DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Pontevedra
Luns, 19 de xuño do 2017

O profesor de BBAA Ignacio Pérez-Jofre comisaría unha exposición de obras xurdidas da reciclaxe

Creacións artísticas que antes foron refugallo nas rúas

Resultado dun taller da asociación Emaús, ‘Reconstrución’ pode verse na Fundación Barrié de Vigo


ImageBolsas de plástico, envoltorios, cabichas, anacos de papeis ou de cristal, táboas ou cartóns, diferentes residuos atopados na rúa convertéronse nos materiais no que un grupo de persoas en risco de exclusión social deron forma, o pasado ano, a unha serie de obras no marco dun taller da Fundación Emaús coordinado polo profesor da Facultade de Belas Artes Ignacio Pérez-Jofre. Obras que agora buscan promover unha reflexión sobre a reciclaxe e a recuperación daquilo que é rexeitado na exposición Reconstrucción, a mostra comisariada por este docente e artista que ata o 17 de setembro pode visitarse na sede da Fundación Barrié en Vigo.
Luns, 19 de xuño do 2017

Trátase da primeira edición deste galardón promovido pola AECPA

A profesora Rosa Ricoy obtén o premio á innovación docente da Asociación Española de Ciencia Política

No seu proxecto, avoga polo uso educativo de elementos como o cómic, a arte ou a música


ImagePalestina, de Joe Sacco, Maus, de Art Spiegelman, ou Persépolis, de Marjane Satrapi, son tres recoñecidas novelas gráficas, pero tamén un xeito de achegarse ao conflito en Oriente Medio, ao holocausto ou ao ascenso ao poder do aiatolá Jomeini. Facer uso de diferentes manifestacións culturais, desde o propio cómic, á arte, a música ou o cinema, como un recurso capaz de captar a atención do alumnado nas aulas e achegalos a unha determinada temática é a base do proxecto polo que a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Rosa Ricoy vén de ser recoñecida co primeiro premio á innovación docente da Asociación Española de Ciencia Política e da Administración (AECPA). “O proxecto forma parte dalgo que xa veño facendo desde hai anos na docencia e refírese a introducir aspectos que poidan favorecer que o alumnado preste atención, poñendo exemplos que fagan as clases amenas sen perder calidade nos contidos”, salienta da proposta premiada.
Luns, 19 de xuño do 2017

CCSS e da Comunicación despediu o venres a 82 novos titulados en Publicidade e RRPP

Bandas e diplomas para despedir ás novas embaixadoras e embaixadores do campus

Fisioterapia festexou a fin dos estudos dos e das 47 integrantes da súa oitava promoción de graduados


ImageRecoñecemento e celebración marcaron a tarde do venres no campus de Pontevedra, que despedía nesta xornada aos 82 integrantes da quinta promoción do grao en Publicidade e Relacións Públicas, así como ás 47 tituladas e titulados que conforman a oitava promoción do grao en Fisioterapia. Os primeiros, fixérono nun acto no Pazo da Cultura, co profesor Vicente Badenes como padriño académico, mentres que Fisioterapia trasladou a súa celebración ata a Escola de Enxeñaría Forestal, onde o decano e padriño da promoción, Gustavo Rodríguez, quixo tamén recoñecer o esforzo realizado ao longo desta etapa polos novos e novas fisioterapeutas.
Venres, 16 de xuño do 2017

Os investigadores da EE Forestal participan nun proxecto impulsado pola Asociación Agraria de Galicia

O grupo AF4 explora vías para compatibilizar os usos forestais e gandeiros nos montes

Os primeiros traballos de campo desenvólvense en Fornelos de Montes e na serra do Cando


ImageO aproveitamento dos montes como fonte de alimento para o gando pode contribuír tamén a prevención dos lumes forestais, ao reducir a cantidade de biomasa forestal susceptible de converterse en combustible para as lapas. Partindo desta idea, investigadores e investigadoras da Escola da Enxeñaría Forestal traballan na definición dunha serie de medidas que axuden a facer compatibles e sustentables os usos gandeiros e forestais dos montes da provincia. Fano como parte dun grupo operativo de innovación impulsado pola Asociación Agraria de Galicia, ao abeiro dunha liña de subvencións da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Xunta.
Xoves, 15 de xuño do 2017

O profesor de Belas Artes conformou esta mostra cun cento de fotografías domésticas e anónimas

Xosé Manuel Buxán reúne no CGAC a bañistas do mundo nunha exposición pioneira

Imaxes tomadas en diferentes países entre 1880 e 1963 integran este proxecto artístico


ImageA fotografía atopada ou found photography é unha vía de traballo artístico amplamente desenvolvida no contexto internacional, sustentada en outorgar un novo valor a material fotográfico doméstico e anónimo para construír con el un proxecto expositivo e editorial, pero tamén un eido por explorar no contexto español. De aí que desde o CGAC se destaque o carácter pioneiro de Bañistas, a exposición na que o profesor de Belas Artes Xosé Manuel Buxán reúne un cento de imaxes de homes en traxe de baño, realizadas entre 1880 e 1963, que constitúen a primeira exposición de fotografía atopada no contexto dos centros institucionais de España.
Xoves, 15 de xuño do 2017

A iniciativa foi promovida no marco dunha xuntanza de profesorado en Olimpia (Grecia)

Profesorado do campus participa na creación dunha rede iberoamericana de estudos sobre olimpismo

A investigadora de Ciencias da Educación e do Deporte María José Martínez Patiño é unha das súas promotoras


ImageOlimpia, o berce das Olimpiadas, foi recentemente a sede dunha sesión internacional que reuniu a profesorado de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de diferentes universidades e onde os e as representantes dos países de fala hispana e portuguesa asinaron o Consenso de Olimpia, que ten como obxecto potenciar as relacións entre os investigadores e investigadoras de ambas beiras do Atlántico para traballar conxuntamente na investigación sobre o movemento olímpico. A de Ciencias da Educación e do Deporte María José Martínez Patiño é unha das impulsoras dun acordo que foi acollido con “grande interese” polos representantes americanos.
Resultados 43 - 48 de 3303

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós