobernos locais e as demais institucións públicas.
Luns, 19 de xuño do 2017

Unha tese afonda no imaxinario social de menores en situación de abandono ou orfandade

A migración marroquí, vista desde os seus potenciais protagonistas

Javier Diz realizou o seu estudo nun centro de atención a este colectivo en Tetuán


ImageDurante 100 días o psicólogo Javier Diz investigou nun centro de atención a menores en situación de abandono ou orfandade de Tetuán, en Marrocos, como se constrúen nestes rapaces e rapazas os imaxinarios sociais da emigración e que implicacións ten sobre a súa acción potencial de emigrar a España e Europa coa idea de mellorar a súa vida ou o seu desenvolvemento persoal e social. Ao longo do estudo realizado, destaca o investigador ourensán, “puidemos observar como se desmontou esa idea estendida de nicho de migración no norte de Marrocos como único medio de consecución de calidade de vida por parte dunha comunidade de nenos, nenas e mozos tutelados”.
Luns, 19 de xuño do 2017

O campus acolleu o acto de graduación da quinta promoción deste grao

64 novos titulados e tituladas para dar alento á educación social

O alumnado recibiu as súas bandas e diplomas nun acto celebrado no Edificio Politécnico


ImageSe a pasada semana celebraron o seu acto de graduación as novas promocións de Educación Infantil e Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, este venres, 16 de xuño, tocoulle a quenda aos novos egresados e egresadas do Grao en Educación Social do mesmo centro. Acompañados por familiares, amigos e membros da comunidade universitaria, os 64 novos titulados e tituladas festexaron o remate da súa vida universitaria e o inicio dunha nova etapa na que están chamados a contribuír a crear unha sociedade mellor a través da educación social.
Venres, 16 de xuño do 2017

Están destinados a distinguir a investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación

O prazo de presentación á primeira edición dos premios do Campus da Auga remata o 31 de xullo

Os galardóns están dotados cun total de 3600 euros


ImageO prazo de presentación de candidaturas á primeira edición dos dos Premios de Investigación, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga remata o vindeiro 31 de xullo. Os galardóns enmárcanse dentro da política de impulso e fomento da investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación científica relacionada co motor estratéxico de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga. Os galardóns están dotados cun total de 3600 euros.
Venres, 16 de xuño do 2017

O campus acolleu este venres unha presentación do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

De vocación, enxeñeiro ou enxeñeira aeronáutica

O acto estivo aberto ao alumnado preuniversitario e ás súas familias


ImageEste venres publícanse as notas das probas de acceso á educación superior, as Abau, e os estudantes que as realizaron están a piques de poder cumprir o seu soño de matricularse na universidade. Para aqueles e aquelas que barallan entre as súas posibilidades estudar o Grao en Enxeñaría Aeroespacial, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazos da Universidade de Vigo celebrou este venres unha xornada de presentación na que as persoas interesadas puideron coñecer os estudos que imparten, as experiencias de alumnado que está a realizar eses estudos e o campus onde se imparten.
Resultados 7 - 12 de 3685

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós