DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Campus de Vigo
Mércores, 03 de outubro do 2007

A Universidade dá a benvida a 424 estudantes procedentes de case 30 países

A Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu o acto

ImageA Universidade deu este mércores a benvida aos estudantes estranxeiros que este curso van estudar nas súas aulas, en total 424 alumnos procedentes de case 30 países, cifra a que haberá que engadir aqueles estudantes que se incorporen no segundo cuadrimestre. Os estudantes foron recibidos no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e os responsables de diferentes servizos universitarios que se encargaron de presentarlle a oferta formativa e de lecer para este curso
Mércores, 03 de outubro do 2007

Cátedra Fundación Caixa Galicia

Debaten sobre as debilidades e amenazas do sistema educativo


ImageExpertos no ámbito da innovación docente analizan este xoves o futuro do sistema de ensino, avaliando as amenazas e as debilidades e os cambios precisos para mellorar a formación dos alumnos.
Na xornada participarán os catedráticos Mariano Fernández Enguita, da Universidade de Salamanca, e Jurjo Torres, da Universidade da Coruña, xunto ao profesor da Universidade de Castellón Jordi Adell.

Martes, 02 de outubro do 2007

A creación dunha identidade baseada na paisaxe construída

A Casa das Artes acolle unha exposición sobre a arquitectura do campus


Image A Casa das Artes acolle ata o vindeiro 4 de novembro unha exposición sobre a arquitectura do campus de Vigo. Baixo o título "A construción dunha identidade" a mostra recolle maquetas e exposicións que reflicten a evolución da paisaxe construída. Organizado conxuntamente co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a inauguración coincide coa celebración do Día da Arquitectura dedicado este ano á construción sostible.
Luns, 01 de outubro do 2007

Curso en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Presente e futuro dos fondos e plans de pensións

Desenvolverase ao longo de toda a semana

Os recentes cambios na lexislación sobre os fondos e plans de pensións, fan necesaria unha actualización dos coñecementos neste ámbito. Con este obxectivo de renovación, a Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo organiza estes días un seminario que se desenvolve no Centro Social Caixanova.
Luns, 01 de outubro do 2007

Día Mundial da Arquitectura

As construcións do campus convértense nun museo para os vigueses

Os autores dos edificios explican os seus proxectos aos cidadáns


ImageCon motivo do Día Mundial da Arquitectura programáronse visitas guiadas ao campus de Vigo, co propósito que de que os cidadáns se acheguen ao valor arquitectónico das súas infraestruturas. A delegación local do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organizou un percorrido a través da historia da institución que permitiu aos participantes coñecer os proxectos da man dos seus autores. A iniciativa, que pretende acadar unha maior identificación da cidade de Vigo co seu campus universitario, atraeu a estudantes e persoas de todas as idades. Ao tempo que aprenderon sobre arquitectura, os visitantes mergulláronse na actividade docente e investigadora da Universidade
Luns, 01 de outubro do 2007

A preinscripción pode realizarse a través da plataforma Bubela

Último prazo de preinscripción e matrícula para POP,s con prazas vacantes


Image Do 1 ao 4 de outubro permanecerá aberto o derradeiro prazo de preinscripción nun total de once Programas Oficiais de Posgraos nos que quedan prazas vacantes.
Os POP,s nos que aínda é posible realizar a preinscripción e posterior matrícula son os seguintes: Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, Fotónica e Tecnolxías do Láser, Prevención de Riscos Laborais, Xestión e Dirección Laboral, Química Teórica e Modelización Computacional, Ciencia e Tecnoloxía Química, Física Aplicada, Neurociencia, Dirección e Planificación do Turismo e Enxeñaría Matemática.
A oferta de Programas Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo complétase cara ao vindeiro curso cos POP,s en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente e Enerxía e Sustentabilidade, nos que as prazas ofertadas xa están totalmente cubertas.

 

Resultados 6019 - 6024 de 6039

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós