DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Luns, 09 de febreiro do 2009

Baixo a tutela de Angélica Ferro Cid

A mala planificación do tempo é o principal problema dos estudantes que acuden ao Gabinete Psicopedagóxico


Image Na vida dun estudante existen momentos de estrés e inseguridade nos se que precisa de axuda para saír adiante, por este motivo son necesarios servizos como o Gabinete Psicopedagóxico que ofrece orientación académica e persoal a todos aqueles que perderon o camiño. No primeiro caso, Angélica Ferro Cid, responsable do gabinete, orienta aos usuarios na elección de optativas, técnicas de estudo ou sobre como enfrontarse aos exames. No tocante aos problemas que teñen que ver co ámbito persoal, “o máis habitual son problemas de ansiedade ou estrés que adoitan estar relacionados coa faceta estudantil”.
Xoves, 29 de xaneiro do 2009

A Universidade premia aos seus mellores estudantes de novo ingreso

Os mellores expedientes de bacharelato recibiron cadanseu ordenador portátil


ImageInmersos xa no seu primeiro período de exames como universitarios, os estudantes con mellores expedientes de bacharelato do pasado curso recibiron hoxe o recoñecemento da que xa é a súa universidade. Cunha nota media superior ao 8,5, “sodes o orgullo das vosas familias, dos vosos docentes do instituto e agora da Universidade de Vigo”, subliñou a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, María del Carmen Cabeza. Este acto de entrega de agasallos aos 51 galardoados pretende ser un recoñecemento ao seu esforzo durante o bacharelato ao tempo que un impulso para que “sigades nese camiño e, dentro duns anos, sexades os protagonistas no acto de San Tomé de Aquino da entrega dos premios Fin de Carreira ou de Doutoramento”.
Martes, 27 de xaneiro do 2009

No xogo de negocios Beertual Challenge

Catro estudantes do campus de Ourense dirixen unha compañía cervexeira virtual

O primeiro equipo clasificado viaxará a China durante tres semanas


Image Os estudantes ourensáns Pablo Gutierrez, Silvia Costas e Cristina Fernández dirixen unha compañía cervexeira mundial con firmes plans de expansión internacional: Pomelo. Dito así semella unha excelente nova económica en tempo de crise, de non ser porque se trata dunha empresa virtual afincada no ficticio país de Beerland. De todas maneiras estes alumnos considéranse máis ca afortunados, pois forman parte do selecto grupo de estudantes que chegaron ás semifinais do xogo de negocios Beertual Challenge que organiza o Grupo Modelo.
Mércores, 21 de xaneiro do 2009

Nun programa intensivo de clases subvencionado pola Unión Europea

Estudantes de Tradución viaxarán a Bretaña para complementar a súa formación en tradución xurídica

Vigo será a universidade anfitriona do programa no curso 2010/2011


Un grupo de cinco estudantes de quinto de Tradución e Interpretación van participar o vindeiro mes nunha peculiar experiencia: un programa intensivo subvencionado pola Unión Europea que os levará ata Bretaña francesa para, durante quince días ininterrompidos, mergullarse na tradución xurada a nivel europeo.
Visitas a tribunais, asistencia a conferencias e mesas redondas, exposicións e xogos de rol con equipos plurilingües, plurinacionais e pluridisciplinarios... son algunhas das actividades que van levar a cabo na súa estancia en Bretaña,
Venres, 16 de xaneiro do 2009

Convocados por Amnistía Internacional

Os estudantes concéntranse para pedir que Obama peche Guantánamo

Na EUETI con lemas como “bye guantánamo” ou “obama, yes, you can”


ImageEstudantes do campus concentráronse este venres ante a Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial convocados por Amnistía Internacional para pedirlle ao presidente electo Barak Obama que, logo da súa toma de posesión o vindeiro 20 de xaneiro, anuncie a data do peche do centro de detención de Guantánamo e faga realidade o seu compromiso de pór fin ás violacións de Dereitos Humanos que caracterizan as políticas e prácticas antiterroristas de Estados Unidos nos últimos sete anos.
Martes, 13 de xaneiro do 2009

76 estudantes compiten no campus vigués na IV Olimpíada Galega de Bioloxía

Este venres dende ás 11.00 horas na Facultade de Bioloxía


ImageA Facultade de Bioloxía acollerá este venres a IV Olimpíada Galega de Bioloxía organizada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, as tres universidades galegas e a Xunta. “É para a Universidade de Vigo, en especial para a Facultade de Bioloxía, unha honra albergar un certame coma este”, declara o decano, Pedro Pablo Gallego. É o primeiro ano que estas olimpíadas se celebran na cidade olívica, “un evento que supón unha oportunidade importante para darnos a coñecer en todos os recunchos de Galicia, dende Burela ata a fronteira con Portugal”, subliña.
“Este ano o comité organizador seleccionou a 76 estudantes de segundo curso de Bacharelato de toda a comunidade”, sinala Pedro Nozal, delegado da olimpíada en Galicia. Procedentes maiormente de Vigo, Coruña e Santiago, “son todos eles ilustres alumnos, cunha nota media na materia de Bioloxía de 9,3 e un expediente de 8,8”, explica Nozal.
Resultados 1495 - 1500 de 1586

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós