DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Xoves, 04 de outubro do 2007

“As caixas e os mapas para non perderse” de Anne Heyvaert

A profesora de Belas Artes inaugura mañá unha exposición en Madrid


Image A galería madrileña "El mono de la tinta" acollerá, a partir de mañá, e ata o vindeiro 6 de novemebro, o traballo da profesora de Belas Artes, Anne Heyvaert. Na exposición, a autora presenta unha selección de obra gráfica realizada nos últimos anos: augafortes e outros recursos para as “caixas sobre cartón” e litografías, series e variacións para os “mapas e planos” dos múltiples lugares onde viviu e por onde viaxou.

 

Mércores, 03 de outubro do 2007

O plan SuMa presentado ao Consello de Goberno

Timothy Kehoe, novo Honoris Causa

Image O compromiso da Universidade de Vigo co desenvolvemento sostible, a eficiencia dos recursos e o respecto ao medio natural, tradúcese nunha serie de accións e iniciativas que conforman o Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente na Uvigo, SuMA, que hoxe foi presentado polo vicerreitor de planificación, José Cidrás, aos membros do Consello de Goberno.
O plan que podería ser aprobado a finais de ano, estrutúrase a través de sete programas relativos a enerxía, residuos, contorno natural, patrimonio, colaboración coa sociedade e fomento dunha sensibilización ambiental. Novas iniciativas ás que se engaden outras accións que a universidade está a desenvolver actualmente como o programa de innovación enerxética ou iniciativas da Oficina de Medio Ambiente sobre recollida, reciclaxe e tratamento de residuos.
Mércores, 03 de outubro do 2007

I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares

A vangarda artística de Fronteiras 07 dáse cita no campus


Image

O I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares, Fronteiras 07, chega á súa parada final en Galicia, coa inauguración dunha exposición que recolle os traballos realizados no marco do evento. A Casa das Campás e a sala X da Facultade de Belas Artes acollerán, ata o vindeiro 13 de novembro, as obras dos dez artistas que participaron nas residencias da Illa de San Simón e a vila portuguesa de Nodar. Unha vez clausurada a mostra en Pontevedra, Fronteiras 07 viaxará, o vindeiro 20 de novembro, ás Termas de San Pedro do Sul en Portugal.

Martes, 02 de outubro do 2007

Esdemga busca modelos para o desfile de final de curso

O requisito é dar a talla

Image A titulación de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda está a organizar un casting de modelos para o desfile de final de curso da primeira promoción. A selección terá lugar o vindeiro 19 de outubro ás 17.00 horas, na Facultade de Belas Artes. Búscanse un total de 18 rapaces sen importar o sexo, a beleza ou o peso. O único requiso esixido é medir máis de 1.70 centímetros. “Hai cabida para todos, o único que se pide e unha estatura mínima”, apunta Cristina Varela, subdirectora de Esdemga.
Luns, 01 de outubro do 2007

Manuel Gutiérrez Nieto, director da E.U de Fisioterapia:

“Esta é unha profesión que precisa vocación de servizo aos demais”

ImageManuel Gutiérrez, profesor do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, asumiu, dende o pasado 18 de setembro, o cargo de máximo responsable da Escola Universitaria de Fisioterapia, tomando así o relevo de Gustavo Rodríguez. Esta non é a súa primeira experiencia en cargos directivos xa que, Gutiérrez desempeñou, con anterioridade, a subdirección e dirección da Escola dende o ano 1995.
Luns, 01 de outubro do 2007

A preinscripción pode realizarse a través da plataforma Bubela

Último prazo de preinscripción e matrícula para POP,s con prazas vacantes


Image Do 1 ao 4 de outubro permanecerá aberto o derradeiro prazo de preinscripción nun total de once Programas Oficiais de Posgraos nos que quedan prazas vacantes.
Os POP,s nos que aínda é posible realizar a preinscripción e posterior matrícula son os seguintes: Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, Fotónica e Tecnolxías do Láser, Prevención de Riscos Laborais, Xestión e Dirección Laboral, Química Teórica e Modelización Computacional, Ciencia e Tecnoloxía Química, Física Aplicada, Neurociencia, Dirección e Planificación do Turismo e Enxeñaría Matemática.
A oferta de Programas Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo complétase cara ao vindeiro curso cos POP,s en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente e Enerxía e Sustentabilidade, nos que as prazas ofertadas xa están totalmente cubertas.

 

Resultados 3307 - 3312 de 3324

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós