DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Venres, 16 de xuño do 2017

As eleccións celebraranse o vindeiro venres 23

Juan E. Pardo e José Carlos Prado encabezan as dúas candidaturas nas eleccións da Escola de Enxeñería Industrial

Os dous profesores, do Departamento de Organización de Empresas e Márketing, aspiran a suceder a Juan Pou


ImageDous profesores do Departamento de Organización de Empresas e Márketing serán os candidatos a suceder a Juan Pou á fronte da Escola de Enxeñería Industrial. A proclamación definitiva de candidaturas que tivo lugar este venres confirma que o centro terá que elixir entre as propostas de Juan E. Pardo e José Carlos Prado nas votacións do vindeiro 23 de xuño. A candidatura de Juan E. Pardo conta coa boa parte dos membros do equipo directivo actual, mentres que José Carlos Prado achega unha lista de renovación. O que resulte elixido tomará a remuda de Juan Pou, que dirixiu o centro máis grande da Universidade de Vigo dende 2011, tras ser o único candidato tanto nese ano, como en 2014, cando renovou o cargo.
Venres, 16 de xuño do 2017

A Universidade suma catro Premios Nacionais Fin de Carreira 2012-2013

“Un premio á excelencia como este sempre é un orgullo”

As e os galardoados atópanse xa traballando en eidos como a auditoría, a enxeñaría e a investigación mariña


Image“É un premio a todo o esforzo realizado ao longo da carreira”, “un éxito non só a nivel académico senón tamén persoal”, “unha alegría moi grande que me dá confianza no meu traballo e motivación para intentar mellorar” ou “toda unha honra que recoñezan o traballo realizado”. Así reaccionan as tres egresadas e un egresado da Universidade de Vigo á noticia de que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lles concedeu cadanseu Premio Nacional Fin de Carreira 2012-2013. O recoñecemento chégalles case catro anos despois de ter rematado a titulación e metidos xa de cheo no mercado laboral: dúas en España, unha en Francia e outro en California. Aínda non saben con certeza se haberá cerimonia de entrega, pero igualmente se amosan moi satisfeitos por unha distinción que, aínda que tarde, sempre é ben recibida.
Venres, 16 de xuño do 2017

30 estudantes de Vigo, Polonia e Noruega participan na escola de verán do proxecto DiamonDT

'Design Thinking' para mellorar Vigo

A xuntanza prolongarase ata o vindeiro xoves na EE de Telecomunicación e no edificio Miralles


Image Como facer que as tascas do Casco Vello sexan máis atractivas para as e os turistas dos cruceiros que arriban a Vigo. Como mitigar o impacto do botellón ou como facer a cidade máis accesible ou mellorar o transporte ás praias. Estes son algúns dos temas sobre os que versarán os proxectos nos que traballarán a trintena de estudantes das universidades de Vigo, de Tecnoloxía de Lodz en Polonia, a de Ciencia e Tecnoloxía de Bydgoszcz, tamén en Polonia, e da Universidade de Tromso en Noruega, que participan na DiamonDT Summer Academy, que hoxe botou a andar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. A escola de verán, que se prolongará ata o vindeiro xoves, desenvólvese ao abeiro do proxecto europeo Development of Innovative AcadeMY ON the basis of DT teaching, DiamonDT.
Venres, 16 de xuño do 2017

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de xullo

Aumenta o número de prazas ata 459 nas residencias universitarias para o próximo curso

Increméntase en 27.360 euros o importe destinado ás axudas de aloxamento, que ascende a 84.960 euros


ImageCoa reapertura do complexo residencial As Burgas en Ourense para o vindeiro curso incrementaranse en 163 o número de prazas de aloxamento nas residencias universitarias para as e os estudantes dos tres campus. En total ofértanse 459 prazas entre as residencias propias de O Castro no campus de Vigo e As Burgas no campus de Ourense e as concertadas de Alcai en Allariz e Afundación en Pontevedra, que se inclúe por primeira vez para o primeiro curso. Todas estas prazas distribúense en diferentes tipos de aloxamento: apartamentos individuais con cociña, apartamentos individuais con cociña compartida, apartamentos dobres con cociña, habitacións dobres con baño e apartamentos con habitación individual.
Xoves, 15 de xuño do 2017

Destacados xuristas participan hoxe e mañá en Vigo nas III Xornadas internacionais de Redexmar

Como afecta a incerteza xurídica internacional aos retos da política marítima integrada da UE?

A Red de Excelencia de Estudios Jurídico-Marítimos analizará cuestións como o Brexit


Image Reino Unido é unha nación de indiscutible tradición marítima e cun peso destacado na política comunitaria, así que analizar a súa saída do mercado interior europeo semella unha cuestión de interese para as e os expertos en Dereito marítimo. O Brexit, pero tamén como afectan ás políticas de emprego, de pesca, de enerxía e de seguridade marítima, as “sorpresas políticas” que se están a producir nos últimos tempos, centran as III Xornadas Internacionais que a Red de Excelencia de Estudios Jurídico-Marítimos, Redexmar, que esta tarde comezaron e que se prolongarán ata mañá no salón de sesións da Autoridade Portuaria de Vigo.
Xoves, 15 de xuño do 2017

Xornada de portas abertas na Escola de Enxeñería Industrial

Participaron 50 alumnas e alumnos chegados desde A Coruña, Ourense e Pontevedra


ImageA menos de tres días para coñecer as súas cualificacións nas probas de acceso á Universidade, as novas Abau, un grupo de 50 alumnas e alumnos de 2º de bacharelato das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra participaron esta mañá nunha xornada de portas abertas celebrada na Escola de Enxeñería Industrial. O director da EEI, Juan Pou, foi o encargado de recibilos e facerlles un repaso pola historia non só do centro, senón da propia enxeñería, e de amosarlles que enxeñaría industrial paga a pena. Tras a charla, os estudantes de secundaria divididos en varios grupos realizaron unha visita guiada polas instalacións do centro.
Resultados 19 - 24 de 5951

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós