DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Xoves, 29 de xuño do 2017

42 estudantes da facultade prestaron asistencia a participantes en seis probas deportivas

As unidades de voluntariado de Fisioterapia atenderon este curso preto de 300 persoas

O obxectivo desta iniciativa é achegar ao alumnado a casos e pacientes reais


ImageComplementar a formación do alumnado do grao en Fisioterapia situándoos fronte a pacientes reais é un dos propósitos das unidades de voluntariado coas que o centro colabora con eventos deportivos. Un total de 42 estudantes tomaron parte este curso nas colaboracións que o centro realizou con seis eventos deportivos e nos que, baixo a supervisión de profesorado e egresados do centro, desenvolveron preto de 300 intervencións. O desenvolvemento de casos clínicos, a atención a deportistas “a pé de campo” e o traballo “de organización en grupo” son, nese senso, as principais achegas desta iniciativa, como salienta a súa coordinadora, Yoana González.
Xoves, 29 de xuño do 2017

O cineasta arxentino imparte en Belas Artes un seminario inserido na programación de Novos Cinemas

Matías Piñeiro: “Nunca concibín as ideas de ver e facer cine como instancias separadas”

A través dunha selección de filmes e directores, achega a súa persoal visión desta arte


ImageCineasta e cinéfilo son dous conceptos con fronteiras difusas para o director arxentino Matías Piñeiro, ao que o festival Novos Cinemas dedica unha retrospectiva na súa segunda edición, inaugurada este martes. O programa formativo dun evento que conta coa colaboración da Vicerreitoría do campus levou ao director á Facultade de Belas Artes, onde nas xornadas de xoves e venres imparte o seminario 36 leccións de cinema, no que, a través dun percorrido por diferentes referentes da historia da sétima arte, articula un relato sobre como ver filmes foi o que o levou a converterse en director.
Mércores, 28 de xuño do 2017

O investigador da facultade Eduardo Outeiro inaugura este xoves a exposición ‘Magnífico’

San Xoán e os solsticios danzan na Sala X

Partindo das figuras de Xoán Bautista e Xesús, o artista articula a mostra como un “baile solar”


ImageNo evanxeo de Lucas relátase que cando a virxe María, embarazada de Xesús, visitou a Isabel, embarazada á súa vez de Xoán Bautista, este deu un salto no ventre de súa nai. “De pequeno, sempre imaxinaba ese salto como un baile”, relata o artista e investigador Eduardo Outeiro do episodio que serve como punto de partida para Magnífico, a exposición que este xoves inaugura na Sala X. “O feito de que o solsticio de verán se dedique a San Xoán e o de inverno a Xesús delata que eran figuras moi paralelas”, apunta da idea sobre a que articula un “pequeno baile arredor do sol”, a partires da interacción entre dúas figuras opostas no calendario solar.
Mércores, 28 de xuño do 2017

Investigadores de CCSS e da Comunicación analizaron as publicacións en Facebook dos principais partidos

Para que o candidato capte a atención, mellor que apareza só na foto

Mediante o uso do ‘eye-tracking’ observaron que as fotografías individuais obsérvanse máis que as grupais


ImageSe un partido político quere dar visibilidade ao seu candidato ou candidata a través das redes sociais, o mellor que pode facer é empregar nelas fotografías nas que apareza só ou en primeiro plano. Esta é unha das principais conclusións que os investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Rúas e Iván Puentes extraen do estudo que realizaron das imaxes publicadas na rede social Facebook por cinco candidatos nas eleccións xerais de xuño de 2016 mediante o uso do eye-tracking, un dispositivo de seguimento do movemento dos ollos diante da pantalla.
Martes, 27 de xuño do 2017

Noelia Lalín e Lydia Pérez son campioas de España de loita e alumnas do campus de Pontevedra

Tres exemplos de loita dentro e fóra das aulas que soñan con Tokio 2020

O estudante de Fisioterapia Pablo García sumou no estatal universitario o seu primeiro ouro na modalidade


ImageTokio 2020. Ese é o soño común de futuro para tres estudantes do campus de Pontevedra, que tamén comparten moitas horas de adestramento coas que manterse na elite da loita libre olímpica en España. Noelia Lalín e Lydia Pérez, vixentes campioas de España en categoría absoluta nos seus respectivos pesos, fixeron posible no mes de abril a Universidade de Vigo se proclamase campioa de España de loitas olímpicas en categoría feminina nun torneo celebrado en Murcia, onde Pablo García, tamén estudante do campus, lograba a medalla de ouro nunha modalidade á que chegaba hai preto de dous anos tras competir ata entón en loita grecorromana e na que agarda tamén loitar polo soño olímpico. “Se non pensas que, cando menos, hai unha posibilidade, non adestraríamos todo o que adestramos”, recoñece García, que xunto con Lalín e Pérez forma parte dun grupo de rendemento no CGTD.
Martes, 27 de xuño do 2017

BBAA organizou un taller para estudantes con discapacidade visual

O alumnado dos campamentos da ONCE iníciase na arte contemporánea

As e os participantes puideron tamén coñecer as obras que integran a exposición ‘Proxecto Táctil’


ImageCrear uns gravados sen tinta a partires de composicións articuladas con diferentes elementos naturais que evocasen recordos da infancia e do verán. Ese foi o exercicio que a decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García, propuxo este martes a un grupo de 15 estudantes con discapacidade visual que participan nestes días nos campamentos de verán que promove o Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra. Campamentos que se insiren seu Servizo de Escolarización Combinada e Compartida (SECC) e que nesta xornada se achegaron por primeira vez a esta facultade do campus pontevedrés.
Resultados 25 - 30 de 3303

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós