DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Martes, 13 de xuño do 2017

O proxecto forma parte da tese doutoral do estudante de CC Sociais Xosé Comesaña

'Cristais', unha curtametraxe pioneira no emprego de subtítulos creativos integrados

Permitirá mellorar a accesibilidade ao cinema de persoas con discapacidade auditiva


ImageCristais, primeira produción audiovisual no mundo que creará subtítulos integrados creativos durante a preprodución, iniciou a súa rodaxe en Allariz, Gondomar e Vigo. Esta curtametraxe, dirixida e escrita polo estudante de doutoramento de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Comesaña como parte da súa tese doutoral, insírese dentro dun proxecto internacional para a mellora dos subtítulos no cinema que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade ao cine para as persoas con discapacidade auditiva ou para a tradución de linguas estranxeiras.
Martes, 13 de xuño do 2017

É un dos resultados dun artigo de Mª Jesús I. Briones e Olaf Schmidt publicado en ‘Global Change Biology’

Algunhas poboacións de miñocas prexudicadas polas prácticas agrícolas intensivas tardarán ata unha década en recuperarse

Revisaron cuantitativamente os resultados de estudos realizados durante 66 anos nos cinco continentes


Image Como “un labor inxente, unha maratón… de longa distancia…”. Así cualifica a catedrática do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo María Jesús Iglesias Briones o traballo que durante máis de 15 anos desenvolveu xunto ao docente e investigador do University College de Dublin Olaf Schmidt e que conclúe, entre outras cuestións, que a agricultura intensiva, sobre todo o arado convencional do solo, ten efectos moi prexudiciais para as miñocas, en especial nas de maior tamaño e nas que viven na superficie, ata o punto de que, incluso cesando estas actividades, as poboacións, nalgúns casos, necesitarán como mínimo unha década para recuperarse. O traballo vén de ser publicado na revista Global Change Biology.
Luns, 12 de xuño do 2017

Por primeira vez a proba, na que participaron máis de 400 corredores, celebrouse en Monteferro

O equipo universitario consegue sete medallas no XVI Trofeo de Orientación Universidade de Vigo

O conxunto de atletismo participou no VI Eurocidade 10, que percorre os lugares máis destacados de Tui e Valença


ImageAs e os integrantes do equipo de Orientación da Universidade amosáronse este luns “tremendamente satisfeitos” polas sete medallas –un ouro, dúas pratas e catro bronces- colleitadas esta fin de semana no XVI Trofeo de Orientación Universidade de Vigo, unha proba que por primeira vez, en colaboración co Concello de Nigrán, se levou a cabo nas privilexiadas paisaxes de Monteferro e na que participaron algo máis de 400 corredores chegados de toda Galicia e tamén do norte de Portugal. “O bo tempo facilitou moito o labor da organización e tamén dos corredores e corredoras, xa que cunha xornada tan favorable é moito máis sinxelo correr polo monte”, explica José Luis Armada, responsable do equipo.
Luns, 12 de xuño do 2017

Bota a andar o Instituto de Bioenxeñaría en Rede para o Envellecemento Saudable, Iberos

Máis de 150 especialistas en bioenxeñaría da Eurorrexión unen esforzos para mellorar a saúde durante o avellentamento

Forman parte do proxecto 13 grupos de investigación de oito institucións, liderados pola Universidade de Vigo


ImageO campus de Vigo acolleu este luns a constitución oficial do Instituto de Bioenxeñaría en Rede para o Envellecemento Saudable (Iberos) coa primeira xuntanza de traballo das e dos representantes de 13 grupos de investigación de oito institucións de Galicia e Portugal que forman parte deste proxecto transnacional e multidisciplinar. Seleccionado dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal 2014-2020 (Poctep), Iberos está liderado pola Universidade de Vigo e conta cun orzamento de preto de 2 millóns de euros ata 2020 para que as 152 investigadoras e investigadores implicados traballen en rede co obxectivo de desenvolver e implementar solucións baseadas na bioenxeñaría para a diagnose e o tratamento de enfermidades asociadas ao envellecemento.
Luns, 12 de xuño do 2017

Coa participación de destacados poñentes, celebrouse no CiQUS

A liberación de fármacos centra a primeira reunión temática da Rede Galega de Nanomedicina


Image A Rede Galega de Nanomedicina celebrou a primeira das reunións temáticas que se van desenvolver ao longo dos anos 2017 e 2018 coa liberación de fármacos como central. Destacados investigadores no campo do drug delivery como Maria José Alonso (CiMUS -USC), José Rodriguez Couceiro (CiQUS-USC), Alejandro Baeza (Universidad Complutense de Madrid), Carmén Álvarez (USC), Giuseppe Battaglia (University College London), Maria de la Fuente Freire (Oncomet-IDIS), así como investigadoras e investigadores pertenecentes os grupos que compoñen a rede, foron os encargados de ofrecer os relatorios que tiveron lugar no CiQUS-Universidade de Santiago.
Luns, 12 de xuño do 2017

O salón de actos da EE de Telecomunicación acolleu a entrega de diplomas a 85 estudantes

Graduados preto dun cento de novos profesionais da enxeñaría de tecnoloxías de telecomunicación

O Pazo de Congresos acolleu o acto de graduación da EU de Estudos Empresariais


Image 85 novas e novos titulados do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación xa están na rúa tras finalizar os seus estudos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, que o pasado venres acolleu o acto de graduación da cuarta promoción da titulación. Apadriñados polo docente e investigador e coordinador do programa de titorización/mentorización MEET-Teleco, Artemio Mojón, as e os novos enxeñeiros recolleron os seus diplomas nun acto no que o director do centro, Íñigo Cuiñas, gabou o esforzo e dedicación de todos eles e animounos a continuar aprendendo e esforzándose para enfrontar o futuro.
Resultados 31 - 36 de 5951

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós