DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Luns, 17 de decembro do 2007

Coa presenza de mebros de FMI e do Banco Central Europeo

A actualidade económica a nivel internacional, a debate en Vigo

Organizado polo grupo RGEA


Image Olivier Jeanne, membro do Fondo Monetario Internacional, e Marcel Fratzscher, pertencente ao Banco Central Europeo, son os dous relatores máis destacados do workshop en Finanza Internacional que se está a desenvolver na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Organizado por Delfim Gomes, membro do RGEA, Grupo de Investigación en Análise Económica, o seminario reúne a expertos de todo o mundo que reflexionan sobre contidos de elevada calidade científica. Así, para completar o cadro de conferencias acoden a este simposio expertos da talla de Rui Pedro Esteves, procedente da Universidade de Oxford; Juan Flores, da Universidade Carlos III; Francisco Vega e Luís Aguiar-Conraria, ambos da Universidade do Baixo Minho.
Luns, 17 de decembro do 2007

A implantación das novas tecnoloxías, o reto da docencia universitaria para o século XXI

O catedrático Manuel Area participou no ciclo sobre innovación educativa


ImageDende o século XVI ata este principio do XXI, mantense un esquema semellante na docencia universitaria, cun mesmo espazo e método didáctico. Esta situación esta a mudar aceleradamente nos últimos anos de cara á incorporación na formación das tecnoloxías de información e comunicación. Para afondar nestes cambios de metodoloxía, Manuel Area, profesor da Universidad de La Laguna ofreceu un relatorio, enmarcado dentro do ciclo de conferencias organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. Para Area, “nesta última década a sociedade está a pasar por unha serie de cambios radicais e os estudantes, que son a nosa materia prima como docentes, tamén están a transformar as súas opcións de ocio, comunicación e cultura”.
Luns, 17 de decembro do 2007

O proxecto de orzamento para o 2008 preséntase este martes no Consello de Goberno

A orde do día inclúe o informe sobre o nomeamento da nova xerenta

O proxecto de orzamento para o 2008 e o informe sobre o nomeamento da nova xerenta son dous dos asuntos destacados da orde do día do Consello de Goberno que se vai celebrar este martes a partir das 10.00 horas na sala de xuntas da Reitoría. Tamén se inclúe o plan de sostibilidade e medio ambiente na UVigo, Plan SuMA, e a aprobación dunha declaración de apoio institucional á candidatura de Vigo para a Universiada 2013.
Sábado, 15 de decembro do 2007

Manuel Catalán, secretario técnico do Comité Polar Español:

“O cambio climático actual diferénciase dos anteriores en que está producido pola actividade humana”

Durante a conferencia “O ano Polar” da Cátedra Álvarez Ossorio


Image O problema do cambio climático e a investigación nas zonas polares, nas que España ten unha presencia razoablemente importante, foron os dous eixos sobre os que versou o relatorio que o almirante Manuel Catalán, secretario técnico do Comité Polar Español e doutor en Ciencias Físicas, pronuncio no auditorio de Caixanova dentro das actividades da Cátedra Álvarez Osorio. Durante a súa exposición, o profesor Catalán afirmou que “no ciclo da vida, no ciclo xeolóxico, e no ciclo industrial é onde estamos a producir o posible cambio climático de orixe antropoxénico”.
Venres, 14 de decembro do 2007

O martes 18 de decembro no Centro Cultural Caixanova

O son das gaitas de Carlos Núñez e Paddy Moloney, protagonizarán o Concerto de Nadal da Universidade

O gaiteiro vigués presentará o seu último traballo "Cinema do Mar"


ImageInternacionalmente recoñecido por crítica e público, o músico vigués Carlos Núñez, será o protagonista, o vindeiro martes, do tradicional Concerto de Nadal da Universidade, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes en colaboración con Caixanova.
O gaiteiro vigués que acostuma acompañarse por algúns dos artistas máis destacados do panorama músical, contará para o concerto do 18 de decembro, coa presenza sobre o escenario, do tamén gaiteiro, Paddy Moloney, compoñente de The Chieftans, grupo co que Núñez mantén unha gran relación desde hai anos que e volve colaborar no último disco do artista vigués, Cinema do Mar. Neste traballo, Núñez céntrase nas bandas sonoras, desde Mar a Dentro a outras nas que ten participado ultimamente como a de Historias de Terramar, una película de animación xaponesa de Gedo Senki.
Venres, 14 de decembro do 2007

Un encontro sobre finanzas trae a Vigo a membros do Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional

O luns 17 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais


ImageQue vai pasar co tipo de cambio euro-dolar, que determina os fluxos internacionais de capitais ou como inflúen estes fluxos no crecemento das nacións son algunhas das cuestións ás que se tentará dar resposta no Workshop on International FInance (Vigo WIFI) que este luns vai reunir na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a un destacado número de expertos en finanzas internacionais.
Resultados 5749 - 5754 de 5951

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós