DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Martes, 02 de outubro do 2007

Esdemga busca modelos para o desfile de final de curso

O requisito é dar a talla

Image A titulación de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda está a organizar un casting de modelos para o desfile de final de curso da primeira promoción. A selección terá lugar o vindeiro 19 de outubro ás 17.00 horas, na Facultade de Belas Artes. Búscanse un total de 18 rapaces sen importar o sexo, a beleza ou o peso. O único requiso esixido é medir máis de 1.70 centímetros. “Hai cabida para todos, o único que se pide e unha estatura mínima”, apunta Cristina Varela, subdirectora de Esdemga.
Luns, 01 de outubro do 2007

Manuel Gutiérrez Nieto, director da E.U de Fisioterapia:

“Esta é unha profesión que precisa vocación de servizo aos demais”

ImageManuel Gutiérrez, profesor do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, asumiu, dende o pasado 18 de setembro, o cargo de máximo responsable da Escola Universitaria de Fisioterapia, tomando así o relevo de Gustavo Rodríguez. Esta non é a súa primeira experiencia en cargos directivos xa que, Gutiérrez desempeñou, con anterioridade, a subdirección e dirección da Escola dende o ano 1995.
Luns, 01 de outubro do 2007

A preinscripción pode realizarse a través da plataforma Bubela

Último prazo de preinscripción e matrícula para POP,s con prazas vacantes


Image Do 1 ao 4 de outubro permanecerá aberto o derradeiro prazo de preinscripción nun total de once Programas Oficiais de Posgraos nos que quedan prazas vacantes.
Os POP,s nos que aínda é posible realizar a preinscripción e posterior matrícula son os seguintes: Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, Fotónica e Tecnolxías do Láser, Prevención de Riscos Laborais, Xestión e Dirección Laboral, Química Teórica e Modelización Computacional, Ciencia e Tecnoloxía Química, Física Aplicada, Neurociencia, Dirección e Planificación do Turismo e Enxeñaría Matemática.
A oferta de Programas Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo complétase cara ao vindeiro curso cos POP,s en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente e Enerxía e Sustentabilidade, nos que as prazas ofertadas xa están totalmente cubertas.

 

Venres, 28 de setembro do 2007

Na Casa Galega da Cultura de Vigo

Intercambio de “afinidades” entre membros de Belas Artes


Image A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle unha mostra composta por artistas que se interrelacionan. Estudantes, profesores e antigos alumnos da Facultade de Belas Artes expoñen catro obras compostas a partir da procura entre creadores. Esta búsqueda de afinidades deu como resultado un un proxecto no que se dan a man diferentes eidos artísticos como a videocreación, a pintura ou a fotografía.
Venres, 28 de setembro do 2007

No XI Congreso sobre Actividade Física para Maiores

Pontevedra converterase en punto de referencia a nivel internacional en materia de deporte e terceira idade

ImageA partir do vindeiro 18 de outubre, Pontevedra converterase en sede do XI Congreso Internacional sobre Actividade Física, Promoción da Saúde e Envellecemento. O simposio ten, entre os seus obxectivos, promover o intercambio de experiencias, investigacións e estudos relacionados coa práctica do deporte na terceira idade.
Xoves, 27 de setembro do 2007

I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares “Fronteiras 07”

Segunda parada: a Casa das Campás


ImageTralas residencias artísticas celebradas na Illa de San Simón e a vila portuguesa de Nodar, o I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares, Fronteiras 07 trasládase agora á sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra para continuar co seu programa de actividades.
O fío condutor do encontro é o tema transfronteirizo, analizado dende perspectivas tan variadas como a social, sentimental ou política, pero tamén destaca o concepto de diversidade, xa que no evento participan artistas de múltiples nacionalidades.

Resultados 3139 - 3144 de 3153

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós