DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Martes, 13 de xuño do 2017

A Casa das Campás acolleu a inauguración dunha exposición pensada para ser percibida sen vela

As obras táctiles das alumnas de BBAA amosaranse en catro concellos

Coa colaboración da Deputación, achegarase a Caldas de Reis, A Guarda, Porriño e Lalín


ImageTomando o relevo de Tactilicia, o proxecto impulsado hai dous anos desde a delegación de alumnado que convidaba aos estudantes a crear obras para persoas invidentes, obras que fosen percibidas a través do tacto, a Casa das Campás acolleu este martes a inauguración de Proxecto Táctil, unha exposición comisariada pola decana, Silvia García, para a que foron seleccionadas as creacións de dez alumnas “pola súa especial condición táctil de texturas e procedementos”. Exposición que permanecerá na sede da Vicerreitoría ata o 23 de xuño, para logo achegarse, entre setembro e decembro, aos concellos de Caldas de Rei, A Guarda, Porriño e Lalín.
Luns, 12 de xuño do 2017

Oito estudantes de Belas Artes amosan unha serie de pezas en vídeo desenvolvidas ao longo do curso

Autorretratos en bucle toman a Sala X

A iniciativa completouse cunha intervención nas vitrinas da entrada con fotogramas destas obras


ImageDezaseis pezas de vídeo, que responden a diferentes intereses e temáticas, pero que teñen como punto de partida a idea do autorretrato, exhíbense ao longo deste luns na Sala X. Trátase dos resultados dos traballos que oito estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, realizaron para a materia Laboratorio de tempo, que imparte Fernando Suárez, e que nesta xornada protagonizan unha intervención videográfica no que as dúas obras creadas por cada alumno exhíbense de forma simultánea nun xogo de pantallas instalado para a ocasión neste espazo expositivo da facultade.
Luns, 12 de xuño do 2017

O festival presentou a programación da súa segunda edición, que terá lugar do 27 de xuño ao 2 de xullo

As creacións do alumnado do campus abrirán Novos Cinemas

O cineasta arxentino Matías Rodríguez, protagonista dunha retrospectiva, impartirá un curso en Belas Artes


ImageDez curtas realizadas polo alumnado do campus, co cineasta Oliver Laxe como guía, que poñen en relación a contorna do Lérez coas persoas que a habitan e transitan, serán exhibidas no Teatro Principal na xornada de apertura de Novos Cinemas, que este luns presentou a programación da súa segunda edición, que se desenvolverá entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. Un total de 40 filmes integran a programación dun festival promovido pola produtora Matriuska co apoio da Vicerreitoría do campus, o Concello, a Deputación e a Agadic, e definido pola súa “aposta polo talento emerxente”, como salientou o seu director técnico, Suso Novás.
Luns, 12 de xuño do 2017

44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual celebraron a súa graduación

O futuro do audiovisual pecha unha etapa en CCSS e da Comunicación

O acto estivo ambientado na estética dos anos 20


ImageRepresentar o “pasado, presente e futuro do cinema”, exemplificados estes últimos nos 44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual foi a idea que levou ao novo graduado Martín Franco a ambientar na década de 1920 a gala na que na tarde do venres celebraban a súa graduacion as e os integrantes da quinta promoción desta titulación de CCSS e da Comunicación. Un acto que constituía así mesmo o seu traballo de fin de grao e no que o decano, Xosé Baamonde, destacou a “boa base de talento e capacidade de traballo” coa que esta promoción afronta agora un novo camiño nun eido, no que lembrou, “a formación non remata nunca”.
Venres, 09 de xuño do 2017

A Casa das Campás acolle o 22 de xuño o simposio 'Multimodalidades e espazos dixitais'

Un coloquio internacional afondará en experiencias educativas e creativas híbridas

Organizado polo grupo Litex, porá o foco na creación literaria e no ensino de idiomas


ImageA xeneralización de internet ten convertido nun elemento cotiá a idea da “multimodalidade”, a combinación de diferentes modos de comunicación, do texto e a imaxe, ao vídeo, a música ou o discurso oral, nun mesmo contido. “Isto fixo mudar as fronteiras que se mantiñan entre xéneros en numerosos ámbitos”, sinala Carlos Valcárcel, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e coordinador do coloquio internacional Multimodalidades e espazos dixitais, que o 22 de xuño promoverá na Casa das Campás unha reflexión sobre diferentes experiencias sustentadas nesa idea da multimodalidade nos ámbitos artístico e educativo.
Venres, 09 de xuño do 2017

O Observatorio da Gobernanza coordina un seminario centrado nas iniciativas impulsadas por concellos

Expertos de tres universidades analizan en Cambados experiencias de cooperación transfronteiriza

Os relatorios deste venres centráronse nos estudos desenvolvidos no marco dun proxecto ministerial


ImageA cooperación entre concellos fronteirizos tense amosado como un xeito de mellorar os servizos que estas administracións prestan á cidadanía. Este é o punto de partida dun proxecto de investigación, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade no que participan investigadores da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade e centrado en analizar as boas prácticas e experiencias que no eido da cooperación internacional se teñen desenvolvido no marco da Unión Europea. Experiencias nas que este venres afondan en Cambados expertos das universidades de Vigo, País Vasco e Autónoma de Cataluña.
Resultados 19 - 24 de 3271

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós