DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Martes, 14 de marzo do 2017

A delegación de alumnado de BBAA promoveu un coloquio coa artista María Xosé Domínguez

Propostas artísticas de cor violeta

Nel presentou a intervención que realizou en Santiago con motivo do Día Internacional da Muller


ImageA escritora e bióloga Marilar Aleixandre, a historiadora Encarna Otero, a galerista Asunta Rodríguez, artistas como Alicia López, ata chegar a un total de 15 mulleres retratadas tras unha máquina de coser antiga e convertidas en fotografías de tamaño real, nunha intervención que combinaba luces e sons e desenvolvida a pasada semana na Praza do Obradoiro. Deste xeito quixo a artista María Xosé Domínguez lembrar ás 126 mulleres falecidas en marzo de 1911 nun incendio da fábrica téxtil de Nova York, a través do proxecto, Sons de cor violeta, que do deu conta nun coloquio promovido pola delegación de alumnado de Belas Artes.
Martes, 14 de marzo do 2017

Os Martes Saudables deste cuadrimestre arrancaron co reto de fomentar a doazón de sangue e órganos

Dez minutos de solidariedade que contribúen á saúde dos demais

Os postos da iniciativa complétanse nesta edición coa presenza dunha unidade móbil de Ados


ImageNa primeira campaña de doazón de sangue nos campus galegos deste curso académico o número de doazóns na Universidade de Vigo ascendeu a 747. Ante esta cifra e a das demais universidades, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (Ados) lanzou recentemente a segunda fase da campaña nos campus facendo unha chamada á participación ante o descenso paulatino de doazóns dos últimos anos. Co obxectivo de contribuír a incrementar estas cifras, os postos informativos dos Martes Saudables arrancaron hoxe no Edificio Xurídico-Empresarial a súa programación deste cuadrimestre dedicando especial atención a este tema.
Martes, 14 de marzo do 2017

Será no I Rastrexo Cidade Universitaria War Edition organizado por alumnado da EE de Telecomunicación

200 persoas recrearán no campus unha ficticia III Guerra Mundial

A actividade terá lugar na madrugada deste sábado 18 de marzo


Image“O exército ruso invade a cidade de Vigo para apoderarse do principal sistema de comunicación entre Europa e América interrompendo así a comunicación interna entre os exércitos aliados”, así é como comeza El Origen, un xogo de rol en vivo ambientado na reconquista dun territorio invadido polo exército ruso. Cinco horas de deporte, aventura e diversión nocturna é o que propoñen os organizadores do Paso de Ecuador de Enxeñaría de Telecomunicación no I Rastrexo Cidade Universitaria War Edition, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de marzo dende as 22.00h ata a madrugada e con punto de saída na praza Miralles.
Martes, 14 de marzo do 2017

Impartirase de 11 a 13 horas os días 16, 23 e 30 na sala de ioga do edificio de Deportes

O Gabinete Psicopedagóxico inicia este xoves un obradoiro sobre mindfulness para alumnado


ImageA falta de atención e concentración interfire na aprendizaxe e tende a asociarse coa tensión. De feito, algúns estudantes pasan máis tempo dicindo que deberían estudar que propiamente estudando. Para tratar de previr este tipo de situacións de axudar ao alumnado a adestrarse mentalmente, o Gabinete Psicopedagóxico pon en marcha un obradoiro de mindfulness no que exercitarán a atención e poderán mellorar a súa aprendizaxe. O taller desenvolverase os xoves 16, 23 e 30 deste mes de marzo de 11 a 13 horas na sala de ioga do edificio de Deportes.
Venres, 10 de marzo do 2017

Arrancou onte xoves en Vigo o HackforGood 2017, que rematará mañá sábado coa entrega de premios

Máis de 80 hackers “bos, audaces e solidarios” na procura de Apps que melloren o mundo

Traballan para crear aplicacións que fagan uso masivo de datos e teñan impacto social


ImageA terceira edición en Vigo do encontro de desenvolvedores e hackers HackforGood reúne estes días máis de 80 estudantes que durante tres xornadas traballarán na creación de Apps que fagan uso masivo de datos e teñan un grande impacto social. A finalidade é responder a retos globais previamente rexistrados dende calquera parte de España presentando aplicacións que axuden a “mellorar o mundo”. A iniciativa, que arrancou onte xoves, está promovida por Telefónica, xunto coa ETSI de Telecomunicación da Politécnica de Madrid, a Fundación HazloPosible e a startup MashmeTV, co apoio da Rede de Cátedras Telefónica, entre elas, a da Universidade de Vigo. Hoxe venres tivo lugar o acto institucional de inauguración no edificio Miralles coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e da directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez.
Venres, 10 de marzo do 2017

A través dunha exposición do alumnado do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

Belas Artes achega ilusións ópticas ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil

A investigadora Alba Blanco é a autora do cartel do evento, que se inaugura na tarde deste venres


ImageTodo é segundo a cor do cristal con que se mire. Esta popular frase serviu como punto de partida para o proxecto co que o alumnado do mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual colabora por cuarto ano co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que na tarde deste venres celebra a súa inauguración. MI Mundos Imaxinados é o título da exposición na que once estudantes propoñen un xogo óptico a través de ilustracións realizadas con dúas tintas para que os nenos e nenas poidan ver nelas “dúas realidades, unha evidente e unha semioculta”, empregando unha “lupa-fitro”, como explica a coordinadora desta iniciativa, Iciar Ezquieta.
Resultados 13 - 18 de 1505

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós