DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Xoves, 16 de marzo do 2017

A Casa das Campás acolle o luns un concerto da soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano

Un percorrido en feminino pola historia da música

O programa deste recital con entrada libre está composto por pezas de compositoras de diferentes séculos


ImageA abadesa, física e compositora alemá Hildegar von Bingen, a cantante e poeta italiana Francesca Caccini, primeira muller en compoñer unha ópera; a pianista Fanny Mendelssohn, irmá de Felix Mendelssohn; ou a tamén pianista Clara Schumann. Todas elas estarán presentes no percorrido en feminino pola historia da música que o vindeiro luns 20 realizarán na Casa das Campás a soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano, co propósito de recuperar “un mundo de musicas que están case que esquecidas, soamente pola razón de ter sido escritas por mulleres”, como salienta esta cantante formada na Universidade de Ottawa.
Xoves, 16 de marzo do 2017

BBAA acolle nas vitrinas situadas no seu acceso á exposición ‘Hall de entrada’

Arte en pequeno formato

A mostra reúne os traballos realizados por 21 estudantes do máster en Arte Contemporánea


ImageNo marco da conmemoración do seu 25 aniversario, en novembro de 2015, a Facultade de Belas Artes inaugurou o Proxecto Vitrinas, uns pequenos espazos acristalados situados no propio acceso ao centro que buscaban servir como primeiro escaparate do talento que emerxe no seu interior. Vitrinas que desde este xoves ocupan as propostas deseñadas para elas por 21 alumnas e alumnos do Máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, no marco do proxecto expositivo Hall de entrada, que lles levou a afondar na súa “capacidade de adaptación” a un espazo “máis reducido do que estamos acostumados”.
Mércores, 15 de marzo do 2017

Nun proxecto financiado polo Mineco, no que traballan os docentes Carlos Lago e Marián Fernández

Investigadores da Universidade desenvolven unha app para analizar o adestramento dun equipo de fútbol a través de animacións

Partindo dos datos obtidos a través de GPS, a ferramenta permitiría estudar o comportamento colectivo dos xogadores


ImageDesenvolver unha aplicación que permita, a través dunha animación, recrear na pantalla calquera situación de adestramento dun equipo de fútbol. Ese é o propósito do proxecto que, co financiamento do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, desenvolven investigadores das universidades de Vigo, Trás-os-Montes e Alto Douro e Salamanca. Mediante o uso dos datos obtidos por dispositivos GPS que recollen o movemento e a posición no campo de cada xogador, esta ferramenta informática permitiría “contextualizar os movementos do xogador, no campo e con respecto aos seus compañeiros”, de tal xeito que os datos obtidos permitan medir non só “aspectos físicos como a distancia percorrida ou a intensidade das carreiras, senón que sexamos capaces tamén de modelizar aspectos tácticos e colectivos”, como explica o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e investigador principal do proxecto, Carlos Lago.
Mércores, 15 de marzo do 2017

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, imparte este mércores unha conferencia na Casa das Campás

Cando a literatura galega vivía aos pés da lareira

O seu relatorio céntrase nas cantigas populares de tradición oral e nas múltiples temáticas que abordan


ImageDurante os séculos XV, XVI ou XVII nos que “practicamente non se escribía en galego”, aquilo que se contaba e que se cantaba nas casas arredor das lareiras constituía “o alimento literario” do idioma, “a única literatura galega que había”, como sostén o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Afondar na importancia e na beleza do cancioneiro popular galego, daquelas pezas xurdidas do imaxinario popular que se ían transmitindo de xeración en xeración é o propósito da conferencia que o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela imparte esta tarde na Casa das Campás.
Martes, 14 de marzo do 2017

A delegación de alumnado de BBAA promoveu un coloquio coa artista María Xosé Domínguez

Propostas artísticas de cor violeta

Nel presentou a intervención que realizou en Santiago con motivo do Día Internacional da Muller


ImageA escritora e bióloga Marilar Aleixandre, a historiadora Encarna Otero, a galerista Asunta Rodríguez, artistas como Alicia López, ata chegar a un total de 15 mulleres retratadas tras unha máquina de coser antiga e convertidas en fotografías de tamaño real, nunha intervención que combinaba luces e sons e desenvolvida a pasada semana na Praza do Obradoiro. Deste xeito quixo a artista María Xosé Domínguez lembrar ás 126 mulleres falecidas en marzo de 1911 nun incendio da fábrica téxtil de Nova York, a través do proxecto, Sons de cor violeta, que do deu conta nun coloquio promovido pola delegación de alumnado de Belas Artes.
Martes, 14 de marzo do 2017

Premiados na última edición dos Goya e dos Mestre Mateo figuran entre os participantes na súa sexta edición

Augal reúne os éxitos máis recentes do audiovisual galego

‘Sicixia’ abre este mércores un programa integrado por catro longametraxes e unha sesión de curtas


ImageO gañador de dous premios Goya Alberto Vázquez, a directora e o produtor do Mestre Mateo á mellor película, María y los demás, ou o filme que Uruguai presentou como candidata ao Oscar. Estes son algúns dos traballos que forman parte da programación da sexta edición da Máster Class Audiovisual Galego, Augal, que este mércores bota a andar en Ciencias Sociais e da Comunicación coa proxección de Sicixia, de Ignacio Vilar. Catro longametraxes e unha xornada dedicada ás curtas integran o programa deste ciclo con inscrición gratuíta, que un ano máis repite un formato no que as proxeccións complétanse cun coloquio cos e coas responsables dos filmes.
Resultados 13 - 18 de 3149

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós