DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Xoves, 27 de setembro do 2007

I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares “Fronteiras 07”

Segunda parada: a Casa das Campás


ImageTralas residencias artísticas celebradas na Illa de San Simón e a vila portuguesa de Nodar, o I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares, Fronteiras 07 trasládase agora á sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra para continuar co seu programa de actividades.
O fío condutor do encontro é o tema transfronteirizo, analizado dende perspectivas tan variadas como a social, sentimental ou política, pero tamén destaca o concepto de diversidade, xa que no evento participan artistas de múltiples nacionalidades.

Xoves, 27 de setembro do 2007

Programa de formación para estudantes de máis de 55 anos

Os maiores tamén van a clase

Aínda permanece aberto o prazo de inscrición

ImageQue facer co tempo libre a partir dos 55 anos? Esta é unhas das preguntas que máis dun xubilado e prexubilado se fai ao chegar a esta etapa da vida. Como alternativa enriquecedora para encher as horas de ocio, a Universidade, a través da Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, ofrece o Programa de Maiores. Trátase dun proxecto que, inserido nas Aulas de Formación Aberta, nace co obxectivo de promover o coñecemento científico e cultural nas persoas maiores.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Ciclo Cultura Conciencia

Anxo Carracedo aborda os segredos da Medicina Legal na Casa das Campás


ImageO catedrático da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Anxo Carracedo, exporá na Casa das Campás os últimos avances en materia de Xenética. As posibilidades que ofrece o ADN na identificación de cadáveres serán o eixe deste relatorio enmarcado no cilo Cultura Conciencia.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Aberto o prazo de solicitudes

Convocadas 53 bolsas para árbitros nos campus de Pontevedra e Vigo

Martes, 25 de setembro do 2007

O Reitor, Alberto Gago, explicou as novidades do ano académico

21.500 alumnos inician o curso nos tres campus


ImageA Universidade de Vigo iniciará este curso, en tres ou catro titulacións, os cambios necesarios cara á adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior. O proceso, segundo confirmou hoxe Alberto Gago, iniciarase por titulacións que pola súa exclusividade non interfiran na oferta xeral do Sistema Universitario Galego e comezará no momento que determine a Consellería de Educación que proximamente convocará unha comisión para falar deste asunto.
O Reitor lembrou que a lei marca o curso 2010/2011 como o da fin das matriculacións no sistema actual, polo que chegada esa data a reforma das titulacións ten que estar feita.
Sobre os títulos de máster, Gago, avanzou que para este curso a Universidade de Vigo ten 20 propostas ás que resulta inviable dar saída na súa totalidade polo seu elevado número.

Martes, 25 de setembro do 2007

Inicio das clases do ano académico 2007-2008

Caras novas e vellos coñecidos no comezo do curso


Image A vida volve aos tres campus da Universidade de Vigo co comezo das clases. Os novos estudantes, que se estrean na andaina universitaria, coincidiron cos alumnos de cursos superiores no primeiro día de docencia do curso 2007-2008. O ano académico iníciase con importantes novidades nas infraestruturas da institución. No campus de Vigo está previsto o remate das obras do Módulo Tecnolóxico Industrial de CITEXVI, así como a resolución do concurso do proxecto de Vías Elevadas. Antes do remate do primeiro cuadrimestre será inaugurado o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI, no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, centrado na investigación agroalimentaria. En Pontevedra, o edificio de Ciencias da Educación e do Deporte entrará na terceira fase coas obras do módulo de departamentos e laboratorios e os vestiarios.

O curso comeza con importantes novidades no eido das infraestruturas
Resultados 3289 - 3294 de 3298

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós