DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Xoves, 23 de febreiro do 2017

17 alumnos participan no taller que se desenvolve na EE Forestal

O obradoiro de instrumentos populares retorna co reto dun concerto

O seu obxectivo é servir como xerme á creación dun grupo de música tradicional no campus


ImageRematar o curso interpretando conxuntamente algunhas pezas nunha actuación. Ese é o reto que teñen por diante os 17 alumnos e alumnas do obradoiro Interpretación de instrumentos populares galegos, que se vén desenvolvendo desde comezos de mes na Escola de Enxeñaría Forestal. “A única diferencia respecto das edicións anteriores é esa idea de facer un concerto final e estámonos preparando para ese evento”, sinala nese senso Luís Torres, director deste taller impartido polo músico José Luis Sánchez Bolón que forma parte da programación de obradoiros propostos pola Vicerreitoría do campus para este segundo cuadrimestre.
Xoves, 23 de febreiro do 2017

O presidente da asociación de alumnado sénior do campus participa este xoves nos Encontros nas Campás

O encontro entre xeracións que propón o Programa para Maiores, clave para o envellecemento activo

José María Fernández vén de abordar esta temática nun congreso internacional sobre educación sénior


ImageA pasada semana, máis dun cento de persoas procedentes de nove países debatían sobre educación para maiores en Porto, no marco do I Congreso Internacional de Projectos Educativos para Seniores. Entre eles, atopábase o presidente de Asaexs, José María Fernández, quen achegou a este encontro unha comunicación na que afondaba na súa propia experiencia como alumno. En concreto, na súa experiencia no Ciclo Integrado, no que os e as participantes neste programa comparten aulas co alumnado de grao, dando pé a unhas relacións interxeracionais que defende “como unha excelente ferramenta para o noso envellecemento activo”.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

Estudantes do centro participan en Holanda nas exposicións xurdidas do encontro 'Apprentice/Master'

Belas Artes cruza fronteiras

Os alumnos Ventura Pérez e Javier Fernández participan nestes días unha mostra colectiva en Horn


ImageNo Hotel María Kappel, unha antiga capela hoxe convertida en residencia para artistas, situada en Horn, unha vila a 40 quilómetros de Amsterdam, poden verse nestes días unha serie de creacións ideadas por dous estudantes de Belas Artes, Javier Fernández e Ventura Pérez. Estes alumnos son dous dos seis representantes cos que, xunto co vicedecano Carlos Tejo, a facultade estivo presente por segundo ano no encontro internacional de artistas Apprentice/Master, celebrado en setembro na localidade holandesa Tillburg e onde naceron unha serie de proxectos expositivos que nestes meses permiten amosar o talento do alumnado do campus por diferentes puntos da xeografía holandesa.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

A Biblioteca Central sumouse aos actos co gallo do 180 aniversario do seu nacemento

O campus homenaxea a unha Rosalía máis viva que nunca

Xunto a unha lectura de poemas e a proxección de vídeos, o acto pechouse cun ‘mannequin challenge’


ImageCon caretas de Rosalía nas súas mans, estudantes, docentes e PAS do campus ficaron este mediodía inmóbiles durante uns segundos para sumarse ao mannequin challenge, a gravación dun vídeo no que todas as persoas aparecen detidas, co que a Biblioteca Central pechaba o acto co que rendía homenaxe a Rosalía de Castro. Co gallo da conmemoración, este venres 24, do 180 aniversario do seu nacemento, o campus acolleu un acto no que o presidente da Fundación Rosalía de Castro e profesor da Universidade Anxo Angueira lembraba que “hai 180 anos naceu unha ilusión, unha esperanza e un novo horizonte que hoxe están tal vez máis vivos ca nunca”.
Martes, 21 de febreiro do 2017

O vicepresidente da Deputación protagonizou a segunda sesión de Conversas na UVigo

César Mosquera: “Non fixemos a cidade así para que fose bonita”

O edil realizou un percorrido pola súa traxectoria no goberno municipal


ImageO modelo urbano de Pontevedra e a progresiva conversión en peonís dalgunhas das súas principais rúas foron un dos eixos do coloquio que na tarde deste martes mantiveron o concelleiro e vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o columnista e escritor Rodrigo Cota, nunha nova sesión do ciclo Conversas na UVigo, que a Vicerreitoría promove xunto co Diario de Pontevedra. “Unha concepción social moi clara”, que buscaba facer do espazo público un lugar “que a xente poida desfrutar en total igualdade” foi, segundo afirmou, o motivo principal dun proceso no que non pretenderon “facer a cidade así para que fose bonita e agradable”.
Martes, 21 de febreiro do 2017

Rocío Laseca presentou nesta pasarela unha versión ampliada do seu proxecto de fin de estudos

Esdemga brilla con luz propia baixo os focos de Ego

A titulada Amai Rodríguez participou por terceira vez na plataforma para novos talentos da Madrid Fashion-Week


ImageSedas con estampados florais, serigrafías ou complementos que teñen como material principal o metacrilato translucido. Destes elementos serviuse a titulada en Esdemga Rocío Laseca para achegar unha explosión de cor e psicodelia ao Samsung Ego da Mercedes-Benz Madrid Fashion Week, onde presentou unha versión ampliada de Who are you?, a colección que constituíu o seu proxecto de fin de estudos. Laseca foi unha das oito seleccionadas para participar na plataforma para novos talentos coa que a antiga pasarela Cibeles pechou este martes a súa edición número 65, xunto con outra deseñadora tamén forxada nas aulas de Esdemga, Amai Rodríguez.
Resultados 37 - 42 de 3149

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós