DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Luns, 11 de setembro do 2017

No 2016-2017 pasaron polas súas aulas preto de 2300 alumnas e alumnos

O Centro de Linguas incorpora coreano a súa oferta de cursos

Inglés e español para estranxeiros son, ano tras ano, as opcións máis demandadas


ImageO Centro de Linguas incorpora este ano a súa oferta de cursos un obradoiro de lingua e cultura coreana, unha aposta a que se unen outras novidades no ensino de idiomas como o francés, o alemán ou o persa, do que, por primeira vez se ofertará o nivel intermedio. A maiores dos cursos de idiomas (inglés, francés, alemán, portugués, español para estranxeiros…), o centro continuará tamén coas actividades específicas de preparación de exames Cambridge, de español DELE, de inglés TOEFLe as probas de acreditación específicas HELA, dirixidas a profesorado da Universidade de Vigo que vai impartir a súa docencia en lingua inglesa.
Venres, 08 de setembro do 2017

Mato e Feijóo destacaron os logros de universidades e Xunta “nos oito anos máis difíciles para o SUG”

O Sistema Universitario Galego comeza o curso reivindicando a súa eficiencia, equilibrio e competitividade

O acto solemne de apertura do curso celebrouse este mediodía na Universidade de Vigo


ImageO Sistema Universitario Galego celebrou este mediodía no campus de Vigo o acto solemne de apertura do curso académico 2017-2018, reivindicando a existencia das tres universidades que o conforman e poñendo en valor sinais de identidade como súa singularidade, igualdade, eficiencia e competitividade. No salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, destacou as luces e sombras “dos oito anos máis difíciles para o SUG”, nos que a colaboración entre as universidades e o executivo autonómico materializouse na consecución de dous plans de financiamento, a conxelación das taxas durante cinco anos consecutivos e a materialización dun mapa de titulacións. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que comezou a súa intervención cunha reivindicación da democracia e das regras que a fan posible, afirmouse na eficiencia das universidades galegas e no retorno cualitativo e cuantitativo da súa activade á sociedade.
Xoves, 07 de setembro do 2017

A mostra, de entrada libre, ábrese ao público esta tarde na sede Afundación

Chega a Vigo a exposición ‘Un rolo de papel continuo’, traballo coral de oito artistas con selo pontevedrés

Con Nono Bandera, Marcos Covelo, Nuria Figueiredo, Berto Fojo, Julia Huete e Natalia Umpiérrez


ImageHai pintura, un mural, unha instalación... Tras o seu paso pola cidade de Pontevedra a comezos de ano chega agora a Vigo a mostra Un rolo de papel continuo, un proxecto coral que ten como comisaria á profesora Susana Cendán e no que participan seis artistas ligados á Facultade de Belas Artes, ben como profesores, caso de Nono Bandera, ben como egresadas e egresados (Marcos Covelo, Nuria Figueiredo, Berto Fojo, Julia Huete e Natalia Umpiérez). A exposición, de entrada libre e gratuíta, ábrese ao público esta tarde na Sala 1 da Sede Afundación de Vigo, pero esta mañá celebrouse xa un acto de presentación.
Xoves, 07 de setembro do 2017

A científica do CSIC Patricia Pereiro presentou a súa tese no marco do programa de doutoramento Do*Mar

Un estudo avanza no coñecemento da resposta inmune antiviral e resistencia do rodaballo ao seu principal virus, o VHSV

Entre os resultados do estudo destaca o deseño da primeira vacina de ADN para combater o ataque do patóxeno


ImageO rodaballo é unha das especies máis importantes para o sector acuícola en Galicia e a secuenciación do seu ADN por parte do Grupo de Inmunoloxía e Xenómica do Instituto de Investigacións Mariñas en 2016 foi un grande avance para optimizar a súa produción. Agora, a tese da investigadora deste grupo Patricia Pereiro, no marco do Programa de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión Do*Mar avanza no coñecemento da resposta inmune antiviral e a resistencia do rodaballo ao seu principal virus, a septicemia hemorráxica viral (VHSV). Ademais, a científica tamén deu un paso máis no referente aos métodos para combatelo, deseñando a primeira vacina de ADN que codifica a glicoproteína G de VHSV. A tese, con mención internacional e dirixida por Beatriz Novoa e Antonio Figueras, foi defendida no Instituto de Investigacións Mariñas e realizada no ao abiero do programa de doutoramento do Campus do Mar.
Mércores, 06 de setembro do 2017

Tres tituladas do Máster en Comercio viaxan a Islandia cun programa de promoción da muller no sector

A industria pesqueira non é un negocio só de homes

Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra promoven as bolsas dunha semana da duración


Image Asegura Marie Christine Monfort, presidenta e cofundadora da International Association for Women in the Seafood Industry (WSI), que aínda que as mulleres representan o 50% da industria pesqueira, menos do 1% ocupa postos de dirección executiva nas empresas do sector. Foi precisamente a participación de Monfort o pasado mes de setembro no ciclo Conversas en Empresariais, que organiza a Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo, a que propiciou a posta en marcha do programa Visibilidade das mulleres en postos de decisión e sustentabilidade da industria e da pesca, do que se beneficiarán tres ex alumnas do Máster en Comercio Internacional.
Luns, 04 de setembro do 2017

Coa colaboración da Universidade de Vigo, o CINBIO e a Rede de Excelencia SICI

Especialistas internacionais en canles iónicas reúnense para analizar os últimos avances neste ámbito

A Reunión RECI VI celébrase en Santiago de Compostela entre o 6 e o 8 deste mes


ImageAs canles iónicas son unhas proteínas complexas situadas nas membranas celulares de, entre outras, neuronas e células musculares que forman poros, que permiten que os ións atravesen as células para a transmisión de información. Hoxe en día, coñécese que o funcionamento incorrecto destas canles xera un bo número de enfermidades chamadas ‘canalopatías’, entre as que se atopan doenzas comúns como a hemicrania ou xaqueca. Para afondar na investigación deste ámbito, máis de 150 profesionais de diversos países do mundo, viaxn a Santiago de Compostela para participar esta semana na VI Reunión da RECI (Red Española de Canales Iónicos).
Resultados 25 - 30 de 6039

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós