DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Xoves, 19 de outubro do 2017

O docente Anselmo López inaugurou ‘Os xoves do Vindel’ cun relatorio sobre configuración urbana da cidade

Vigo, unha vila en plena expansión na época de Martin Codax

O ciclo de relatorios está organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade



Image O docente e investigador da UNED Anselmo López Carreira foi o encargado de inaugurar esta tarde o ciclo de conferencias Os xoves do Vindel cun relatorio no que debullou a evolución da configuración urbana de Vigo desde a época romana e con especial atención á época de Martin Codax, na que López Carreira situou, concretamente en 1234, a primeira referencia a Vigo como unha vila , “entendida esta como unha certa estrutura urbana, fronte ao lugar que é unha definición morfolóxica”. O docente comezou a súa intervención, trala inauguración do ciclo a cargo do vicerreitor de Extensión Universitaria; a presidenta da Deputación de Pontevedra e a catedrática emérita da Universidade de Vigo, Camiño Noia.
Xoves, 19 de outubro do 2017

Nunha xornada celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución

Tradutoras e intérpretes achegan, desde a perspectiva de xénero, novas olladas da súa profesión

A profesora Maribel del Pozo fixo fincapé na importancia de divulgar os traballos que se están a realizar nestes eidos


ImageDe que maneira se neutralizan contidos igualitarios no proceso de dobraxe dunha película? Que oportunidades e desafíos presenta a interpretación telefónica en casos de violencia machista? Que tipo de problemas de comunicación se dan nos xuízos mediados por intérpretes, incluídos os de violencia de xénero? Estas son algunhas das preguntas as que se tratou de dar resposta na II Xornada Investigación en tradución e interpretación: novas olladas dende a perspectiva de xénero, unha actividade organizada polo Grupo de Investigación Bifega (Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación) en colaboración coa Unidade da Igualdade.
Xoves, 19 de outubro do 2017

Docentes e estudantes participan nunha xornada organizada pola Cátedra Telefónica

A ciberseguridade é tamén un factor clave para a estabilidade económica

O vindeiro curso a Universidade estreará un mestrado pioneiro neste eido


ImageFalar de ciberseguridade 100% é imposible, e niso coincidían todos os expertos que este xoves participaron nunha xornada sobre este tema organizada pola Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo. Non existe unha protección total para empresas e institucións, pero si se está a traballar dende moitos eidos tanto na prevención como na protección fronte a este tipo de ataques. Nesta xornada, especialistas en seguridade informática e xuristas abordaron as claves da ciberseguridade, debatendo sobre temas como a xestión da crise polo ciberataque Wannacry, a importancia da ciberseguridade nunha industria 4.0 ou a seguridade xurídica. No acto de apertura, Marta Menéndez, directora de Galicia de Telefónica, agradecía ao profesor José Cidrás, director da Cátedra Telefónica, a elección dun “tema de rabiosa actualidade e de interese xeral”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, adiantou que a institución conta xa coa aprobación para poñer en marcha o vindeiro curso académico o Mestrado en Ciberseguridade
Xoves, 19 de outubro do 2017

A través de dous comités dirixidos polos catedráticos Emilio Fernández e Dolores Garza

A Universidade “guiará” ao Concello na argumentación científica e económico-social da candidatura de Cíes a patrimonio da humanidade

Unha trintena de investigadoras e investigadores de centros galegos integran os grupos de traballo


Image O Auditorio Mar de Vigo acolleu este mediodía o acto de presentación dos comités, coordinados pola Universidade de Vigo, que proveerán ao concello vigués dos argumentos científicos e económico-sociais da candidatura das Illas Cíes a patrimonio da humanidade da Unesco. Unha trintena de investigadoras e investigadores das tres universidades, centros e institucións galegas conforman os comités científico, coordinado polo catedrático Emilio Fernández e o económico-social, dirixido pola tamén catedrática da institución académica viguesa Dolores Garza e aos que se suma un terceiro comité técnico, conformado por persoal municipal. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, presidiron a presentación dos grupos de traballo, integrados, segundo Mato “polas e polos mellores para determinar o rumbo para protexer as Illas Cíes.
Mércores, 18 de outubro do 2017

Presentaron o seu disco 'A todo que sí', publicado no 2016

Los Zigarros inauguraron o cuadrimestre cultural na Universidade


ImageA voz de Ovidi Tormo xunto ás notas despregadas polos músicos Álvaro Tormo, Adrián Ribes e Nacho Tamartir inauguraron este mércores a programación cultural do primeiro cuadrimestre na Universidade de Vigo. Los Zigarros, teloneiros o pasado mes de setembro en Barcelona dos Rolling Stones, encheron de rock and roll o Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria. As e os seguidores da banda que se deron cita onte no campus vigués, gozaron en directo do novo traballo do grupo valenciano A todo que sí, no que se mesturan diferentes estilos e xéneros e no que as letras optimistas cantan ao amor, ao desconsolo, ao humor e á vitalidade.
Mércores, 18 de outubro do 2017

O acto de apertura será mañá xoves na EU de Estudos Empresariais

Bota a andar un novo curso para as 327 alumnas e alumnos do Programa Universitario de Maiores en Vigo

Asistirá como convidado especial o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e haberá unha lembranza a Carlos Casares


ImageO Programa Universitario de Maiores, PUM, arranca este curso con preto de 567 alumnas e alumnos e, deles, 327 fano no campus de Vigo. Mañá xoves celebran o seu acto de apertura de curso, un dos intres máis emotivos do ano, xa que como sinala Marina Troncoso, presidenta das Aulas de Formación Aberta, “é o momento para entrar en contacto coas persoas que comezan no programa e de reencontro entre os que xa levamos moitos anos”. Levan semanas preparando este acto con esmero e nesta particular posta de longo o alumnado máis veterano do campus estará arroupado por numerosos membros da comunidade universitaria.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 6095

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós