DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Venres, 29 de setembro do 2017

Enmarcado no congreso Tecniacústica, desenvolveranse o martes no Centro Universitario da Defensa

A ENM acolle un simposio internacional sobre acústica submarina


ImageA celebración a vindeira semana na Coruña, do congreso Tecniacústica, evento que engloba o 48 Congreso Español de Acústica e o Encontro Ibérico de Acústica, terá o seu prólogo no Centro Universitario da Defensa (CUD), da Escola Naval Militar, centro adscrito á Universidade de Vigo. O vindeiro martes 3, o centro de Marín acolle o Simposio Europeo sobre Aplicacións en Acústica Submarina, co patrocinio da European Acoustics Association (EAA) e da Internacional Commision for Acoustics (ICA). O presidente do ICA, Michael Taroudakis, é dos relatores desta “actividade satélite” ao congreso que organizan as sociedades española e portuguesa de acústica.
Venres, 29 de setembro do 2017

Javier Cebreiros analizou na súa tese os efectos das emocións nos procesos de comunicación

O estado emocional dunha aula determina a eficacia da aprendizaxe

O experimento realizado nunha academia amosou como o “clima afectivo” determina a percepción dunha mensaxe


ImageDous grupos de persoas visionan un mesmo vídeo sobre estratexias para a optimización do tempo de estudo. Pero o primeiro faino tras recibir unha boa noticia e o segundo tras coñecer outra de carácter negativo e isto fai que a súa valoración da utilidade deste recurso varíe, en conxunto, en preto dun 40%, por mor do seu estado afectivo. O experimento que no marco da súa tese de doutoramento levou a cabo o investigador Javier Cebreiros permitiulle constatar tanto os efectos que ten un estímulo positivo ou negativo á hora de variar o “estado afectivo das persoas”, como o feito de que este poida facer variar a percepción “da utilidade dunha mensaxe”.
Xoves, 28 de setembro do 2017

A exposición, ideada para ser percibida co tacto, reúne as obras de dez alumnas de Belas Artes

'Proxecto Táctil' inicia en Caldas de Reis a súa viaxe pola provincia

Coa colaboración da Deputación, trasladarase tamén a Porriño, A Guarda e Lalín


ImagePermitir que as persoas con discapacidade visual accedan á arte contemporánea dun xeito normalizado e concienciar a poboación respecto das necesidades das persoas invidentes son dous dos obxectivos de Proxecto Táctil, unha exposición que reúne as obras de dez alumnas de Belas Artes e que foi deseñada para ser percibida a través das mans. Trala súa presentación en xuño na Casa das Campás, a mostra comisariada pola decana, Silvia García, iniciou este xoves no auditorio de Caldas de Reis o percorrido que, da man da Deputación de Pontevedra, realizará neste último trimestre do ano por catro concellos da provincia.
Xoves, 28 de setembro do 2017

Cos once concertos que integran o programa do V Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea

Vertixe Sonora e Campus CREA S2i alíanse para encher Pontevedra e Vigo de sons de vangarda

Varios dos compositores participantes impartirán conferencias e obradoiros en Belas Artes


ImageExpandida e reforzada grazas á súa alianza co Campus CREA S2i. Deste xeito presentouse este xoves a quinta edición do Festival de Creación Musical Contemporánea, que Vertixe Sonora promove xunto co proxecto de especialización do campus e que entre o 1 de outubro e o 25 de novembro proporá once concertos en diferentes espazos das cidades de Pontevedra e Vigo. O vicerreitor Juan Manuel Corbacho, o director artístico de Vertixe, Ramón Souto, e o profesor da Facultade de Belas Artes Ignacio Barcia presentaron no Marco de Vigo o programa desta “proposta de vangarda que nos achega desde diferentes prismas á música contemporánea”.
Mércores, 27 de setembro do 2017

Os rexedores de Pontevedra e O Grove mantiveron un coloquio co alumnado de Publicidade e RRPP

Alcaldes sitúan o alumnado diante de retos comunicativos reais

No marco dunha materia, realizarán un plan de comunicación para a problemática proposta polos primeiros edís


ImageSituar ao alumnado diante dunha problemática real á que propor solucións desde o eido da comunicación política é a base do exercicio que a profesora Emma Torres propón ao alumnado do grao en Publicidade e RRPP. E para achegalos a un reto real, nada mellor que facelo a través dos propios alcaldes e representantes municipais. O rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, e o primeiro edil do Grove, José Antonio Cacabelos, foron este mércores os primeiros en manter un coloquio co alumnado, no que lles propuxeron unha problemática concreta dos seus municipios, para que propoñan posibles accións comunicativas.
Mércores, 27 de setembro do 2017

Fisioterapia acolle desde o venres a terceira edición do curso ‘Técnicas Manipulativas en Extremidades’

Un curso afonda no traballo coas partes do corpo máis expostas a lesións

Impartido por Pablo Hernández, tratase dunha formación dirixida a estudantes e titulados


ImageTanto nunha contorna laboral como deportiva, as extremidades son as partes do corpo máis expostas a sufrir lesións traumáticas, fronte ás que as técnicas manipulativas, consistentes na aplicación dun impulso rápido e indoloro co propósito de restaurar a mobilidade dunha articulación, resultan un dos tratamentos con “maior éxito terapéutico”, como indica o profesor da Facultade de Fisioterapia, Gustavo Rodríguez. Achegar tanto a estudantes como a profesionais as particularidades da súa aplicación en mans, cóbados, pés ou xeonllos constitúe o propósito principal da terceira edición do curso complementario Técnicas manipulativas en extremidades.
Resultados 31 - 36 de 3363

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós